• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Monthly Archives: Agosto 2012

Ecce Homo Eólico

29 Mércores Ago 2012

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Alberto Núñez Feijoo, BNG, Borja, campaña electoral, Cecilia, Concurso eólico, corrupción política, Ecce Homo, medios de comunicación, PP, PSdeG- PSOE, sensacionalismo

Éche unha risa o da señora esa que “rehabilitou” a pintura dun Ecce Homo no pobo aragonés de Borja e fixo un esborrancho que agora todo o mundo parodia en internet, meténdolle a cara de Rajoy, de Paquirrín,… Todo canto periodista/entertainer hai peregrina alí, buscando entrevistar á “artista” de 80 anos, mentres o concello mostra a súa indignación institucional, ata o punto de rexeitar as ofertas que lle choven de restauradores de amañar o Cristo (nunca mellor dito) gratis, e moi dignos din que llo van encargar aos que lle fan eses traballos de sempre, aínda que cobren. Gran error. Deberían deixalo como está, que é como ten mérito.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Abandonados nas gasolineiras

24 Venres Ago 2012

Posted by sihomesi in El País

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Ana Botella, autonomías, centralismo, crisis, descentralización, FInancial Times, recentralización

Non me dei moita conta de que a falta de condicionais na frase final (tipo “a quien habría que dejar entonces en la gasolinera es al padre”) quedou nunha especie de chamada freudiana á independencia 🙂

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Rafa & Assange e a desproporción

24 Venres Ago 2012

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Ecuador, Julian Assange, liberdade de expresión, liberdade de prensa, Periodismo, Rafa Estévez, Suecia

Non, non son os dous socios dunha consultora de marketing en redes sociais, senón Rafa Estévez, fotógrafo do Diario de Pontevedra e Julian Assange, fundador de Wikileaks. Na miña opinión, que non teñen por que compartir, nin seguir lendo, pero se o fan vóullela dar, son dúas vítimas de accións desproporcionadas por parte de quen precisamente nos ten que defender. Rafa, detido con máis contundencia que nas películas de crimes, acusado de agredir a un policía na recepción aos olímpicos galegos en Peinador, e Assange, refuxiado na embaixada de Ecuador en Londres para non ter que declarar ante a policía sueca por unhas acusacións de violación. Nos dous casos, non sei se son inocentes ou culpables, pero teño claro que son vítimas dun abuso de poder. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Un galego, dous votos

24 Venres Ago 2012

Posted by sihomesi in El País

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Anova, Beiras, Bloque, BNG, Compromiso por Galicia, CxG, dereita, eleccións, esquerda, EU-IU, FPG, nacionalismo, Parlamento de Galicia, PP, PSdeG- PSOE

Para compensar a xibarización do Parlamento que pretende o PP e dada a biodiversidade da esquerda en Galicia, os galegos deberían ter 2 votos (e non poder darllos á mesma formación, claro).

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Os carritos de Mercadona

24 Venres Ago 2012

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

crisis, economía, Mercadona, pobreza, Sánchez Gordillo, solidariedade

Teño que recoñecer que non me cae ben de todo o señor Sánchez Gordillo. Nas súas aparicións ten sempre un aire dramático e transcendental, síntoma de que se toma moi en serio a si mesmo.

Pero como me caia ou me deixe de caer a min o alcalde de Marinaleda non vén a conto. (Aos seus veciños cáelles excelentemente, porque tres de cada catro vótano). E moito peor me caen os que nos toman a todos por parvos, e nos queren facer crer que hai un conflito institucional ou os mercados se sobresaltan porque un líder sindical/alcalde/deputado autonómico encabece unha performance reivindicativa levando sen pagar uns carritos de comida dun Mercadona.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Xogos Olímpicos Madrid 2012

10 Venres Ago 2012

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 9 Comentarios

Etiquetas

JJOO, Xogos Olímpicos. Madrid 2012

Permítanme facer un exercicio diso que lle chaman ucronía, que é imaxinar como sería se algo que pasou non pasara. Neste caso, se en xullo de 2005 en Singapur, a mona de Alberto de Mónaco non fixese aquela pregunta fóra de lugar sobre a seguridade antiterrorista en España, e os membros do Comité Olímpico Internacional non escolleran Londres como sede dos Xogos Olímpicos de 2012. Que elixiran Madrid. Que tería pasado? Por suposto, que en todos estes anos, a capital estaría invivible, chea de obras, na que sería máis rápido ir da saída cara Valencia ata a saída cara Estremadura indo a dar a volta por Sevilla que tentando atravesar a cidade. Que tampouco se podería vivir fóra de Madrid, porque os medios de comunicación non falarían doutra cousa. Que todo custaría tres o catro veces o presupostado, e que habería polémica sobre onde foron parar eses cartos, dos que nunca máis se soubo. Pero para concretar, ímonos centrar en como sería o espectáculo de apertura de Madrid 2012.

 

 

 

 

[imaxe de Peón de brega]

 

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Alberto D´Hondt Feijóo

04 Sábado Ago 2012

Posted by sihomesi in El País

≈ 1 comentario

Etiquetas

Alberto Núñez Feijoo, Galicia, Parlamento de Galicia, política

A proposta da reducción cada día vai dexenerando máis, practicamente na liña que apunto ao final da columna. A estas alturas, reducir deputados e tamén salarios.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • Momento de reflexión precocido https://t.co/Lc6LYYwIV5 10 hours ago
  • Esta tarde temos cita en #Guitiriz. Mágoa que coincida coa homenaxe merecida a Pedro Sosa. Unha aperta aos seus col… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • RT @StrangeLetrado: Vamos a ver si contando la historia como un cuento para tontos, no damos cuenta de lo que pasó con lo del Arandina. At… 1 day ago
  • RT @ChalecosAmarill: 📽🆘️IMPERDIBLE || #EEUU ✔Los compañer@s @codepink ¡LO VOLVIERON HACER! dejaron al fascista de Camacho al descubierto… 1 day ago
  • RT @RevistaLuzes: Ao final da cea mesmo hai brindes e tempo para sucedidos do @Rivasbarrs https://t.co/F29We5qcFE 1 day ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: