• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Monthly Archives: Xullo 2014

Outro marcador interesante: Filgueira

14 Luns Xul 2014

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Cultura, Día das Letras, Filgueira Valverde, frnaquismo, Galicia, literatura, política, Real Academia Galega

O homenaxeado do Día das Letras 2015 ganou por un voto, logo de ir perdendo en todas as votacións. A maiores do xénero da diatriba e da xusta indignación, non estaría de máis practicar o da análise de por que ao final gana o que sempre perdeu. Esta foi, ou moi probablemente puido ser, a secuencia das votacións

  1.  (Nas dúas primeiras, cada un dos 26 académicos asistentes dispuña de 2 votos, agás Manuel Rivas, que votou por correo, e non puido repetir)
    • 16 Manuel María
    • 13 Celestino Fernández de la Vega
    • 10 Xosé Filgueira Valverde
    • 9 Ricardo Carvalho Calero
    • 5 Xela Arias
  2.  (quedan fóra Carvalho e Arias)
    • 19 Celestino Fernández de la Vega
    • 17 Xosé Filgueira Valverde
    • 14 Manuel María
  3. (queda fóra Manuel María)
    • 10 Xosé Filgueira Valverde
    • 9 Celestino Fernández de la Vega
    • 5 votos en branco
    • 2 votos nulos

Polo demais, xa escribín o que NON me parecía a elección. Hai quen di que iso non é pronunciarse. Non deben ser xente de letras, senón de números.

Filgueira e a segregación

Saberán que escolleron a Xosé Filgueira Valverde como autor homenaxeado para o Día das Letras Galegas do 2015, en realidade para o que queda de ano ata o 17 de maio de 2015, que é o que ven durando o mandato de cada galardoado. Eu teño a miña opinión sobre o asunto, que me vou gardar, por razóns obvias que se remontan a xullo de 2010, cando estiven máis que de acordo co designado para as Día das Letras de 2011, e polo tanto, non me parece elegante andar cuestionando acordos posteriores. Só comentar que hai decisións que, sendo lexítimas, son máis oportunas ou menos, ou mesmo nadiña. E tamén que non deixa de ser unha mágoa que todos os méritos culturais de alguén vaian quedar ocultos por outro tipo de deméritos, ou polo uso que poidan facer deles uns e outros. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • O señor que está na mesa do lado na cafetería orgánica está contando os intríngulis do Vaticano, incluíndo os inten… twitter.com/i/web/status/1… 8 hours ago
  • RT @Modesto: @sihomesi approves this. https://t.co/bgni7GD00l 15 hours ago
  • Outra Máis. O ronsel de fuel do "Blue Star" na ría de Sada https://t.co/TaIqCz8rpd 1 day ago
  • RT @ghanito: Que ben se lle entende ao @autonauta De cidade marcada pola corrupción a cidade líder en gasto social youtu.be/_SjAcjrCliU 3 days ago
  • RT @solucionsalina: Adoro o metalacermismo cinematográfico. @lacerme, sempre coa luz do proxector acesa. twitter.com/lacerme/status… 3 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: