A isto púxenlle así, “Si, home, si”, porque me prestaba poder comentar noticias como esta, a de que o Goberno pensa meter presos a aqueles políticos que incumpran os límites de déficit, que gasten máis do que teñen, vamos. Haberá almas cándidas que ao ler o titular soltaron, cheos de razón: “xa era hora!”. Lamento desilusionalas: nin vai pasar tal cousa, nin os seus ollos verán a ninguén enchironado por ese motivo. O titular ese de “el goberno propondrá cárcel para los cargos públicos…” é un desafogo, o único que terán tanto o ministro que o dixo, Cristóbal Montoro, como o lector que o celebra. E menos mal que non van implantar tal lei, porque sería unha desmesura.
Será por déficit
27 Venres Xan 2012
Posted Si home si
in
pero bueno, non hai preso ningún por tanta desfeita como houbo nos últimos 70 e tantos anos, íbaos haber por gastar de máis… É que a xente que ainda cree no que poñemos nos xornal non está ben!
E que nestas cousas si que coidan moito de precisar que non existe o efecto retroactivo. Noutras háillelo que recordar.