• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Category Archives: Matrix Press

Cariño, temos que whatsapear do noso

16 Mércores Out 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

contrastar, Facebook, informes, internet, novas tecnoloxías, Periodismo, redes sociais, relación social, Twitter, whatsapp

O uso de WhatsApp, o servizo de mensaxería gratuíta entre móbiles, ou a rede social Facebook ten causado a ruptura de 28 millóns de parellas, segundo lemos nos medios que asegura unha investigación da CyberPsychology and behaviour Journal (Revista de Ciberpsicoloxía e conducta).

whapp

 Na mensaxería e na rede social, as parellas (ben, cada integrante por solto) experimentan unha ansiedade ao saber que o outro xa recibiu o recado e non contesta. É o que chaman “síndrome do double check”, polos dous riscos que aparecen a carón da mensaxe cando o móbil do destinatario a recibe.Ao comezo das relacións, calquera frase lambida queda aí na pantalla para deleite do namorado/a cantas veces queira. Logo convértese no “que fai que non contesta” e “por que me dixo que ía para a cama se o móbil me indica que estivo conectado ata as tantas”. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Asunta

12 Sábado Out 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ Deixar un comentario

Breaking Bad

Mañá rematará Breaking Bad. Emitirase o derradeiro capítulo, o 16, da quinta e última tempada. O misterio do seu desenlace, tan celosamente gardado como a fórmula da coca cola, será desvelado, e millóns de persoas distenderán o peito e afrouxarán as mans que tiñan apertadas polo ritmo frenético de feitos e emocións da serie de Vince Gilligan. Para quen non entenda do que estou falando –e o que está perdendo- saiba que Breaking Bad é, con Los Soprano e The Wire – e con Los Simpson no mundo da animación- a triloxía que fixo das series televisivas un xénero que igualou ao mellor cine deste século. E digo igualou para non pasarme.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Madrid 2020-Cataluña 2013

18 Mércores Set 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Res Publica, Si home si

≈ 4 Comentarios

Etiquetas

Ana Botella, autodeterminación, Cataluña, Independencia, Madrid 2020, relaxing cup of cafe con leche, Tokio, Xogos Olímpicos

Durante moitos anos, o noso patrón de conduta foi a advertencia materna do que dirán (teñan valor e recoñézano). É o sistema de vida conservador por excelencia, non facer o que consideras que hai que facer, senón o que consideran os demais que deberías facer. O que dicían o pasado xoves día 12 en The Washington Post era (pero en inglés): “Un millón de cataláns forman unha cadea humana para promover a súa ruptura con España”. E no texto: “a protesta en Cataluña foi pacífica, pero un pequeno grupo de fascistas españois en Madrid entraron feitos unhas furias nun acto do goberno catalán…”. Xa teñen o que din por aí de nós.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

De santos e demos (ESTE É O POST nº 1.000)

03 Martes Set 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Non sei eu..., Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

accidente de tren, Adif, Angrois, AVE, explotación infantil, Francisco Garzón, Heroes do Orzán, izquierdismo, Mangouras, maquinista, medios, parvos solemnes, Renfe, Rosalía Mera, Sandra Ortega, sicavs, Tomas Velicky

Como esta é a milleira ocasión na que, a trancas e barrancas, con máis ou menos ganas ou desgana por ambas as partes, nos citamos neste sitios vostedes e mais eu, quero celebralo asestándolles unha reflexión sobre o estado da cuestión profesional a conto de dous acontecementos recentes que me ocuparon a min, e posiblemente a vostedes: a traxedia ferroviaria de Angrois e o falecemento de Rosalía Mera.

The Ace in the Hole (Billy Wilder, 1951)

Así que baixo o título de DE SANTOS E DEMOS atoparán traballos periodísticos, as habituais columnas, e sobre todo o resultado dun pararme a pensar de como está isto do que sempre vivín e nunca deixou de me gustar (non sei cal das dúas cousas ten máis mérito, supoño que a segunda). Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Vídeo

Periodismo territorial

26 Mércores Xuñ 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press

≈ 3 Comentarios

Not storm my shoot! (ou non entramos dous no mesmo plano, forasteiro)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Algo vai mal (no Día da Liberdade de Prensa)

21 Martes Mai 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ 2 Comentarios

Xosé María Palmeiro, a que me une a amizade, a profesión, as iniciais (e así nos interpagaban colaboracións cando os dous eramos correspondentes dun diario madrileño) e ter compartido o cargo e a carga de decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia saberame perdoar que lle teña roubado o título do manifesto que redactou (e que onte mesmo tamén me atribuíron a min nunha publicación dixital) para que o Colexio conmemorase o día internacional dedicado ao asunto, que é o 3 de maio, onte mesmo para vostedes. Se lles parece que isto é como o caso do profesor que encarga un traballo a un alumno para logo copiarllo, indígnense aínda máis, porque neste caso eu son o alumno e Palmeiro o mestre, pero de calquera forma, algo vai mal. 

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Almas, órganos e violacións

02 Venres Nov 2012

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Aborto, Eleccións USA, MAriló Montero, Mitt Rommey, Obama, Robert Mourdock, TVE

Quizais para que non nos sentiramos completamente culpables por compartir pasaporte con aquel Castelao Bragaña que dixo que as leis estaban para ser violadas, como as mulleres, ou viceversa, un candidato republicano ao Senado por Indiana, Richard Mourdock, asegurou que os embarazos producidos por unha violación son “algo que Deus quere que suceda”. Logo matizou que nin el nin Deus están a favor das violacións, pero non se apea do dito. Tampouco lle vai pasar factura electoral. Un correlixionario seu, Todd Akin, dixo hai meses que os embarazos resultantes do que chamou “violación lexítima” eran moi raros, por uns supostos mecanismos de “peche” do corpo feminino ante unha agresión tan grave. Non se retirou a pesar de que llo pediron e saíu elixido senador por Missouri.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Hai que reflexionar

27 Sábado Out 2012

Posted by sihomesi in Matrix Press, Res Publica, Si home si

≈ 4 Comentarios

Etiquetas

abuso policial, Goberno Rajoy, liberdade de expresión, PP

Exactamente, hai que reflexionar, pero todos e todos os días, e non soamente cando hai eleccións. Os que teñen facultades para propoñer cambios de leis deberían de pensar as cousas dúas veces, porque ultimamente, argallan normativas segundo lles foi na feira. A última é que están pensando en “impedir que internet se volva encher de fotos e vídeos de policías a cara descuberta, perfectamente identificables, facendo o seu traballo, que logo podan ser obxecto de escarnio nas redes sociais ou obxecto de acoso no seu ámbito privado”. Para iso, están estudando reformar a Ley de Seguridad Ciudadana, para prohibir “a captación, reprodución ou tratamento de imaxes, sons ou datos de membros das forzas de seguridade no exercicio das súas funcións cando podan poñer en perigo a súa vida ou en risco a operación que se están desenvolvendo”.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Machistas e periodistas

06 Martes Dec 2011

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ 4 Comentarios

Se a idea que vostede ten dun periodista é a dun tipo ou tipa que sae na tele dicindo o que lle peta, aínda que sexa de forma educada, pode aforrar ler isto. Porque lles quero falar de dúas noticias que teñen moito que ver co periodismo de verdade: un informe que asegura que a maioría dos adolescentes son machistas, e as promesas do PP aos editores de diarios para paliar a crise da prensa. O informe, elaborado pola Federación de Mujeres Progresistas di, e así o difundiron moitos medios, que o 80% dos adolescentes cree que nunha parella, a rapaza debe compracer ao rapaz. En canto ao outro, o responsable de Comunicación do PP, Esteban González Pons, prometeulle á Asociación de Editores de Diarios de España unha reforma legal para protexer a propiedade intelectual e axudas para a reconversión dixital. Que relación terá unha cousa con outra?, dirá vostede. Exactamente a mesma que o ovo e a galiña.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Proba de agudeza visual

15 Martes Nov 2011

Posted by sihomesi in Matrix Press

≈ 6 Comentarios

Identifique a Esperanza Aguirre entre os indignados que a persiguen

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...
← Older posts
Newer posts →

Twitter Updates

  • Ecocinismo | a columna en @laopinioncoruna. laopinioncoruna.es/opinion/2019/1… E a maiores, 87 millóns de presuposto, mentres… twitter.com/i/web/status/1… 12 hours ago
  • Menú do día. Monforte. https://t.co/lMn4Q6812w 20 hours ago
  • RT @RTVEGalicia: 🎸🎤 #ROCKBRAVÚ | 25 anos do Manifesto Bravú, que falaba da vida na aldea sen renunciar á modernidade | Hoxe, primeira das c… 2 days ago
  • RT @ctxt_es: Votamos al soso "Es natural y legítimo tener una propia visión de cómo debería ser el tetris del gobierno de España, pero sin… 2 days ago
  • RT @elenagallegoab: Onde está o avó? Velaquí a miña reportaxe sobre os avós perdidos no #ValledeLosCaídos no #Luzes74 @RevistaLuzes @ARMH_M… 2 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: