Etiquetas
Hai hoxe dez anos empezaba eu este Sihomesi.com. Curiosamente, había eleccións, e como xa dixen algunha vez, a maiores de seguir a moda de ter un blog, pensei que facer un habíame de quitar o traballo de escribir unha columna de prensa. “Textos fragmentarios, primeiras impresións, cousas máis acaídas á web, que podo ir ceibando ao ritmo da campaña”, dixen para min. Pasei o mesmo traballo e multipliqueino por tres. Escribir as columnas, actualizar o blog e interactuar cos queridos comentaristas.
Dez anos despois, os blogs xa están menos de moda que as chaquetas con ombreiras e eu teño moi descoidada a leira esta, e por moito que me poña a dicir que me vou emendar, pois eu que sei, ao mellor si, e ao mellor non. Pero levo metidos 1.096 Artigos e vostedes 5.952 Comentarios. E coñecín a xente marabillosa gracias ao blog, como a Alfonso Pardo, ou Caralladas29, ou Eduardo, e en parte a Mourullo (aínda que xa o coñecía como o analista chamado Aristides Wrangler), e aínda me quedan por coñecer a Xaquín e a Álvarez o de Vigo. E aquí recuperei a vellos amigos como eSedidió, e moita máis xente que me esquezo. Así que isto que comezou e seguíu) gracias á axuda dos Yang (Berto e María Yáñez) non me peta pechalo porque non estea de moda ou dea traballo, dúas escusas de xente frouxa e blandengue, segundo a taxonomía de El Fary.
E por unha vez que me acorda o aniversarios (iso é mentira, acordoulle a Mourullo, que é o home que sempre está aí. Onde? non se sabe pero aí, onde fai falta que estea), pois celébroo. Heino celebrar cunhas cañas que debo.
Pero de momento, un concursete:
- Onde se celebra ese xantar?
- A que veñen as risas?
Parabéns! Fotaza en O Dezaséis, co míster F. Vázquez, @antonlosada, @jordievole… Rides do que saca a foto, porque non roe licor café
A decir verdad, no he visto reir a nadie. De los de la fotografía, por supuesto. En la vida real hay gente que ríe.
Bien, cambiemos por sonríen.
Y a ti también te reencontré en esta e-calle!!! 🙂
O xantar é no Dezaseis de Compostela.
Os sorrisos veñen porque é o que toca cando se fai una foto.
Qué catro patas para un banco ¡ (o quinto non sei quén é).
Estar, estades no Dezaseis, na Rúa de San Pedro de Santiago. As risas, non seis 🙂
Noraboa por estes primeiros dez anos !. Non é moco de pavo, non.
Da foto non opino que xente máis enteirada xa comenta. Iso si, na hora do café e do licor café son case obrigatorios os sorrisos veñan de onde veñan.
Como ben dis, estamos en posteleccións…e só coñezo o material antilume que presenta a parede “de puro enxebre”…para min que estades nun curruncho de malasaña (ou el raval) celebrando o que celebramos todos nestes días e que algún día volveredes a Galicia…a que si?
E, por certo, xa ibamos botando algho de menos en galegonet…
10 anos! Como pasa o tempo.En fin,sentimentalismos fóra. Noraboa e graciñas por seguir tendo un blog de moito grelo onde non se reserva o dereito de admisión.
Ben, efectivamente é/era o Desazeis. Os sorrisos eran os propios de quen rematou de xantar agradablemente, posa para unha foto e ten un segredo. Cal? O das apostas que cruzaron Antón Losada, Fernando Vázquez e Jordi Évole sobre que pasará a finais de ano. Eu fixen de notario, e Daniel Picas, o amigo e home de prensa de Jordi, de testemuña.
Vostede coma sempre, moi ben acompañado, caseque na, con D. Fernando, un dos mellores entrenadores do Celta, con diferencia. Pena que os repunantes que mangonean esta aldea conseguiran chimpalo, jodialles que lles falase na lingua dos seus pais, almas candidas.
Iso si, tiña o pobriño, e sigue a telo, un defecto i e que nasceu coruñes, en fin, ninguen e perfecto.
En canto a vostede o sigo canto podo porque se e por este blog, imos fodidos,pa!.
Enhoraboa por lo X Aniversario. Deixobos aqui as ultimas gravacios e moi especiamente para Alfonso Pardo.
http://www.diariodeleon.es/noticias/cultura/canto-supervivientes_892198.html
Apertas .
Edilberto…2015.
Ultimamente chego tarde a todas partes, debe ser a idade. Se aínda estou a tempo de repartir parabéns, pois iso; que parabéns.
De todos modos, aos seus méritos como gurú cibernético, polo que a min respecta téñolle que engadir que espertou en min o becho, primeiro de comentar/trollear na súa leira e máis adiante de pasarlle a bertolina á miña propia, aínda que a esta última, como sabe, entroulle unha peste e arrasou con todo.
Non sei, un día destes o mesmo falo cos do banco de terras e pillo un par de cuartillos para botar ghrelos de novo.
Mentres tanto, só lembrarlle que me/nos debe unha laconada.
Home, que bonito, o día de San Valentín (Paz Andrade)! Moitas grazas por acordarse de min…!
Esta leira miña si que tiña que meter no Banco de Terras, que a teño máis a monte…
Espero non incorrer en faryseísmo taxonómico se sinto non ter entrado no blog en tanto tempo.
Desvirtuando os versos da Iolanda Zúñiga na homenaxe de onte, no Rosalía, ao Lois: hai que saber empatar.
Que o blogue continúe!
Unha aperta e saúde pra toda a audiéncia internacional.
Graciñas. Eu tamén teño os blogs descoidados (o seu, o meu, e os de måisalá). Invade unha sensación de inutilidade, “total pa que? Sempre gañan os Trump”.
Saude.
Customer care directory : xperria.com has contact numbers of millions of customer care services which functions across the world. xperria.com is basically a toll-free phone number directory that aims to connect you with the customer care service you are looking for. This not only helps you in getting instant assistance and solution but also saves your precious time.