Etiquetas
Permítanme facer un exercicio diso que lle chaman ucronía, que é imaxinar como sería se algo que pasou non pasara. Neste caso, se en xullo de 2005 en Singapur, a mona de Alberto de Mónaco non fixese aquela pregunta fóra de lugar sobre a seguridade antiterrorista en España, e os membros do Comité Olímpico Internacional non escolleran Londres como sede dos Xogos Olímpicos de 2012. Que elixiran Madrid. Que tería pasado? Por suposto, que en todos estes anos, a capital estaría invivible, chea de obras, na que sería máis rápido ir da saída cara Valencia ata a saída cara Estremadura indo a dar a volta por Sevilla que tentando atravesar a cidade. Que tampouco se podería vivir fóra de Madrid, porque os medios de comunicación non falarían doutra cousa. Que todo custaría tres o catro veces o presupostado, e que habería polémica sobre onde foron parar eses cartos, dos que nunca máis se soubo. Pero para concretar, ímonos centrar en como sería o espectáculo de apertura de Madrid 2012.
[imaxe de Peón de brega]
Vaia compromiso, o espectáculo de apertura. O primeiro, o histórico. Algo tipo danza mixta de celtas e iberos non vén moito a conto. Tampouco imaxino unha recreación plástica da fundación da cidade polos musulmáns e da súa pertenza a Al-Andalus. Pouco axeitado para a nosa época. Menos o mito fundacional de San Isidro, o santo que durmía mentres os santos lle araban a terra -ou máis exactamente, lle guiaban os bois que lle araban a terra- parece moi oportuno para que medre a confianza dos alemáns e os mercados na nosa produtividade. Habería que empezar pola época da capital imperial, Felipe II os tipos vestidos de negro. E pouco máis. Ouro que chegaba á corte descargado dos barcos que viñan de América e noticia de soldados que ían e viñan, de xente que viña e que marchaba, e así tres ou catro séculos sen que pasara nada, ata que se foi moita xente e deixou de vir ouro. Logo, uns reis que fan monumentos, e un motín contra un ministro que pretende que os madrileños deixen de ir ocultos tras das capas. Moi plástico –o arrebolar das capas e o brillo das navallas- pero tampouco moi recomendable politicamente. Exactamente o mesmo que o episodio madrileño por excelencia, o 2 de maio, o levantamento contra o exército francés. Plástico é moi plástico, como o motín de Esquilache anterior, pero non deixa de ser unha revolta contra tropas que estaban aí legalmente…
En fin. Non digo que non haxa historia, pero o que é acontecementos, non vexo moitos que celebrar, porque a fuxida de Alfonso XIII non parece tampouco moi acorde aos gusto dos actuais gobernantes, da resistencia na Guerra Civil xa nin falamos…, Bueno, queda a movida dos 80. Como total nos Xogos Olímpicos Madrid 2012 tampouco ía haber moito presuposto, podían falar con Reixa, e que ampliara o espectáculo Galicia caníbal, meterlle máis vatios de luz e son e algo de cohetería, e lle chamara Madrid troglodita ou Hace un sol de caramba. E amañado.
(La Opinión de A Coruña, 4 de agosto de 2012)
Rosa Parks e Gordillo…¿o plan Bolonia ten efectos retroactivos?
Un amigo meu pensa que tódolos autores destas tontunas son seudónimos de Manuel Jabois, non semella fácil manter o nivel a diario. Everything fits:
@sihomesi “Eres la hostia, man”
Retwiteado por sihomesi
Gustoume a sua deconstruccion dos mitos fundacionais do nacionalismo hispano. O peor e que,sen cartos para escolas,seguimos de candidatos para os Xogos….
Como saia a candidatura de Madrid 2020 podémonos rir (por non chorar). O do 2 de maio pero ao revés.
Non pillo o do plan Bolonia. E o de Jabois non sei como tomalo…
Eu tampouco o pillo.
A verdade é que os teus artigos me encantan, aínda que ás veces non sei se rirme con eles ou botarme a chorar (xeralmente unha mistura das dúas). Iso si, os comentarios que recibes deixanme patidifusa con certa frecuencia (?!)
Celebro que che gusten. Eu cando os escribo teño a mesma sensación. Procuro botarlle humor para non poñerme de mala hostia
Xosé Manuel Pereiro +34 672 241 207 @sihomesi http://www.sihomesi.com
En 15/08/2012 10:38,
Ten efectos retroactivos, créame. Agora, si me permite, e xa que di moi acertadamente que as tropas francesas estaban legalmente en España, ¿non era tamén “legal” que chimparan a Rosa Parks do asento do autobús?
E chimpárona. Foi a prisión por elo. As cousas hai que facelas afrontando as consecuencias legais, inxustas ou non, que teñan.
Xosé Manuel Pereiro +34 672 241 207 @sihomesi http://www.sihomesi.com
En 15/08/2012 17:42,
É mellor non pararse a pensar nalgunhas ucronías…
Eu as noticias da tele xa fai tempo que non as vexo… Desde hai catro ou cinco anos estamos a falar do mesmo tema (a crise), ademáis das habituais catástrofes (guerras, centrales nucleares, Feijoo2009 hacia la victoria…).
Poderán tomalo de coña pero eu cada vez vexo como máis seria esa idea, disque pelengrina, de que estamos sendo gobernados polos Reptilianos…