Etiquetas
Non, Teresa Táboas non é trending topic, pero é sorprendente o rebumbio creado pola súa demisión. Ben, tampouco é sorprendente de todo. Éo porque Táboas non deixa de ser unha recén chegada á política -como non deixan de sinalar os seus aínda compañeiros de militancia, que tradicional e interesadamente confunden a ideoloxía cos trienios-. E tampouco -que se saiba- deixa de estar afiliada ao BNG, senón que fixo esa cousa tan rara de demitir sen ter obriga ningunha, quitado a necesidade que algúns teñen de estar máis ou menos de acordo entre o que pensas, o que dis e o que fas. Tamén é sorprendente a repercusión, porque precisamente é o BNG dos poucos sitios onde se dan algúns deses casos de coherencia dimisionaria -Roberto Mera, Quintana-. Mesmo agora, do fracaso colectivo da política e da estratexia que foi Amio, saíron casos pouco frecuentes de coherencia: desde a asunción disciplinada de Paco Jorquera dun cometido que nin quería nin lle acae (ou lle acae peor que outros dos dispoñibles), ata o xesto de Aymerich de rexeitar a chantaxe (ben, deixémolo en difícil alternativa) de escoller entre manterse no posto de voceiro parlamentario, incumprindo en menos de 48 horas un acordo plenario que el non votou, ou renunciar a liderar aos seus, ou ti estate aí e débenos un favor. O terceiro xesto é este de Táboas, que nin siquera optara a nada en Amio.
Pero non é sorprendente porque, como moi ben analizaba, a pesares do corsé do xénero informativo, José Precedo, nesa noticia que recén publicada acadou a de máis vista da edición de Galicia, a ex conselleira de Vivenda foise sen amagos previos e sen criticar, antes ou despois, ao BNG ou á liña política e organizativa que ratificou a militancia. É dicir, non é unha decisión endóxena, que soamente lle interesa ao Planeta Bloque (militantes, simpatizantes, ex militantes e a algúns dos votantes) e aos que nos ocupamos destas cousas políticas cando non hai outras máis interesantes (e nin siquera a todos, tendo en conta o que escribiron e radiaron algúns), senón esóxena. Cara fóra, como demostra que, contra o que é habitual nos dimisionarios, despediuse, pero non da política, nin con ese argumento de deixar a primeira liña. Por iso a primeira reacción, simultánea á dos que se alegraban de vela fóra do cargo e tanto lles ten que si da organización, foi a de darlle acubillo. Tanto nesa illa que profetiza Jaureguizar que sairá destes movementos magmáticos no nacionalismo, como en territorios que xa veñen nos mapas como o PSdeG. Ou sexa que non sei se hai partido, como di Jaure, pero polo que se ve si que hai ganas de xogar.
Non sei se o dos trienios vai con segundas, pero estou seguro que na política (na política “que se fai”) ten máis peso do que algúns (aínda ten que haber) pensa.
Todo o que escribo vai con segundas, a dúbida ofende. O que non sei é que crítica é esa do “recén chegado”, como se un militante fose un accionista, e non se supuxera que o obxectivo de calquera partido é precisamente achegar canta máis xente mellor á organización e ás súas posturas.
Teño que recoñocer que non teño querencia por esa “cousa rara” que para min é o bng, e menos ainda por ningún de eses grupiños nos que se subdivide ate o infinito.
Pero desta a sua última asamblea que según todos eles era fundamental para sua organización, chamanme a atención duas cousas:
Din eles que son 9000. Din eles que foron o primeiro día 2200 e o segundo uns 4500. Polo tanto a mitade duns jichiños e jichiñas que se afilian e pagan unhas cuotas, nin tan siqueira se molestan en asistir. E o mais gracioso e que todos eses grupellos falan dan gran participación!
E segundo e non menos importante para ver o compriso que teñen entre si estes paisanos: alguns asistentes din que se non gañan eles, pois vanse, asi, con un par. Iso si que é ser democrata!
E todos os veciños nosos que din defender a nación, son os do bng os únicos e poucos representantes elexidos democraticamente nas diferentes e abundantes eleccions!
Mamasiña….
Ese aspecto, o de que participara como moito o 50% dos militantes (é dicir, menos porcentaxe que en calquera convocatoria electoral) non é moi sinalado, e é bastante revelador de varias cousas. A primeira que iso da asemblea presencial está moi ben para os fotógrafos e para ir saudar aos amigos, pero é desaproveitar as vantaxes destes tempos. En canto ao de recriminar a quen se vai, vexo demasiada influencia cristiana ou leninista. Vexo perfectamente lòxico que se a túa organización vai por un camiño distinto ao que queres, para que quedas: Para amolar?, para boicotear desde dentro? para ganar o ceo dos patriotas?
En canto a influencia cristina, si. Sou pecador. Estiven dende o 6 ate os 16 nun colexio de curas, ainda que dende os 15 son ateo, pero ateo católico, como non podería ser de outro xeito.
Lein e leo os clasicos marxistas e incluso leninistas pero prefiro os anarquistas, tanto uns coma os outros non me convencen pero chistanme mais os últimos, ¿sera porque Ricardo Mella foi veciño dos meus bisavos paternos?.
Non foi a miña intención recriminar os paisanos nosos por irse dese tenderete e montar outro. Andamos faltos de partidos, xa se sabe.
Per paréceme de dogmáticos como mínimo o plantexamento que fixeron de que se gaño eu, quédome, mando sobre vos e o chiringuito é o mellor do mundo mundial, pero se perdo, sodes uns manexados e acólitos deses comunistas comandados polo de Ferrol e polo tanto, marcho.
Ate onde sei nas organización humanas cando un non comparte ou cambia de parecer, pois vaise. É moi sinxelo. Pero se quere amolar, boicotear pois quédase a ver se gaña e controla o aparato que da impresión que é do que se trataba. O cal tampouco paréceme mal, canda un fai o que lle peta e os seus motivos teran.
Pero que vou saber eu, que non son nin catedrático, ni tan si quera licenciadiño.
Home, Alvarez, a cousa no vai de marcharen por seren minoría: ían marchar igual, e os primeiros sorprendidos do resultado case fifty fifty foron os agora escindidos. Vaia, penso eu.
Agora só falta que o gurú (que me consta que está ao tanto, pero ao tanto tanto) nos informe dunha puñetera vez da corrente esa de mar de fondo que anda por aí en plan EA. A ver se dista chegou por fin a alba de gloria ou estamos diante da (dunha máis) ghran caghada. Máis que nada porque me queda pouca corda e gostaría cascar informado.
Eu, sen quitarlle a razón a eSedidió, e mesmo dándolla, penso que tampouco tiñan moitas ganas de marchar, e por iso se presentaron, pero ao final repararon en que despois de tanto amago, xa non había outra, e o que dá primeiro dá dúas veces. En canto ao outro, eu cada dia teño menos estima pola capacidade das elites deste pais, se lles digo a verdade, pero en todo caso, malo será.
Antes que nada,Esedidió, agradecido de volvelo a leer. Pero teño que discordar con vostede.¿Para que ian presentarse a gañar unhas eleccions e logo se as gañasen e mandasen, ian marchar. Non ten lóxica, meu. Dirian que por fin o chiringuinto se abria a sociedade, que viña o alba de gloria, etc. Pois claro, mandaban eles e os coroneis a rañala. Para min, tanto uns coma os outros, é o que pretenden, gobernar na miseria interna do grupello ese ou do que monten. E a nación a cobrar o subsidio do paro ou da nómina de calqueira tipo de organismo oficial, que é o que vai quedando.
E como sempre teño que darlle a razón o guru, a sua pouca estima nas élites galegas. Pero con unha excepción. Para min sálvanse os dirixentes ourensanos do PP, eses si que saben e o teñen claro, e danlle os seus o que queren. Sen tonterias nen medias tintas. Coma ten que ser. E como decía a copliña que tocaba co trombon o patrón que agora deixoulle a herdade o fillo, coma bon galego que é, “Se non eres do pepe, jodete, jodete”.
O certo é que o BNG ía baixando en votos e ,penso,en influencia social,en capacidade de crear ideas e difundilas na sociedade galega.
Espero que o conto mellore agora,cos irmandiños.