• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Monthly Archives: Outubro 2013

Que mala é a ignorancia. (A doutrina Parot e a LOMCE)

29 Martes Out 2013

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 6 Comentarios

Etiquetas

DDHH, dereito internacional, Doctrina Parot, Educación, ETA, José Yoldi, LOMCE, Tribunal de Estrasburgo, Wert

Escribo isto despois de que centos de milleiros de persoas se manifestasen contra a enésima reforma da lei de ensinanza en España, e antes de que outros miles (supoño) se manifesten contra a decisión do Tribunal de Estrasburgo de anular a chamada doutrina Parot por ir contra os dereitos humanos. Dúas cousas que a min paréceme que teñen máis relación que a temporal. As sucesivas leis educativas en España son o proceso de acción e reacción no desesperado intento de superar o atraso intelectual de séculos. A II República foi un enorme salto adiante. O golpe militar do 36, coa aniquilación física ou profesional de milleiros de mestres e profesores universitarios, a volta a caer no pozo por décadas, con secuelas que aínda seguimos sufrindo. Por exemplo, na maneira de entender a educación, a política ou o periodismo.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Momentos fantásticos

28 Luns Out 2013

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

caridad, crisis, economía, Emilio Botín, España, fraude laboral, paro, solidaridad, Soraya Sáenz de Santamaría, TVE

Don Emilio Botín dixo que España está nun momento fantástico, e que chegan cartos a sacos de todas partes. Hai quen o toma a mal, recordando que en España hai seis millóns de parados (cinco millóns e medio, descontando ese medio millón que Soraya Saénz de Santamaría e so Soraya Sáenz de Santamaría sabe que defraudan, eles e as empresas que os contratan, claro), tres millóns de persoas viven con menos de 300 €/mes e doce millóns por debaixo do nivel da pobreza. O que pasa é o propietario do Banco Santander vive nun planeta propio, no que tamén hai tres dimensións e está sometido a lei da gravidade e a algunha outra que tamén rexe aquí, pero polo demais é un mundo semellante, pero soamente tanxente. Un mundo no que a xente pode presentarse con pantalón corto e de vermello dos pes á cabeza diante das autoridades do seu país, como el se presentou. Que sencillote, non?.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Artic Sunrise

24 Xoves Out 2013

Posted by sihomesi in Xeral

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Artic Sunrise, Artico, ecoloxía, ecosistema, Greenpeace, petróleo

A estas horas, ou polo menos hoxe, porque debe haber unhas catro horas de adianto, xulgan en Mursmank, a 30 activistas de Greenpeace detidos a bordo do Artic Sunrise a mediados de setembro polos gardacostas rusos cando trataban de interferir nos traballos dunha plataforma petrolífera no mar de Pechora, no Ártico, propiedade de Gazprom. Seguro que a empresa lles soa, e non porque teñan repostado gasolina nunha estación de servicio desa marca.

Artic Sunrise

Os activistas, de 16 nacionalidades distintas, foron acusados en principio de piratería, un delito castigado ata con 15 anos de cárcere, pero logo mesmo Vladimir Putin o descartou, aínda recalcando que o sistema xudicial é independente, así que a fiscalía decidiu onte de forma independente acusalos de vandalismo, que se amaña con penas que van dunha multa a sete anos (se rompes os cristais dunha ventá cunha oxiva nuclear, supoño). Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Cariño, temos que whatsapear do noso

16 Mércores Out 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

contrastar, Facebook, informes, internet, novas tecnoloxías, Periodismo, redes sociais, relación social, Twitter, whatsapp

O uso de WhatsApp, o servizo de mensaxería gratuíta entre móbiles, ou a rede social Facebook ten causado a ruptura de 28 millóns de parellas, segundo lemos nos medios que asegura unha investigación da CyberPsychology and behaviour Journal (Revista de Ciberpsicoloxía e conducta).

whapp

 Na mensaxería e na rede social, as parellas (ben, cada integrante por solto) experimentan unha ansiedade ao saber que o outro xa recibiu o recado e non contesta. É o que chaman “síndrome do double check”, polos dous riscos que aparecen a carón da mensaxe cando o móbil do destinatario a recibe.Ao comezo das relacións, calquera frase lambida queda aí na pantalla para deleite do namorado/a cantas veces queira. Logo convértese no “que fai que non contesta” e “por que me dixo que ía para a cama se o móbil me indica que estivo conectado ata as tantas”. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Asunta

12 Sábado Out 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ Deixar un comentario

Breaking Bad

Mañá rematará Breaking Bad. Emitirase o derradeiro capítulo, o 16, da quinta e última tempada. O misterio do seu desenlace, tan celosamente gardado como a fórmula da coca cola, será desvelado, e millóns de persoas distenderán o peito e afrouxarán as mans que tiñan apertadas polo ritmo frenético de feitos e emocións da serie de Vince Gilligan. Para quen non entenda do que estou falando –e o que está perdendo- saiba que Breaking Bad é, con Los Soprano e The Wire – e con Los Simpson no mundo da animación- a triloxía que fixo das series televisivas un xénero que igualou ao mellor cine deste século. E digo igualou para non pasarme.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Mordor, Carnota

04 Venres Out 2013

Posted by sihomesi in Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Carnota, ecoloxía, Feijoo, incendios forestales, Monte Pindo, Mordor, natureza, Olimpo Celta, Tolkien

Deixemos así, como está, ardido de todo, o Monte Pindo. Impidamos que medre nada. Queimémolo ritualmente se fai falta todos os anos. No lugar ao que Otero Pedrayo chamou o Olimpo Celta (non sabía que fora el, pero estes días sentín dicir que foi Otero Pedrayo o autor do asunto, para que logo digan que as catástrofes non sirven para nada), situemos Mordor, a terra negra onde goberna Sauron sobre os orcos no mundo que describiu n’O señor dos Aneis. As imaxes do Pindo ardendo lembran aquelas da película nas que saía a mina na que “fabricaban” os orcos, coa diferencia de que no caso do Pindo e dos nosos montes en xeral, son os orcos os que prenden lume e non os que saen del.

 

O Monte Pindo debería quedar así, negro coma un tizón, como símbolo perenne da maldade e da ineficacia humanas. E ata sería un bo reclamo turístico, que a xente mátase por todo o que saia na televisión, aínda que sexan monumentos á estupidez.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • RT @jfalbertos: El colegio nos ha pedido a las familias que vayamos a limpiar los accesos este sábado porque una semana después de la nevad… 22 hours ago
  • RT @dragoneslvpies: En medio de todo esto, la @emvsmadrid anuncia para el miércoles el desahucio de una familia que lleva toda una vida en… 23 hours ago
  • RT @xornalistas: Outra sentencia inadmisible. Agora a @ctxt_es As noticias non só teñen que ser veraces e feitas cos parámetros profesionai… 1 day ago
  • Los bomberos de Laza (Ourense, 1.287 habitantes) van a Madrid (20% del PIB español) para cooperar en la retirada d… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • Unha boa iniciativa. O pensamento galeguista nun clic. Quen llo ía dicir aos fundadores. twitter.com/EdGalaxia/stat… 1 day ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
A %d blogueros les gusta esto: