Etiquetas

, , , , ,

Nunha semana que outros asuntos fixeron non moi agradable, souben grazas a Isabel San Juan @dobracom que encabezo a listaxe de periodistas galegos máis influintes nas redes sociais.

Ranking xornalistas galegos Eu non creo nestas cousas, e menos crin nesta ao botar un ollo e ver os que non estaban os primeiros nin de segundos, e pensei que ía recibir un mail ou un DM pedíndome algo. Non obstante, Ion Antolín @ionantolin díxome que era unha clasificación feita segundo interaccións medidas cuns algoritmos que ten en marcha un coñecido seu, José del Moral @jamoral desde 2005 nunha organización de social ranking chamada Alianzo. Ou sexa que, aínda sen crer moito nestas cousas, supoño que que menos que dar gracias a Del Moral, a Nacho de la Fuente @nafuente por que me incluíu na lista dos xornalistas a analizar, tamén digou eu que aos algoritmos, pero sobre todo a todos vós que interactuades en calquera das redes, que conseguides que alguén que escribe e comenta en galego na rede sexa escoitado, comentado, criticado, alabado e denostado. A seguirlle dando.

@dobracom

Advertisements