• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Category Archives: O que veña 2012

Eleccións galegas de outubro de 2012

Reflexións pre-resultados do 21-O.

21 Domingo Out 2012

Posted by sihomesi in O que veña 2012, Res Publica

≈ 13 Comentarios

Etiquetas

AGE, Anova, Beiras, BNG, Compromiso por Galicia, Eleccións galegas 2012, PP, PSdeG- PSOE

  • “Vou dar un prognóstico: pode pasar calquera cousa” (Roy Atkinson, adestrador de fútbol).
  • Esta vai ser a primeira vez na que se dá construído unha alternativa (nunca mellor dito) política neses quince días de ruído inútil que vén sendo unha campaña electoral, como vai ser no caso de AGE.
  • O BNG terá que reflexionar por que, cun discurso similar ao seu, unha nova forza política compite con tanto éxito nos seus caladoiros.
  • Tamén a EU non lle viría mal pensar as razóns de por que ata agora non se comeran unha rosca e agora fano cun discurso máis radical.
  • E xa metidos en fariña de cavilar, en Compromiso conviría que analizaran os motivos polos que, sendo a proposta menos redundante, a que en teoría vén a encher un espazo político que non está cuberto, foi a que menos logrou comunicar o seu proxecto á cidadanía (a maiores da obvia de ter ou poñer moitos menos medios).
  • “Os franceses fan folga os luns porque sube o pan; os martes maniféstanse porque ganan pouco; os mércores protestan pola falta de liberdades… E o domingo votan á dereita”. François Mitterrand

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Colgados nas farolas

16 Martes Out 2012

Posted by sihomesi in O que veña 2012, Res Publica, Si home si

≈ 3 Comentarios

No comezo desta etapa da democracia en España, que como se nota polas formas, foi hai pouco máis de trinta anos, as esquerdas e as dereitas queixábanse de que a maioría dos votos fosen para o centro de Adolfo Suárez porque era guapo. Así, ao bruto, podíaselles dar a razón, porque analizando os respectivos espectros (con perdón), na esquerda arrastraba moito máis o punto de cantante latino de Felipe González que a traballada experiencia de Tierno Galván ou Santiago Carrillo, e Suárez ben máis que Fraga e a súa tropa de vellos coñecidos do NO-DO. Por esa razón Julio Anguita teimou logo no de “programa, programa, programa”, que ironicamente acabou sendo un slogan, o contrario do que pretendía, que era un chamamento a que o electorado atendese ao fondo das ofertas, ao que había dentro do paquete, e non ao debuxo de fóra.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Tanto ruído para tan poucas noces (A enquisa do CIS)

16 Martes Out 2012

Posted by sihomesi in O que veña 2012, Res Publica, Si home si

≈ 2 Comentarios

Eu cunha enquisa gozo tanto como un neno cunha chea de rotuladores gordos e unha parede branca. Como non teño nin idea de analizalas probablemente se hai algún sociólogo na sala teña a mesma reacción que o pai ou dono da parede branca, pero de verdade que o paso ben debullándoa, e máis se é das agardadas, como a que sacou o CIS sobre as eleccións galegas a mesma mañá da resaca da pegada de carteis. E que debeu sentar aos resacosos, políticos e xornalistas, como un baño de auga fría. Tanto ruído todos estes meses para que quede todo practicamente como estaba, coas mesmas noces que había máis Beiras.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Bodegón

24 Luns Set 2012

Posted by sihomesi in Kinopravda, O que veña 2012

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

21O, Eleccións galegas 2012

 

Beatriz Mato e María Faraldo, de precampaña na feira de Miño o 23/9/2012 (foto Partido Popular)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O horror, o horror (as listas)

20 Xoves Set 2012

Posted by sihomesi in El País, O que veña 2012

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Anova, BNG, Compromiso por Galicia, Eleccións galegas 2012, Feijoo, PP, PSdeG- PSOE

Con todos os respectos aos amigos que van nelas, confirmando a tendencia destes últimos anos estas deben ser as listas máis ruinciñas que recordo. Non sei se é que a xente xa non se apunta ou que.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • Miguel Bosé rules! La vacunación se desploma en Madrid y baja también en Andalucía y La Rioja por el rechazo de los… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • Querida Sala VIP del periodismo | Los ofendidos y los humillados @ctxt_es @gerardotc ctxt.es/es/20210401/Po… 1 day ago
  • Twitter lémbrame que hoxe é o 12 aniversario da nosa relación. 2 days ago
  • La información política es cada vez más sutil twitter.com/abc_es/status/… 2 days ago
  • «Galicia é un 5º territorio en recibir fondos europeos nos últimos 25 anos. O que hai que ver é onde se meteron»… twitter.com/i/web/status/1… 2 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A %d blogueros les gusta esto: