Etiquetas
AGE, Anova, Beiras, BNG, Compromiso por Galicia, Eleccións galegas 2012, PP, PSdeG- PSOE
- “Vou dar un prognóstico: pode pasar calquera cousa” (Roy Atkinson, adestrador de fútbol).
- Esta vai ser a primeira vez na que se dá construído unha alternativa (nunca mellor dito) política neses quince días de ruído inútil que vén sendo unha campaña electoral, como vai ser no caso de AGE.
- O BNG terá que reflexionar por que, cun discurso similar ao seu, unha nova forza política compite con tanto éxito nos seus caladoiros.
- Tamén a EU non lle viría mal pensar as razóns de por que ata agora non se comeran unha rosca e agora fano cun discurso máis radical.
- E xa metidos en fariña de cavilar, en Compromiso conviría que analizaran os motivos polos que, sendo a proposta menos redundante, a que en teoría vén a encher un espazo político que non está cuberto, foi a que menos logrou comunicar o seu proxecto á cidadanía (a maiores da obvia de ter ou poñer moitos menos medios).
- “Os franceses fan folga os luns porque sube o pan; os martes maniféstanse porque ganan pouco; os mércores protestan pola falta de liberdades… E o domingo votan á dereita”. François Mitterrand
Permitame engardir as felicitacións os gañadores por goleada unha vez mais, e dame que por moitos anos, os votantes do PP, eses veciños nosos que, co que está caendo enriba de todos, tamen deles, non so non dubidan, se non que o teñen moi claro, o PP na nosa terra é o gran partido do pobo galego. O meu pesar, si, pero tan certo como as illas Cies que agora vexo.
E os demócratas coma eu, que creemos de verdade no respeto as decisións do pobo tomadas en eleccións libres, a mais neste caso doulle a razón a maioria aplastante que confía nese partido, porque ¿quen estan enfrente?¿acaso alguen que non sexa un militante de toda esa panda de sectarios e prepotentes cree de verdade que ofreceríannos un goberno mellor?. Por que se algo teñen en comun eses tres partidos é o seu antagonismo radical, e a maiores, os tres estan integrados por xente que entre eles, e sendo benignos, como moito aturanse.
Pero, buscandolle algo positivo o asunto, veñen tempos de moitas risas vendo como seu aturamento transformase no cainismo de sempre, e desgraciadamente, non é un pronóstico, é o habitual.
Saude.
Home, iso de maioría aplastante, non se sexa Cospedal, falando da inmensa maioría. O PP tivo 2 puntos menos de votos que en 2009, e cento e pico mil votos menos. Subiu máis ben por incompetencia do contrario, como ben di vd ao final. E si, están as cousas como para facerse trapense, porque todo vai ser tremendo predicar e nada de dar trigo, me temo.
Ademais da consabida división da esquerda, quizais outra das razóns dos resultados electorais estea na falta de liderado. Gústenos ou non, a xente prefire ter líderes que os conduzan: Fraga, Beiras, Feijóo…Evidentemente son moi distintos, pero son líderes. Jorquera e Pachi non transmiten esa imaxe de xenerais.
Teño a impresión de que boa parte dos votantes non pensan en clave de partidos ou organizacións senón en slogans e imaxes, como na publicidade comercial.
Por desgraza non teño o peiteado da Cospedal, pero tendo en conta que uns querían paralos, os outros facerlles frente, e os de mais ala, que decidíramos pois non sei eu. Ten moita razón cos datos pero que quer lle diga, a sensación que eu teño e imaxino que mais de un, é como a do pe do benquerido Xaquin Marin.
Por certo, esqueceuseme de felicitar sinceiramente a Beiras e o Sr. Cayo Lara e Izquierda Unida, o primeiro demostroulle o de Ferrol e a sua tropa quen é o que mais manda e o segundo por ter gracias o vello uns resultados que nin nos seus mais delirantes soños.
Non me molestan os líderes. Penso que son necesarios, sobre todo en sociedades parademocráticas como a nosa. O que me preocupa é ese “que os conduzan”, e sobre todo, que os liderados non teñan nada detrás. Fraga si tiña detrás unha concepción dunha sociedade, dun país, e unha intelligentsia. Feijoo carece de todo iso, o PSOE renunciou a iso e o BNG mantén unha concepción caduca e purgou a intelligentsia. AGE corre o risco de confiar todo ao liderado. O seu programa electoral era máis pobre que o de UPyD (vid etxeoquehai), cousa que non se lle pode reprochar a Anova (ainda que algo de know how do BNG poderían achegar), pero é imperdoable en IU, e así se explica que estivera como estivo todo este tempo.
De feito o de “Agora comeza a derrota do PP” recórdame o de “Imos queimar a Fraga en seis meses”. Aínda que agora fose afortunadamente certo, non estaría mal ter un alternativa prevista.
Equeceu vostede a referencia aos espartanos e ás Termópilas. Ah, por certo: maese Beiras estase aggiornando en plan politicamente correcto, a pesares de todo. A referencia termopolitana foi aos espartanos…. e ás espartanas. Debe ser o tuíster, que fai un dano que pa que.
As espartanas moito me temo que daquela quedaban na casa criando espartaniños ou espartanciños para a patria, pero en fin.
Xosé Manuel Pereiro +34 672 241 207 @sihomesi http://www.sihomesi.com
En 22/10/2012 20:08,
vouche coller a cita esa de Mitterrand, http://untalmarra.wordpress.com/2012/10/21/fotos_592-eleccios/
Sen problema. Non é miña, é de Miterrand.
X. M. Pereiro Enviado desde o meu iPhone
É que non teño o email de Monsieur.
Pingback: fotos_593 reciclaxe papel e cartón « un tal marra
Sinto a tardananza pero máis se perdeu na Cuba de antes ( na de agora tamén, pero mellor non decilo xa que logo me pedirán a cabeza por miameiro!)… só quería decir algho:
Do Mitterrand que despreciaba ao pobo e así lle foi… dos nacionalistas que confunden españoleiro con populacheiro con tintes de indixestión leninista (by anpg)… e dos ” de esquerdas de toute la vie” que esquecen de cotío que en todas partes se cocen fabas, pero aquí se cocen en galego…en fin, caralladas!
E a toro pasao, o do piano ten moito de fraga encantada…