Etiquetas
DDHH, dereito internacional, Doctrina Parot, Educación, ETA, José Yoldi, LOMCE, Tribunal de Estrasburgo, Wert
Escribo isto despois de que centos de milleiros de persoas se manifestasen contra a enésima reforma da lei de ensinanza en España, e antes de que outros miles (supoño) se manifesten contra a decisión do Tribunal de Estrasburgo de anular a chamada doutrina Parot por ir contra os dereitos humanos. Dúas cousas que a min paréceme que teñen máis relación que a temporal. As sucesivas leis educativas en España son o proceso de acción e reacción no desesperado intento de superar o atraso intelectual de séculos. A II República foi un enorme salto adiante. O golpe militar do 36, coa aniquilación física ou profesional de milleiros de mestres e profesores universitarios, a volta a caer no pozo por décadas, con secuelas que aínda seguimos sufrindo. Por exemplo, na maneira de entender a educación, a política ou o periodismo.
Alistámonos baixo unha bandeira ParotSi/ParotNo como quen vai polo Madrid ou polo Barça nin sendo de Madrid nin de Barcelona (pero con menos elementos de xuízo para escoller). Lendo a quen sabe, como o ex periodista de Tribunais de El País José Yoldi, podemos coñecer a orixe do que el cualifica como a vulneración da Constitución (artigo 9.3) para aumentar ilegalmente as penas dun cento de presos aplicándolles unha norma que non había cando os condenaron. A cousa veu non por un debate xurídico, senón pola opinión pública. Os etarras, por terribles que fosen os seus crimes, saían de prisión en canto remataban a condena ou a redimían, segundo o código de 1973, ou sexa do franquismo. Pasara con Aznar, posiblemente o presidente español, con Adolfo Suárez, que máis negociou con ETA, e pasaba en 2006, sen demasiada alarma.
Ata que Iñaki de Juana Chaos, desobedecendo a ETA, que ordenaba non acollerse a redención de penas, recorreu contra a Audiencia algunhas redencións que lle anulara, e montou unha folga de fame que tivo repercusión internacional. Cando saíu, quen fixo presión contra o goberno do PSOE foron as asociacións de vítimas e a prensa de dereitas. Así que cando Henri Parot, que tiña unha condena de máis de 4.000 anos, presentou un recurso similar, os xuíces comezaron a buscar o que Yoldi chama solucións “creativas”. O maxistrado Bermúdez ditoulle dúas condenas por pertenza a banda armada –unha barbaridade, porque pertences ou non, non dúas veces-. Anuláronlla, pero sacaron da manga o contabilizar a redención sobre o total da pena, non sobre a maior, como se viña facendo. Segundo Yoldi, daba a impresión de que os xuíces do Supremo ben sabían que a “doutrina Parot” llela ían tumbar en Estrasburgo, pero mentres mantiñan no cárcere a eses presos e calmaban á opinión pública, que era do que se trataba.
José Yoldi fai ademais unhas precisións: os liberados pola anulación da doutrina Parot levan como mínimo 20 anos en prisión. A tal doutrina non se lle aplica a todos os terroristas, violadores, etc, senón a aqueles condenados antes de 1995. Os condenados posteriormente non teñen redención de penas e subíronas a 40 anos. Eu quito outras conclusións: José Yoldi non ten periódico onde escribir e explicar as cousas como son. Un descerebrado chamado Cárdenas que dixo que “todos los que tenemos un programa de televisión o radio tenemos la obligación de denunciar que los jueces de Estrasburgo son unos hijos de puta”, traballa nunha emisora. Que unha sociedade estea mellor ou peor formada non depende so das leis educativas.
(La Opinión de A Coruña 26/10/2013)
Estoy totalmente de acuerdo con el comentario de Javier Cárdenas. Y añado.Los asesinos y violadores deberían estar en cárceles al estilo sudamericano. Sin derechos y pagandose todo. Porque los asesinados ya no tienen ningún derecho. El asesino se los quitó. Y,el que los defiende es peor que ellos. Y sé de lo que hablo. Cadena perpetua son derechos para los que nuo respetan los derechos de los demás matando y violando.
ngo un familiar asesino y quiero que cumpla su pena. Y, a los volado
Perdón, no he podido terminar mi comentario antes. Sólo dos cosas. Los jueces de Estrasburgo son unos tolays que aceptan casos de personas que vulneran el mayor derecho humano. El derecho a la vida. Yo tengo una familiar que asesinó. Que ha cumplido su condena íntegra pero que, si yo viese que podría reincidir, sería el primero en denunciarlo. A mí, con 12 años, intentaron violarme. No lo consiguieron pero me dejaron marcado. Hoy sé que, el que lo intentó, murió de forma violenta durante una de esos delitos que cometía. ¡Me alegro! Las malas personas, sean asesinos, violadores, jueces o gente que los defiende, son lo peor de lo peor y deben sufrir. No respetan los derechos humanos. ¿Tengo que respetar yo los suyos? Y, en cuanto a Javier Cárdenas, lejos de ser un descerebrado, es un cerebro privilegiado que da voz a los que no tenemos voz porque, ni tenemos un micho, ni lugar donde escribir. La radicalización es el cáncer de esta sociedad. Es una imprudencia artículos como este que intentan generar odio. No es el camino.
