Volta ao cole con xamón
Área comercial. A Coruña

Esta foi unha tarde de domingo como as de antes. Unha hemorraxia de melancolía, como aquelas de ramate das das vacacións, que nunca tiven en demasía (melancolía, gústoume sempre o outono). Pero hoxe deume. Quizais sexa que anda solto un virus de volta ao colexio, ou quizais foi que mirei isto e vin que non actualizaba desde o mes de xullo, como se fose un madriles deses que cae nun burato negro en agosto. Alá vou. A sacho. 

Advertisements