• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Category Archives: Res Publica

O Motín da Bounty

30 Mércores Dec 2015

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Res Publica

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

BNG, Galicia, nacionalismo, política

Non me gusta a xente que pide que se corten cabezas. Esa circunstancia sempre me acorda a contestación de Pío Cabanillas cando lle dixeron que alguén pedía a súa: “¿Para qué?, ¿para usarla?” Pero agora que están de moda as metáforas náuticas sobre capitáns e grumetes penso que quizais nese barco vaia sendo hora de que fagan caso da suxestión dun amigo meu: os que fixaron o rumbo de derrota (en derrota) deberían ser abandonados nunha dorna con auga e comida para sete días. Como fixeron os amotinados da Bounty coa oficialidade. A diferenza é que na Bounty había un Fletcher Christian.

Mutiny_HMS_Bounty

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

E que morren os votantes

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ 1 comentario

Etiquetas

24M, Alberto Núñez Feijoo, BNG, Concellos, eleccións municipais, Mareas, política, PPdeGalicia, PSOE, resultados electorais

Hai anos, no correspondente repaso poselectoral que facía, concello por concello e alcalde ou responsable político local por etc o daquela presidente do Deputación e do PP de Ourense, José Luis Baltar, mirou as contas dun deles –concello, alcalde ou responsable local- concreto, e pediu explicacións. O interpelado, medio avergoñado, medio cabreado, revolveuse: “É que me morren os votantes, presidente!” Alberto Núñez Feijóo botou man dos clásicos o outro día no comité de dirección do PPdeG para xustificar a derrota —“hostia-hostia”, segundo a definición da politóloga Rita Barberá— das candidaturas conservadoras o pasado domingo 24 de maio. Igual que para aquel alcaldiño ourensán, 186.000 votos e dúas deputacións menos teñen para o presidente do PP de Galicia explicación, en parte, porque neste catro anos morreron 100.000 censados.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

24M, eleccións municiàis, partidos políticos, política, sistema electoral

O da xornada de reflexión é unha de tantas rodas de muiño que tragamos como se fosen requisitos democráticos, cando son usos que quedaron aí non se sabe por que, como o de votar en domingo. (Ben, o de votar en domingo si se sabe por que, en teoría para estimular a participación, e de paso para non ter que pagar as horas). Ninguén necesita un día para reflexionar, e o que todos desexamos, electores e candidatos, e que todo acabe canto antes, yquesealoquediosquiera. En realidade, a xornada de reflexión é de acougo, porque hai quen chega tan disparado ao décimo quinto día da campaña e infinitísimo da precampaña, que se non frea 24 horas pode pasar calquera cousa. Se relacionan a Ada Colau con Bin Laden porque o antigo protexido da CIA e exsocio de Bush tiña un libro de Chomsky, autor que asinou a favor de Barcelona en Comú, alguén pode dicir que Pablo Echenique é un mutante porque vai en cadeira de rodas como o profesor Charles Xavier de X-Men. Pero non está mal ter un tempo para pensar nas eleccións.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

A ver quen manda aquí

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Antón Losada, desigualdade, Florentino Pérez, pobreza, riqueza

Antonte participei na presentación do libro de Antón Losada Los ricos vamos ganando. O título está sacando da frase do multimillonario Warren Buffet, “claro que hai loita de clases. Pero é a miña clase, a dos ricos, a que empezou esa loita. E imos ganando”.  Buffet, que está sempre entre os cinco máis ricos do mundo, afirmou non entender por que a súa secretaria paga un 33% de impostos mentres el, que gana considerablemente máis, non sube do 19% a porcentaxe do que ten que ingresar. O libro de Losada asegura, en liñas xerais, que os ricos fartáronse de ter que subvencionar o estado de benestar, e que a crise non foi un paso en falso do que nos podemos recuperar todos, ou a maioría, antes ou despois. Non, foi un cambio de sistema e as cousas non volverán ser como antes. Ou si, volverán ser como moito antes. Como no tempo dos señores e dos vasalos, e imaxinen que papel lles tocou xogar.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Puljalte, Trillo e as bombas de palenque

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

compatibilidades, corrupción política, Federico Trillo, Martínez Pujalte, Parlamento, PO, política

O dos escándalos de corrupción son como os espectáculos de fogos de artificio. Producen ruído e asombro, parece que acougan, volven con novos bríos, nun momento parece que se repiten pero en realidade son consecuencias dos anteriores… Nos fogos de artificio hai unha traca final, e despois reina a tranquilidade e o silencio, pero a esa fase non chegamos, e temo que non chegaremos. Levamos tempo nun continuo crescendo. Os últimos surfistas que cabalgan nas ondas do escándalo público son os acreditados xuristas Vicente Martínez-Pujalte e Federico Trillo, de acrisolada traxectoria política no Partido Popular, que entre servizo á patria e servizo á cidadanía, déronlle tamén servizo a unha construtora de Valladolid, compatibilizando uns e outros, co correspondente permiso das Cortes Españolas.
Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Rato como malo de novela

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

corrupción, economía, James ellroy, novela negra, política, Rodrigo Rato

O outro día entrevistei a James Ellroy, un dos bótolle que arredor de douscentos xornalistas que o entrevistaron na súa xira ibérica de presentación de Perfidia¸ o seu último libro. Ellroy seduciume como escritor o bastante como para terlle lido todo o que publicou en español, que xa veñen sumando, sen a última, trece novelas, dous libros autobiográficos e tres ou catro recompilacións de relatos breves ou artigos xornalísticos. Como persoa, os seus primeiros 30 anos de vida foi un ser pouco recomendable, por dicilo suavemente, e os trinta e pico seguintes, aínda que os dedique a escribir, quizais non teña mellorado substancialmente, aínda que si socialmente. É á vez un moralista extremo, un asocial militante, e un autor disciplinado que sabe das obrigas das promocións de libros. Non contesta preguntas de política —limitase a definirse de extrema dereita— nin de actualidade. En realidade, moléstalle calquera pregunta que non se refira ao libro que está promocionando. Así que me limitei a comentarlle que a política española sería unha excelente inspiración se algún día quería deixar de ser o demon dog, o can rabioso da literatura que lle encanta facer que é, e prefire ser o demo a secas, un trasno. E iso que cando llo dixen non sabía o da presunta detención de Rodrigo Rato.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

As secuelas de Charlie Hebdo

20 Martes Xan 2015

Posted by sihomesi in Matrix Press, Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Charlie Hebdo, je suis Charlie, liberdade de expresión, política internacional, represión, Terrorismo, yihad

En pouco máis dunha semana, o de Charlie Hebdo pasou a ser dun suceso a motivo dun debate sobre a liberdade de expresión, que algo bo tiña que ter. Iso e as dúas cuncas de caldo que levaron os asasinos, que saíron da redacción berrando “Matamos a Charlie Hebdo” e conseguiron que unha revista que tiraba 50.000 exemplares publicase tres millóns do número seguinte e se esgotase. Parte do mérito –do debate- está na cuadrilla de farsantes de alto rango que acudiron a dar o seu testemuño de solidariedade e de compromiso coa liberdade de expresión manifestándose. Xoias de dirixentes como Benjamin Netanyahu, o primeiro ministro dun país Israel, que ten a dubidosa honra ser o segundo, despois de Siria, no número de xornalistas mortos (7 en Gaza). Tamén estaban os dirixentes do país que máis periodistas encarcera, Turquía, onde en marzo pasado se chegou a prohibir Twitter e YouTube (tamén estaba o presidente do segundo clasificado, Bahrein). E desfilou o primeiro ministro húngaro, Viktor Orban, que axeitou todas as leis como lle conviña, ata o punto que mesmo os EEUU denunciaron un retroceso nos dereitos humanos. Entre outras reformas, anulou a posibilidade de reclamar legalmente que se publiquen informacións sobre o uso de fondos públicos.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Mesa 02002B

27 Martes Mai 2014

Posted by sihomesi in El País, Non sei eu..., Res Publica

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

25M, AGE, Antón Reixa, BNG, EU, Normativa Electoral, Parlamento Europeo, PP, PSOE

A miña xornada como cidadán exemplar que cumpriu cos seus deberes cívicos

 

Mesa B de la sección 002 del distrito 02

 

 

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Reflexione, pero a modo

27 Martes Mai 2014

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

25M, Atlético de Madrid, Champions League, Eleccións Europeas, futbol, Ley Electoral, Parlamento Europeo, Real Madrid

Hoxe é o día de reflexión. Pode pensar se esta noite, fronte ao televisor, vai optar polo fair play e manterse fiel ao seu equipo de sempre, ou berrar a favor do equipo menos contrario ao seu. E tamén pode reflexionar sobre a quen votar mañá. Ou pode facer como aconsellan nas películas de Hollywood: déixese levar polo corazón, sinta a Forza, non as pense. Andar razoando é de débiles e de europeos.

         No do fútbol é inevitable comportarse como lle aconsellaba o mestre Yoda a Luke Skiwalker. Non hai raciocinio nin tales carneiros. Se non podes ver ganar o teu equipo, polo menos que perda o teu anti-equipo. Por un lado non parece propio un comportamento dunha mente moi equilibrada, pero por outra quizais ese desafogo evite ter que andar botando na auga da traída prozac ou calquera outro antidepresivo en cantidades similares ás de cloro ou o que sexa que lle botan. En política, o elector español medio ten unha conduta cuspida a do afeccionado futbolero: é dun equipo por razóns que a razón non entende, e se non pode ver ganar a seu equipo, e non se ve capaz de votalo, como moito queda na casa, pero ante todo, o que quere é que perda o contrario.

“A obscenidade! a obscenidade!” dixo Kurtz

         A comparación entre fútbol e política é obvia, pero non tanto cando se enfrontan as seleccións das respectivas federacións, as chamadas seleccións nacionais, senón nas propias ligas. A liga e a política españolas son cousa de dous, todo está polarizado arredor deses dous e o reparto dos cartos que xera o espectáculo vai fundamentalmente a eses dous. A diferencia é que no fútbol as normas están claras para todos, e como moito hai polémica sobre como se aplican en concreto. Nas convocatorias electorais, a normativa parece que ten días. Por exemplo, a Lei Electoral estableceu que para garantir a igualdade de oportunidades e a pluralidade, os espazos gratuítos nos medios públicos, eses nos que van os anuncios que fan os partidos –algúns tan divertidos-, se adxudicasen segundo os resultados das eleccións anteriores. De entrada, se lle dan vantaxe ao que ganou antes, non lle vexo a igualdade por lado ningún, pero o pavero do caso é que a Lei en ningún caso falaba da información electoral, é dicir, das noticias que os periodistas fan sobre o que pasaba na campaña. Pero entre que aos partidos lles gusta protestar e aos xuíces decretar, chegamos á situación actual na que é un grupo de señores que non sabe nada de información o que di sobre quen, canto e en que orde hai que informar. Iso si, deixan o “que” e o “como” libres.

         O absurdo chegou na campaña que rematou onte. As Xuntas electorais, provincial primeiro e central logo (esta a instancias dun partido centralista no sentido máis despectivo do termo, que non conseguiu en Galicia máis que 14.000 votos e un concelleiro que acabou botando, con  B) decretaron que para os periodistas dos medios públicos galegos, o BNG era inexistente.  Fixérono segundo unhas contas que ninguén discute, como ninguén lle discutía a Zenón de Elea aquel razoamento seu polo que Aquiles nunca daría collido á tartaruga. O soño dalgúns razoamentos produce monstros. A este había que chamalo censura.

(La Opinión de A Coruña 24/05/2014)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Postais de campaña

20 Martes Mai 2014

Posted by sihomesi in Kinopravda, Res Publica

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

Campaña Europeas, candidatos, fans, Feijoo, Millán Mon, política, PP

Feijoo en Carballo

Feijoo en Carballo

Millán Mon na Coruña

Millán Mon na Coruña

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...
← Older posts

Twitter Updates

  • Ecocinismo | a columna en @laopinioncoruna. laopinioncoruna.es/opinion/2019/1… E a maiores, 87 millóns de presuposto, mentres… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • Menú do día. Monforte. https://t.co/lMn4Q6812w 1 day ago
  • RT @RTVEGalicia: 🎸🎤 #ROCKBRAVÚ | 25 anos do Manifesto Bravú, que falaba da vida na aldea sen renunciar á modernidade | Hoxe, primeira das c… 3 days ago
  • RT @ctxt_es: Votamos al soso "Es natural y legítimo tener una propia visión de cómo debería ser el tetris del gobierno de España, pero sin… 3 days ago
  • RT @elenagallegoab: Onde está o avó? Velaquí a miña reportaxe sobre os avós perdidos no #ValledeLosCaídos no #Luzes74 @RevistaLuzes @ARMH_M… 3 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: