• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Category Archives: Non sei eu…

O Motín da Bounty

30 Mércores Dec 2015

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Res Publica

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

BNG, Galicia, nacionalismo, política

Non me gusta a xente que pide que se corten cabezas. Esa circunstancia sempre me acorda a contestación de Pío Cabanillas cando lle dixeron que alguén pedía a súa: “¿Para qué?, ¿para usarla?” Pero agora que están de moda as metáforas náuticas sobre capitáns e grumetes penso que quizais nese barco vaia sendo hora de que fagan caso da suxestión dun amigo meu: os que fixaron o rumbo de derrota (en derrota) deberían ser abandonados nunha dorna con auga e comida para sete días. Como fixeron os amotinados da Bounty coa oficialidade. A diferenza é que na Bounty había un Fletcher Christian.

Mutiny_HMS_Bounty

Advertisements

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Ooola, outra vez

01 Luns Xuñ 2015

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Uncategorized, Xeral

≈ 16 Comentarios

Etiquetas

blog, sihomesi, Xosé Manuel Pereiro

OoolaHai hoxe dez anos empezaba eu este Sihomesi.com. Curiosamente, había eleccións, e como xa dixen algunha vez, a maiores de seguir a moda de ter un blog, pensei que facer un habíame de quitar o traballo de escribir unha columna de prensa. “Textos fragmentarios, primeiras impresións, cousas máis acaídas á web, que podo ir ceibando ao ritmo da campaña”, dixen para min. Pasei o mesmo traballo e multipliqueino por tres. Escribir as columnas, actualizar o blog e interactuar cos queridos comentaristas.

Dez anos despois, os blogs xa están menos de moda que as chaquetas con ombreiras e eu teño moi descoidada a leira esta, e por moito que me poña a dicir que me vou emendar, pois eu que sei, ao mellor si, e ao mellor non. Pero levo metidos 1.096 Artigos e vostedes 5.952 Comentarios. E coñecín a xente marabillosa gracias ao blog, como a Alfonso Pardo, ou Caralladas29, ou Eduardo, e en parte a Mourullo (aínda que xa o coñecía como o analista chamado Aristides Wrangler), e aínda me quedan por coñecer a Xaquín e a Álvarez o de Vigo. E aquí recuperei a vellos amigos como eSedidió, e moita máis xente que me esquezo. Así que isto que comezou e seguíu) gracias á axuda dos Yang (Berto e María Yáñez) non me peta pechalo porque non estea de moda ou dea traballo, dúas escusas de xente frouxa e blandengue, segundo a taxonomía de El Fary.

E por unha vez que me acorda o aniversarios (iso é mentira, acordoulle a Mourullo, que é o home que sempre está aí. Onde? non se sabe pero aí, onde fai falta que estea), pois celébroo. Heino celebrar cunhas cañas que debo.

Pero de momento, un concursete:

2015-05-27 16.07.03

  1. Onde se celebra ese xantar?
  2. A que veñen as risas?

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Toleranciómetro

22 Xoves Xan 2015

Posted by sihomesi in Matrix Press, Non sei eu..., Si home si

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

arte, fotografía, líderes mundiales, tolerancia

Esta imaxe ten aspecto de termómetro, e tamén mide. Non a temperatura, pero si evidencia, ao meu entender, o grao de tolerancia real da sociedade española. Polo menos da sociedade española que ten conexión a internet e unha certa preocupación por estar ao tanto do que pasa. Non quero sacar conclusións sobre o resto.

Cheguen ás súas propias, ou non, pero miren isto (fíxense nos comentarios, e sobre de todo, na aporbación ou rechazo que suscitan), porque a columna deste sábado 24 en La Opinión de A Coruña vai ir máis ou menos por aí. El deber diario

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Tarde de domingo

07 Domingo Set 2014

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Volta ao cole con xamón
Área comercial. A Coruña

Esta foi unha tarde de domingo como as de antes. Unha hemorraxia de melancolía, como aquelas de ramate das das vacacións, que nunca tiven en demasía (melancolía, gústoume sempre o outono). Pero hoxe deume. Quizais sexa que anda solto un virus de volta ao colexio, ou quizais foi que mirei isto e vin que non actualizaba desde o mes de xullo, como se fose un madriles deses que cae nun burato negro en agosto. Alá vou. A sacho. 

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Outro marcador interesante: Filgueira

14 Luns Xul 2014

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Cultura, Día das Letras, Filgueira Valverde, frnaquismo, Galicia, literatura, política, Real Academia Galega

O homenaxeado do Día das Letras 2015 ganou por un voto, logo de ir perdendo en todas as votacións. A maiores do xénero da diatriba e da xusta indignación, non estaría de máis practicar o da análise de por que ao final gana o que sempre perdeu. Esta foi, ou moi probablemente puido ser, a secuencia das votacións

  1.  (Nas dúas primeiras, cada un dos 26 académicos asistentes dispuña de 2 votos, agás Manuel Rivas, que votou por correo, e non puido repetir)
    • 16 Manuel María
    • 13 Celestino Fernández de la Vega
    • 10 Xosé Filgueira Valverde
    • 9 Ricardo Carvalho Calero
    • 5 Xela Arias
  2.  (quedan fóra Carvalho e Arias)
    • 19 Celestino Fernández de la Vega
    • 17 Xosé Filgueira Valverde
    • 14 Manuel María
  3. (queda fóra Manuel María)
    • 10 Xosé Filgueira Valverde
    • 9 Celestino Fernández de la Vega
    • 5 votos en branco
    • 2 votos nulos

Polo demais, xa escribín o que NON me parecía a elección. Hai quen di que iso non é pronunciarse. Non deben ser xente de letras, senón de números.

Filgueira e a segregación

Saberán que escolleron a Xosé Filgueira Valverde como autor homenaxeado para o Día das Letras Galegas do 2015, en realidade para o que queda de ano ata o 17 de maio de 2015, que é o que ven durando o mandato de cada galardoado. Eu teño a miña opinión sobre o asunto, que me vou gardar, por razóns obvias que se remontan a xullo de 2010, cando estiven máis que de acordo co designado para as Día das Letras de 2011, e polo tanto, non me parece elegante andar cuestionando acordos posteriores. Só comentar que hai decisións que, sendo lexítimas, son máis oportunas ou menos, ou mesmo nadiña. E tamén que non deixa de ser unha mágoa que todos os méritos culturais de alguén vaian quedar ocultos por outro tipo de deméritos, ou polo uso que poidan facer deles uns e outros. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Mesa 02002B

27 Martes Mai 2014

Posted by sihomesi in El País, Non sei eu..., Res Publica

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

25M, AGE, Antón Reixa, BNG, EU, Normativa Electoral, Parlamento Europeo, PP, PSOE

A miña xornada como cidadán exemplar que cumpriu cos seus deberes cívicos

 

Mesa B de la sección 002 del distrito 02

 

 

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Grazas pola influencia

02 Venres Mai 2014

Posted by sihomesi in Matrix Press, Non sei eu...

≈ 5 Comentarios

Etiquetas

EU, media, networking, Pereiro, Periodismo, redes sociales

Nunha semana que outros asuntos fixeron non moi agradable, souben grazas a Isabel San Juan @dobracom que encabezo a listaxe de periodistas galegos máis influintes nas redes sociais.

Ranking xornalistas galegos Eu non creo nestas cousas, e menos crin nesta ao botar un ollo e ver os que non estaban os primeiros nin de segundos, e pensei que ía recibir un mail ou un DM pedíndome algo. Non obstante, Ion Antolín @ionantolin díxome que era unha clasificación feita segundo interaccións medidas cuns algoritmos que ten en marcha un coñecido seu, José del Moral @jamoral desde 2005 nunha organización de social ranking chamada Alianzo. Ou sexa que, aínda sen crer moito nestas cousas, supoño que que menos que dar gracias a Del Moral, a Nacho de la Fuente @nafuente por que me incluíu na lista dos xornalistas a analizar, tamén digou eu que aos algoritmos, pero sobre todo a todos vós que interactuades en calquera das redes, que conseguides que alguén que escribe e comenta en galego na rede sexa escoitado, comentado, criticado, alabado e denostado. A seguirlle dando.

@dobracom

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Imaxe

Live long and prosper 2014

02 Xoves Xan 2014

Etiquetas

2014, Vulcan

Long live and prosper 2014  Very Old Telly

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Posted by sihomesi | Filed under Non sei eu...

≈ Deixar un comentario

Os mortos

11 Luns Nov 2013

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

1 de novembro, Defuntos, Halloween, Smaín, Tradición

Está claro que isto de Halloween vén por un lado porque a xente morre e por outro porque a xente que aínda vive quere facelo da mellor maneira posible antes de pasar ao outro estado. Os nosos antepasados, cando vían que chegaba o inverno, en vez de arrombar nos armarios a roupa de verán, debían considerar que todo morría, e daban en honrar aos mortos. Agora, a forma de afrontar a morte é negala, facer dela espantallos ridículos e sacarlle -ou meterlle- cartos. Hai xente que se escandaliza destes rituais, sobre todo porque proveñen da cultura estadounidense. Eu, en cuestión de cousas que non teñen amaño, como o de morrer, son absolutamente liberal.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

De santos e demos (ESTE É O POST nº 1.000)

03 Martes Set 2013

Posted by sihomesi in Matrix Press, Non sei eu..., Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

accidente de tren, Adif, Angrois, AVE, explotación infantil, Francisco Garzón, Heroes do Orzán, izquierdismo, Mangouras, maquinista, medios, parvos solemnes, Renfe, Rosalía Mera, Sandra Ortega, sicavs, Tomas Velicky

Como esta é a milleira ocasión na que, a trancas e barrancas, con máis ou menos ganas ou desgana por ambas as partes, nos citamos neste sitios vostedes e mais eu, quero celebralo asestándolles unha reflexión sobre o estado da cuestión profesional a conto de dous acontecementos recentes que me ocuparon a min, e posiblemente a vostedes: a traxedia ferroviaria de Angrois e o falecemento de Rosalía Mera.

The Ace in the Hole (Billy Wilder, 1951)

Así que baixo o título de DE SANTOS E DEMOS atoparán traballos periodísticos, as habituais columnas, e sobre todo o resultado dun pararme a pensar de como está isto do que sempre vivín e nunca deixou de me gustar (non sei cal das dúas cousas ten máis mérito, supoño que a segunda). Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...
← Older posts

Twitter Updates

  • Atopado en Vigo un neno falando galego temposgalegos.com/2019/02/13/ato… vía @temposgalegos 1 day ago
  • RT @Pablo_L_Orosa: A miña recompensa. Pronto (ou seguramente tarde) a entrevista na @RevistaLuzes https://t.co/Lvmb0OhGBq 2 days ago
  • RT @RevistaLuzes: Fan hoxe dous anos do día no que declaramos públicamente que #SomosFerministas #FermínBouzaÁlvarez https://t.co/wXzE1fS1y8 2 days ago
  • The Last Day. Díselo con la cona luzes.gal/2019/02/14/681… A achega de luzes.gal ao día este 2 days ago
  • RT @paulaverao: @RevistaLuzes @omnium @temposdixital @sihomesi @marcelmauri @corralfoto brillante peza xornalística 4 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • RSS Artigos
  • RSS Comentarios
  • WordPress.com
Advertisements

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: