Etiquetas
Anova, BNG, CxG, Eleccións galegas 2012, EU, Feijoo 2012, PP, PSdeG- PSOE
Oxalá me equivoque, pero todo parece apuntar que será unha campaña de grandes -e un tanto baleiras- proclamas ideolóxicas, ou máis ben de ideoloxemas, antes que propostas.
Dame a min que o único que ten claro desta vez a resposta a sua pregunta é o das barbas brancas e chapeau “guai”. Quere pasarlle polos fouciños o do Ferrol a sua acta de deputado, o cal, pareceme que forma parte da coherencia interna de todos estes grupellos-sectas-tinglados que é o autochamado nacionalismo galego dende décadas atras.
O bo de todos estes sectarios é que, polos menos a min, non deixan de sorprenderme e sobre todo, facerme rir, o cal é de agradecer.
A señora Taboas e os seus acompañantes, a probiña, erguese esta mañan coa sorpresa que o señor Cayo Lara non a quere na sua coalición. Pobriña, miña raiña!.
Vistas asi as cousas, ¡que favor lle fixo o Comite Central do PCE a familia do difuntiño Cuiña, impedindo que o seu fillo fora diputado de Izquierda Unida! Mamasiña ate onde iamos chegar!.
En canto a secta ortodoxa, queren darlle a acta de Pontevedra o alma de dios éste da Coruña. ¿Será que dan por perdido o profundo sur onde vivo e dan por feito que o Sr. Abalo arrasará cos catro de Cangas?
Co que ainda falta ate que arrasen o pp e o psoe, meu Guru, teño risas para un tempo, Quediolopague.
Si, toda esta retórica anticapitalista vén sendo que se xuntan a fame dun de ter un púlpito para dar discursos e pasarlle un acta polos fuciños ao de Ferrol e as ganas de comer doutros de asegurar poñer un pe dunha vez, que non o dan posto nin co PSOE baixo mínimos. Os demais, en xeral, para que non gane o rival, o que non quere dicir que todos sexan iguais e tanto teña que ganen uns como os outros, non queira deus que se me interprete como un nihilista barato deses que non fan o que teñen que facer e que despois andan queixándose nas redes sociais e asinando en Actuable.
En cando ao de Cuiña, a cada un hai que xulgalo polo que é, non por onde ven. Nicolás Sartorius era conde de Sartorius, descendente -prenso- dun daqueles Cen Mil Fillos de San Luis que veu de Francia a implantar a monarquía absoluta. Anguita tivo orixes falanxistas, e Pedro Luaces, da familia Rosón, foi filonazi antes de ser secretario xeral da UPG (ben é certo que acabou, como pte. da sección sindical de UGT na Deputación de Lugo, como mao dereita de Cacharro na institución…). O que herda do pai é a ambición política, desde logo.
Aclarar so que tanto o de Brion, como o de Ferrol, como a Mexicana e o de Lalin, os teño, non direi en grande, pero si que que lles teño o seu aquel, pero nas suas actuacions publicas lembranme os nihilistas do Gran Labowski, que quer que lle diga.
En canto o dos fillos e a procedencia de cada un, un abo meu foi picapedreiro na mina da parroquia e o outro foi reloxeiro, de ningun puden disfrutar por desgracia, pero os dous teñolles a mesma Lei. Xo que non me negará que é unha paradoxa o que lle está a aconter, meu coitadiño, salir do PP e cando se decide a militar, rematar nesa cousa rara, que con todos os meus respetos estan a argallar. Cousiña por certo que si desta ou doutra, se seguen sin ser unha franquicia e consiguen ser maioritarios na miña cidade, votarei.
Saude.
Home, votar aos que son maioritarios non ten mérito ningún!
X. M. Pereiro Enviado desde o meu iPhone
Pode que a palabriña de ideolexema non ande moi descamiñada…autonomia e idioma… a política en Galicia nunca estivo desvencellada do “golpe de sorte” no bombo…e se non que pregunten por aí cantos galegos (atónomos, independentes, bilingües…) se apuntarían a un GaliVegas (quinielas e minas de ouro dan xa pouco de si), por exemplo…
O renacer de Beiras pode ser interesante. A retorica anticapitalista digo eu que eche obrigada con todo o que chove. Mesmo Sarkozy,que non ia de ideologo fino,roncheaba,nos ultimos tempos, cos desaxustes do capitalismo,dos mercados e da globalizacion.Coido tamén que, xustamente,o profesor Beiras,ganou certo prestixio hai xa moitos anos cun librino que falaba desas cousas.
Si, as retóricas son interesantes. O que eu cuestionaba precisamente era o que se cuestionou precisamente don Vladimiro case vai para un século Que facer? (a maiores de falar)
Xosé Manuel Pereiro +34 672 241 207 @sihomesi http://www.sihomesi.com
En 10/09/2012 16:12,
paréceme que don vladimiro non desdeñaría a importancia do ‘falar’ precisamente como forma de actuar ou ‘facer’. feitos concretos? que tal deixar caer os bancos arruinados?
Xusto,xusto. O problema é que hai xente à que lle gustaria que Beiras,no canto de escribir libros,sacara fotocopias às obras,(un pouco pasadas para o meu gusto),de Vladimiro e dera os vivas de rigor ao Comité Central.
En canto aos pulpitos para falar,iso é cousa de todolos politicos,pero eu prefiro aos politicos que ,dende o seu pulpito son quen de falar a todo un pais e non aos membros do Comité Central.
Xa sei que non ten ningun mérito votar o maioritario galego sen papa español por tras, claro está, o que me costa cada vez mais é votar a calquera destes descebrados autoproclamados nacionalistas galegos.
Seran nacionalistas pero a nación importalles ben pouco, o meu modesto entender, o eu,eu,eu, si que lles preocupa e ocupa.
Polo tanto aplico o que me ensinaron os meus veciños que sonche xente traballadora e de ben, e por certo votan aplastantemente e continuadamente polo pp ou o psoe, e os votan fagan o que fagan e sexan quen sexan os nonicreques de turno.
Pecho os ollos, tapo o naris e o que decidan as maiorias minoritarias que cos dirixentes, mais ben, caudilliños realmente existentes, os que temos o convencimento de que somos unha nación seguiremos sendo canda vez mais minoritarios, e a nación menguando a pasos axigantados.
Saude.