Etiquetas

, , , , , , ,

Un diálogo ben interesante no blog Axenda Pública de El diario.es entre Daniel Innerarity e José Saturnino Martínez, do que tiro esta cita do primeiro: 

“A dereita ten unha relación coa realidade aberta á aprendizaxe e a esquerda ten unha relación coa realidade máis ben de tipo normativo. Estou xeneralizando, claro, pero o groso do corpo ideolóxico da dereita está formado en escolas de negocio, facultades de económicas, oficios nos que hai que aprender rápidamente do fracaso e hai que rectificar con velocidade, e xa que logo estar aberto cara á realidade. A esquerda, onde hai máis oficios relacionados con temas sociais e de valores, ten unha relación máis ben normativa coa realidade. Outra vez, xeneralizando, son xente afeita a dicirlle á realidade o que ten que ser, en lugar de aprender tras un fracaso. Creo que a capacidade de aprendizaxe da dereita é moi rápida porque aplican aquilo de “se non che gustan estes principios, teño outros”, por iso tende ao cinismo, mentres que a esquerda tende á melancolía. Logo das derrotas sempre tende a pensar que a realidade está equivocada. E logo atópase no medio dunha longa marcha para renovar os principios e volver á aplicabilidade práctica, cando xa a dereita cambiou de principios e está a outra cousa.
Cando as novas xeracións son máis liberais que socialdemócratas, entenden moito mellor a linguaxe da adaptabilidad e apertura radical. Fronte a isto a esquerda aparece como fundamentalmente conservadora, gardiá non de conquistas sociais senón de privilexios, pechando o espazo social. En definitiva, ou a esquerda se renova nos términos dunha socialdemocracia liberal ou perderá a batalla cunha dereita que é moito máis adaptativa”.

Advertisements