Etiquetas
O meu post número 900!
Unha pobre homenaxe a un dos meus relatos favoritos, coa aínda ben máis pobre historia do Valedor, que, como me contou un coñecido seu, experimentou realmente unha auténtica paixón polo presidente da Xunta. (Aproveito para pedirlles que reflexionen sobre o seu Gollum político favorito)
A min todo isto, ou todo en xeral, lémbrame o que a minha tia Concha ten escoitado na misa:
“Se tiveras en conta os nosos pecados, Senhor, quen poderá resistir?”
E tamén o que un companheiro de trabalho, próximo ao estremo menos zurdo da Partida Impopular, e que leva meses de baixa médica (desas que hai que os Governos tenhen que controlar, ademáis dos oncólogos) preguntou esta manhá: “Terei que fazerme rojo aos meus anos?”
Saúde e curas.
Grandísimo artigo, Pereiro. Hai anos dabas máis voltas, non eras tan directo. Nos últimos anos escrebes artigos de moita calidade. Moi claros e ao mesmo tempo amosando o fondo das cousas. Neste artigo, efectivamente, a fascinación do poder fai que persoas metidas nelo, cometan auténticas barbaridades.
Moitas grazas. Debe ser que agora teño menos paciencia. E a min que me gustan máis os artigos de antes…
X. M. Pereiro Enviado desde o meu iPhone
Antes que nada ¿porque será que 0 99,99 % dos que azuzan os recortes os mais débiles son altos funcionarios do Estado ou viven indirectamente de el? ¿Teran medo como o sr. xuiz do que fala que lle deixen sen o botin de guerra que se levan cada mes?
E como este señor tivo o valor, porque é un home moi pero que moi valente, de falar das prestacións sobre a dependencia, pois axudareille a sua tranquilidade informandolle do que conozco ben.
Un dos meus irmas é minusválido tanto físico como psiquico e ten a “sorte” de estar internado nun centro porque é un dependente severo,e xa lle aplican dende que entrou o noso benquerido Presidente, a famosa austeridade: Rematouse o dispendio de levalos a piscina municipal para que fagan algo de exercicio, por certo, ordenada polo médico. Asi mesmo acabaronse as salidas a campeonatos de natación, por certo e non é por nada, o meu irman ten un palmares de medallas de ouro que a min non collen no peito.
E alégrese d.Benigno López González, porque cando o meu irman de 46 anos os domingos mancha o seu pañal cando ven a nosa casa, pois os seguintes pañales xa non van a conta do herario público, temos que pagalos nos porque a Xunta da que vostede recibe semellante dispendio non ten cartos para darnos as familias os repostos necesarios.
E asi con estes aforros e moitos outros, vostede podra seguir dispoñendo do coche oficial e do chofer para ir o Corte Ingles a fundir os cartos que, cousas da vida, salen dos impostos que alguns pagamos.
Polo tanto siga vostede tan tranquilamente que mentras os meus veciños sigan votando masivamente o que os portugueses chaman o Bloco Central, neste caso, Español, pois ten garantidas a regalías das que disfruta hoxe e mañan.
Dios guarde a Vuestra Excelencia.
Home, por que vai ser. Porque non saben de que vai o conto. De todas formas, hoxe algo lle deberon dicir a Benignus. Para poñerse de acordo agora vai mandar chover na Habana…