En maio de 2015, no restaurante O Dezaseis de Santiago, os aquí presentes fixeron unha porra/aposta sobre as eleccións xerais que se aveciñaban.
Fernando Vázquez aventurou que Mariano Rajoy nin se presentaría como candidato. Jordi Évole, que acababa de gañar o Premio José Couso á Liberdade de Prensa, e Antón Losada, concordaban en que sí se presentaría, pero diferían no resultado: Évole resistíase a crer que recuncase, e Losada dicía que si.
Para dar fé, con Daniel Picas de testemuña, eu fixen a acta nun anaco de mantel, que asinaron os apostantes. Alguén lle debe unha cea a algúns.
Ave César, os que foron votar (e querían botar) te saúdan…
Manda carallo,ao final,cando un é politólogo profisional,nótase ben notado. Tamén é verdade que Rajoy é un valor seguro,como as accións da Telefónica nos oitenta ou algo así. Dende aquela non deixa de medrar e nin nova política, nin farrapo de gaita.
E se Antón Losada chega a apostar tamén polo Brexit,daquela habería que facelo decano da Facultade de Políticas da Complutense.