Etiquetas
Nunha semana que outros asuntos fixeron non moi agradable, souben grazas a Isabel San Juan @dobracom que encabezo a listaxe de periodistas galegos máis influintes nas redes sociais.
Eu non creo nestas cousas, e menos crin nesta ao botar un ollo e ver os que non estaban os primeiros nin de segundos, e pensei que ía recibir un mail ou un DM pedíndome algo. Non obstante, Ion Antolín @ionantolin díxome que era unha clasificación feita segundo interaccións medidas cuns algoritmos que ten en marcha un coñecido seu, José del Moral @jamoral desde 2005 nunha organización de social ranking chamada Alianzo. Ou sexa que, aínda sen crer moito nestas cousas, supoño que que menos que dar gracias a Del Moral, a Nacho de la Fuente @nafuente por que me incluíu na lista dos xornalistas a analizar, tamén digou eu que aos algoritmos, pero sobre todo a todos vós que interactuades en calquera das redes, que conseguides que alguén que escribe e comenta en galego na rede sexa escoitado, comentado, criticado, alabado e denostado. A seguirlle dando.
Pois eu aproveito a súa influencia e a súa leira para pedir que non masacren á xente en Ucraina Oriental. Que vaia máis a modo o imperialismo ianqui e a globalización capitalista se pode ser. Home,xa sei que o Pereiro influinte non é o San Pereiro milagreiro,pero por pedir que non quede.
Reblogged this on Raiola.
E moi merecido ese primeiro posto. Parabéns polo seu traballo xa que o desfrutamos nós.
Non sei como carallo fan os algoritmos, pero que saiba que na súa captura non estaba o Jaureguizar, liouna no cabaré e agora figura no posto catro. Seica é un algoritmo sensible á crítica, ou cagón, ou algo así.
Xa non se pode un nin fiar dos algoritmos (sexan o que sexan, que eu, como sabe, son de letras impuras: é dicir, un que foi a elas rebotado de ciencias).