El camino es la educación. Educación que se nos niega porque quieren que seamos un pueblo ignorante.
Los que nos niegan nuestros derechos, los que nos lo roban y los que defienden a estos, son los auténticos hijos de puta.
Sr. Sobrino. Comparto os seus sentimentos, ou seguramente os compartiría de sufrir as mesmas experiencias que Vd,, e de ter unha familiar nas mesmas circunstancias. Pero os sentimentos persoais son unha cousa e as opinións son outra. Que os asesinos, violadores ou pederastas (para min os peores delincuentes) teñen dereitos é algo que podemos cuestionar as persoas máis os menos relacionadas coas víctimas, pero non cuestiona ningún dereito penal de ningún país civilizado. Eses países que pon como exemplo -en Sudámerica, Asia ou Africa- o único que fan é establecer atenuantes ou eximentes por ser rico ou agravantes por ser pobre-. Se le o artigo no que me basei, de José Yoldi, un dos mellores expertos en información de tribunais (o que sacou o caso do presidente do Consejo General del Poder Judicial e a utilización dos seus fondos para as súas viaxes “caribeñas” que lle custaron o posto… aos dous) o que di e que os maxistrados que “inventaron” a doutrina Parot sabían que era infumable, pero que terían á sociedade e ao goberno contentos. Se os maxistrados de Estrasburgo son uns tolays, tamén o son os do Tribunal Supremo que ata 2005 aplicaban a redención de penas como antes da doutrina Parot, ou xa postos, tamén podían ser uns tolays quen dictaron algunhas condenas.
No caso dos violadores ou pederastas non hai vitimas dos dous lados, pero no outro si. O xeneral Galindo, condenado por dúas mortes a 74 anos, saíu libre despois de cumprir 4. Emilio Hellín, que matou a sangre fría a unha rapaza, tres cuartos do mesmo, e pasou a traballar para a Guardia Civil.
Ignoro que fai o señor Cárdenas cos micrófonos. Sei o que fixo en twitter: proclamar que a obligación de todos os periodistas que son vistos por moita xente como líderes pola mera razón de estar diante dunhha cámara ou dun micro deberían insultar a quen en Europa se ocupa de delimitar o que é xusto e o que non. Equivocándose tanto como aquí cando din que aquí un é culpable ou non. Iso paréceme chamar ao linchamento.
O meu artículo non deixa de ser un pobre desafogo e unha chamada á sensatez, que lle agradezo moito que lera, e moito máis que tivera o detalle de comentar de forma educada, cousa que non pasa sempre entre xente que disinte.
Muchas gracias.
Gracias por contestar. Matizo mis comentarios. “Tolays” son todos los que hacen leyes a favor de delincuentes. Los que hacen verdaderos hoteles para los criminales y los que dan la razón a esos “tolays”. Por no llamarlos algo más fuerte. Y “tolays” somos los que permitimos que eso ocurra. Que pagamos 800 millones de euros entre 2009 y 2011 a partidos políticos mientras nos recortan las necesidades básicas.
Y, sí, es cierto. En sudamérica el rico no va a la cárcel. Como aquí. Eso en Reino Unido, Alemania o Francia, no pasa. Somos tercermundistas. ¡Y lo merecemos1 Porque no hacemos nada. Nos hipnotizan con dialéctica barata y muchos periodistas, en un intento de salvar el culo, se lo lamen a los que les pagan. Cárdenas no es así. Y ese es su mensaje. El pueblo es el que debe decidir lo que quiere, no pagar a “tolays” para que hagan lo que les dé la gana. Y me refiero a todos los gobiernos de la democracia española. Es ya momento de que les plantemos cara porque nuestro futuro y el de nuestros hijos va en ello. Hay que ponerse a favor del pueblo y acabar con los delincuentes. Los que matan, los que violan y los que gobiernan. Y esto no es una llamada al linchamiento. Es una llamada a que la sociedad abra los ojos.
Un saludo.
A ver,vou enredar un pouco dándolle ( un pedazo ) de razón ao señor Cárdenas. En moitos casos o Dereito Penal ten sido lixeiriño de máis. Hai unha autodenominada progresía (en realidade neoliberais puros e duros) que considera a lei e as penas algo malo en si mesmo. Esta xente o que fai é condear a clase obreira que é a que máis padece os delitos e a violencia.
Perdón, quería dicir ao señor Sobrino. Ao señor Cárdenas non o coñezo. Vexo pouco a tele e non vou mudar de hábitos a estas alturas….:)