Etiquetas
Anova, BNG, Compromiso por Galicia, Eleccións galegas 2012, Feijoo, PP, PSdeG- PSOE
Con todos os respectos aos amigos que van nelas, confirmando a tendencia destes últimos anos estas deben ser as listas máis ruinciñas que recordo. Non sei se é que a xente xa non se apunta ou que.
Como xa imaxinaba, o argumento máis impactante do artigo era o de John Lambie, un adestrador moi peculiar. Tanto que a Liga escocesa perdeu bastante desde que se retirou en 2005. Non é raro que a prensa o botara de menos, facendo como facía declaracións como que no “a miña muller non vai ter sexo conmigo ata que gañemos un partido”. No equipo no que se retirou, o centenario Partick Thistle, xogaba precisamente Colin McGlashan, o dianteiro noqueado ao que Lambie pretendía facer crer que era Pelé. A maiores deses métodos psicolóxicos preValdano, Lambie foi posiblemente o adestrador peor falado do mundo. Unha vez, falando dun árbitro, recoñeceu ter xurado ou perxurado del 56 veces. Tamén tiña o que parecía ser o récord da BBC en “bips” que tiveron que poñerlle ás súas declaracións nun documental: 168.
Desconhezo se David Vidal, o adestrador de Portosín (por se houvera mais analfabetos ca min por aqui), foi alguma vez candidato mas penso que os partidos políticos deverian ter en conta o seu critério selectivo. Seica cando treinava ao Logroñés, desbotou o lanzador dun saque de banda, berrándolhe a outro dos seus pupilos: “Fulano!” -non lembro o nome do apelado-. “Que non saque ese tarugo!”
Sen ánimo de fazerlhes incompeténcia desleal aos comités de estratéxia eleitoral, ignoro se slogans da caste de “corrupto coma ti”, “polo roubo” (ou furto ou saqueo ou arqueo, de andarmos con sutilezas xurídicas) ou “Tocomocho é moito”, resultarian tan eficaces como os orixinais e xa históricos na sempre curta vida da democrácia galego-espanhola. Porén, parece demostrado que bois e vacas no eleitomilho mudariamos en pouca medida o noso comportamento cívico-scópico.
É provável que todo comece a mudar cando as caixas dos bancos e das autopistas estexan fisicamente a livre disposición do público e as decisións dos Mercados e maila orde das ringleiras dos supermercados sexan submetidas à negociación pacífica entre as partes dispensantes.