• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Category Archives: Non sei eu…

Despedida

20 Mércores Mar 2013

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Morte. amizade

Para Germán

Onte enterramos a un amigo. Compañeiro de xeración, de profesión e dalgunha aventura. Non é que estea nesa situación de andar mirando as esquelas, non tanto o nome senón a idade para dicir, “¡Qué horror, pues no era tan mayor!” como fai a miña querida sogra cos que teñen entre os 90 e os 75 anos. 

ollosPero si na de que por cada xulgado ou igrexa que visito por causa de voda, piso dez tanatorios ou igrexas por causas funerarias. E iso soamente contando as despedidas físicas. Se contamos as de todo tipo, incluíndo a de Ferrín da rúa Tabernas, nesta semana, de despedidas estou cheo.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O día en que fun Peteiro, ou viceversa

21 Xoves Feb 2013

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 1 comentario

Etiquetas

Jorge Peteiro, pintura

Foi no comezo dunhas eleccións, para esas seccións que os redactores xefes se matan a argallar, para acabar no de case sempre. Neste caso, unhas pequenas entrevistas a xente máis ou menos coñecida, pero non políticos, sobre temas xerais, tocando o político pero sen meterse a fondo, creo recordar. Porque me chamaron, de parte de alguén que coñecía nese periódico, aínda que non facía falta, e fóronme preguntando e eu respondendo. Acabamos dándonos mutuamente as grazas, como corresponde, e morreu o conto.

Ao día seguinte, ou dous días, abro o xornal, vexo unha entrevista con Jorge Peteiro, comezo a lela, e empézanme a soar as respostas, cada vez máis, ata que me dou conta que as respostas eran as que eu dera, ou a síntese e transcrición das que eu lle dera ao redactor (ás veces non recoñezo de entrada o que digo ou escribo. Nunha ocasión non me dei conta de que nunha unidade didáctica da Xunta utilizaran  unha columna miña tal cal, sen citar autor, ata que a comparei co documento orixinal).

peteiro

Chamei ao amigo do xornal, o recomendador, e informeino de que as opinións que aparecían atribuídas ao pintor Jorge Peteiro eran do xornalista Xosé Manuel Pereiro, por  un siascaso. O amigo, que tamén o era de Peteiro, riuse e dixo: “Eu díxenlle que chamara a Peteiro. Xa me parecían raras algunhas cousas, como que coñecera a Manu Chao”. Que eu saiba, Peteiro nunca chamou para queixarse da usurpación nin das opinións a el atribuídas, e eu seguín recibindo por nadal as súas pequenas serigrafías.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Imaxe

Hoxe cumpriría 55 anos

16 Sábado Feb 2013

Etiquetas

Lois Pereiro

Lois en Riazor

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Posted by sihomesi | Filed under Non sei eu...

≈ Deixar un comentario

Gonzalo Canedo

15 Martes Xan 2013

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 1 comentario

Foto from corominasijulian.blogspot.com

É a primeira morte dun amigo da que me entero por Twitter. A de Gonzalo Canedo, o editor da obra en castelán de Lois Pereiro, o magnífico volume da Obra Completa bilingüe, traducida por Dani Salgado, e Poesía última de amor y enfermedad. Chamárame de parte de Manuel Rivas. Díxome que era de Cerceda criado na Coruña, e que nos 80, antes de irse a Barcelona,  coñecíanos de vista, cousa habitual naquela época na que o deporte máis practicado era o cruce de miradas.

Unha das cousas polas que lle estou agradecido ao Ano Lois foi pola xente que coñecín, ou máis ben por como coñecín á xente, a valía de uns e outros. Con Gonzalo entendínme de entrada, e iso que a proposta era tan importante como arriscada: toda a obra, en castelán, para unha editorial pouco coñecida. Penso que non fixen mala elección. Non sei desde o punto de vista da difusión, non desde o punto de vista persoal que é, a mín -e a Lois- o que me interesa. En persoa -presencialmente- vímonos un par de ocasións. Unha cando a presentación do libro na Cidade da Cultura.

Eu, Paco Barxas, Gonzalo, Roberto Varela, na presentación da Obra Completa

Outra, nunha tarde na Coruña na que fomos peregrinando de bar en bar sen saber como dar por rematada a peregrinaxe e a conversa.

Como de todos os que se van, queda o seu recordo, mesmo en tipos que tratamos pouco, como eu, e no seu caso, un excelente catálogo feito xente rara que escribía moi ben ou de xeito moi interesante, como aquel celso castro, que soamente ao rematar a súa novela se dou conta de que fora o seu compañeiro de pupitre no instituto da Agra do Orzán.

Querería dicirlle todo isto á súa familia, aos seus amigos, á xente que traballou con el. E doume conta de que o único que teño é o seu mail e o número do seu móbil.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Conversas de salón: falando con Luis Tosar no Culturgal sobre ‘Operación E’

11 Venres Xan 2013

Posted by sihomesi in Non sei eu..., TVsihomesi

≈ 1 comentario

Conversa con Luís Tosar, Farruco Castromán e Juan Pablo Caamaño, sobre do filme Operación E, que protagonizan e producen, baseado no secuestro da colombiana Clara Rojas. No Culturgal 2012.

Publicado por X.R.Lois en RedeLibros

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Feliz 2013! (versión pesimista esperanzada)

30 Domingo Dec 2012

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

2013, Ano Novo, Feliz Año, Happy New Year, Nadal, Navidad, Noitevella

(Sobre unha idea de/ou que lle escoitei a @maria_yanez)

(Sobre unha idea de/ou que lle escoitei a/ @maria_yanez)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Feliz 2013! (versión proactiva)

30 Domingo Dec 2012

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

2013, Ano Novo, Feliz Año, Happy New Year, Nadal, Navidad, Noitevella

Aproveitando un cartel que pillei e Twitter (e lamentando non lembrar de quen)

 

Imaxe feita sobre unha collida en Twitter de alguén que lamento non lembrar

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

FISTERRA, TEMOS UN PROBLEMA. Cap 1 de “Prestige. Tal como foi, tal como fomos”

10 Sábado Nov 2012

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Xeral

≈ 6 Comentarios

Etiquetas

chapapote, Mangouras, Nunca Máis, Prestige

Prestige.Tal como foi, tal como fomos. Capítulo 1

Le, difunde, comenta

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

PRESTIGE. Tal como foi, tal como fomos. Axúdanos a escoller a cuberta do libro

29 Luns Out 2012

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 8 Comentarios

Etiquetas

autobombo, Prestige

Galicia primeiro, e de segundo escolle cuberta para o libro que saco sobre o Prestige. É o momento. Galicia decide que cuberta quere. Aos editores que establecen uniteralmente a capa dos libros hai que paralos, facerlles frente. A túa voz é o teu voto. Preme dunha vez, ca…

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O marco incomparable da portada de Feijoo

10 Luns Set 2012

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 4 Comentarios

A portada de La Razón na que saía Alberto Núñez Feijoo…está sacada aquí, preto de Casa Gades. 

Menos mal que escolleron facelo cara o escaparate da esquerda, e non de fondo co escaparate da dereita.

(via Mourullo)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...
← Older posts
Newer posts →

Twitter Updates

  • Miguel Bosé rules! La vacunación se desploma en Madrid y baja también en Andalucía y La Rioja por el rechazo de los… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • Querida Sala VIP del periodismo | Los ofendidos y los humillados @ctxt_es @gerardotc ctxt.es/es/20210401/Po… 1 day ago
  • Twitter lémbrame que hoxe é o 12 aniversario da nosa relación. 2 days ago
  • La información política es cada vez más sutil twitter.com/abc_es/status/… 2 days ago
  • «Galicia é un 5º territorio en recibir fondos europeos nos últimos 25 anos. O que hai que ver é onde se meteron»… twitter.com/i/web/status/1… 2 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    loading Cancelar
    A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
    Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
    Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A %d blogueros les gusta esto: