• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Category Archives: Si home si

E que morren os votantes

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ 1 comentario

Etiquetas

24M, Alberto Núñez Feijoo, BNG, Concellos, eleccións municipais, Mareas, política, PPdeGalicia, PSOE, resultados electorais

Hai anos, no correspondente repaso poselectoral que facía, concello por concello e alcalde ou responsable político local por etc o daquela presidente do Deputación e do PP de Ourense, José Luis Baltar, mirou as contas dun deles –concello, alcalde ou responsable local- concreto, e pediu explicacións. O interpelado, medio avergoñado, medio cabreado, revolveuse: “É que me morren os votantes, presidente!” Alberto Núñez Feijóo botou man dos clásicos o outro día no comité de dirección do PPdeG para xustificar a derrota —“hostia-hostia”, segundo a definición da politóloga Rita Barberá— das candidaturas conservadoras o pasado domingo 24 de maio. Igual que para aquel alcaldiño ourensán, 186.000 votos e dúas deputacións menos teñen para o presidente do PP de Galicia explicación, en parte, porque neste catro anos morreron 100.000 censados.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

24M, eleccións municiàis, partidos políticos, política, sistema electoral

O da xornada de reflexión é unha de tantas rodas de muiño que tragamos como se fosen requisitos democráticos, cando son usos que quedaron aí non se sabe por que, como o de votar en domingo. (Ben, o de votar en domingo si se sabe por que, en teoría para estimular a participación, e de paso para non ter que pagar as horas). Ninguén necesita un día para reflexionar, e o que todos desexamos, electores e candidatos, e que todo acabe canto antes, yquesealoquediosquiera. En realidade, a xornada de reflexión é de acougo, porque hai quen chega tan disparado ao décimo quinto día da campaña e infinitísimo da precampaña, que se non frea 24 horas pode pasar calquera cousa. Se relacionan a Ada Colau con Bin Laden porque o antigo protexido da CIA e exsocio de Bush tiña un libro de Chomsky, autor que asinou a favor de Barcelona en Comú, alguén pode dicir que Pablo Echenique é un mutante porque vai en cadeira de rodas como o profesor Charles Xavier de X-Men. Pero non está mal ter un tempo para pensar nas eleccións.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Reválida

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Avaliación, Educación, LOMCE, reválida, Wert

Se me permiten unha confesión, das peores situacións que recordo, cando máis dúbidas me atravesaron e máis considerei que que porra de mundo este, foi unha cando tiña quince anos. Non falo dos malos tragos da vida, senón desas situacións nas que tomar unha decisión é como escoller entre o risco de gangrena ou quedar sen perna (pode parecer esaxerado, pero era o acaído no contexto das miñas lecturas xuvenís: Jack London, Salgari, Stevenson ou o Capitán Marryat). Paseinas parecidas cando tiven que decidir, xa de adulto, entre varias opcións profesionais, ou se mudarme de casa. Pero nada comparable aos suores, noites en vela e anos de vida noviña que perdín mentres me decidía se me presentaba á revalida de sexto de bacharelato.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

A ver quen manda aquí

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Antón Losada, desigualdade, Florentino Pérez, pobreza, riqueza

Antonte participei na presentación do libro de Antón Losada Los ricos vamos ganando. O título está sacando da frase do multimillonario Warren Buffet, “claro que hai loita de clases. Pero é a miña clase, a dos ricos, a que empezou esa loita. E imos ganando”.  Buffet, que está sempre entre os cinco máis ricos do mundo, afirmou non entender por que a súa secretaria paga un 33% de impostos mentres el, que gana considerablemente máis, non sube do 19% a porcentaxe do que ten que ingresar. O libro de Losada asegura, en liñas xerais, que os ricos fartáronse de ter que subvencionar o estado de benestar, e que a crise non foi un paso en falso do que nos podemos recuperar todos, ou a maioría, antes ou despois. Non, foi un cambio de sistema e as cousas non volverán ser como antes. Ou si, volverán ser como moito antes. Como no tempo dos señores e dos vasalos, e imaxinen que papel lles tocou xogar.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Puljalte, Trillo e as bombas de palenque

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

compatibilidades, corrupción política, Federico Trillo, Martínez Pujalte, Parlamento, PO, política

O dos escándalos de corrupción son como os espectáculos de fogos de artificio. Producen ruído e asombro, parece que acougan, volven con novos bríos, nun momento parece que se repiten pero en realidade son consecuencias dos anteriores… Nos fogos de artificio hai unha traca final, e despois reina a tranquilidade e o silencio, pero a esa fase non chegamos, e temo que non chegaremos. Levamos tempo nun continuo crescendo. Os últimos surfistas que cabalgan nas ondas do escándalo público son os acreditados xuristas Vicente Martínez-Pujalte e Federico Trillo, de acrisolada traxectoria política no Partido Popular, que entre servizo á patria e servizo á cidadanía, déronlle tamén servizo a unha construtora de Valladolid, compatibilizando uns e outros, co correspondente permiso das Cortes Españolas.
Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Rato como malo de novela

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

corrupción, economía, James ellroy, novela negra, política, Rodrigo Rato

O outro día entrevistei a James Ellroy, un dos bótolle que arredor de douscentos xornalistas que o entrevistaron na súa xira ibérica de presentación de Perfidia¸ o seu último libro. Ellroy seduciume como escritor o bastante como para terlle lido todo o que publicou en español, que xa veñen sumando, sen a última, trece novelas, dous libros autobiográficos e tres ou catro recompilacións de relatos breves ou artigos xornalísticos. Como persoa, os seus primeiros 30 anos de vida foi un ser pouco recomendable, por dicilo suavemente, e os trinta e pico seguintes, aínda que os dedique a escribir, quizais non teña mellorado substancialmente, aínda que si socialmente. É á vez un moralista extremo, un asocial militante, e un autor disciplinado que sabe das obrigas das promocións de libros. Non contesta preguntas de política —limitase a definirse de extrema dereita— nin de actualidade. En realidade, moléstalle calquera pregunta que non se refira ao libro que está promocionando. Así que me limitei a comentarlle que a política española sería unha excelente inspiración se algún día quería deixar de ser o demon dog, o can rabioso da literatura que lle encanta facer que é, e prefire ser o demo a secas, un trasno. E iso que cando llo dixen non sabía o da presunta detención de Rodrigo Rato.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Biblioteca Lois Pereiro

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

AELG, Biblioteca Municipal, Cultura, Día das Letras, escritores, literatura galega, Lois Pereiro, Manuel Rivas, Monforte de Lemos, poesía

Hoxe andarei por Monforte, porque alí aínda é Ano Lois Pereiro. Éo nos corazóns —ou na víscera onde cada quen faga residir a emoción— de moita xente, pero na cidade onde el naceu éo oficialmente, por decisión do Concello, e hoxe celébrase o acto polo que a Casa da Cultura e a Biblioteca se chamarán desde agora Poeta Lois Pereiro.

Foto Carlos Cortés. La Voz de Galicia

A mesma Casa da Cultura onde tivo lugar a sesión solemne da Real Academia do Día das Letras Galegas, hai catro anos, naqueles días nos que lle acabei collendo algo de manía ao meu irmao pequeno de tanto traballo que deu. O de hoxe será algo máis sinxeliño. Acudiremos unha requitropa —que é a monfortina expresión para culimaia, ou rabaño máis ou menos humano— de persoas, diremos cousas, agardo que breves, e hala, a facer tempo ata a noite a escoitar a Vera Lynn e a Tres Trebóns.

Biblioteca Lois.B

Ben, antes do “hala!”, a familia daremos uns libros deses que son difíciles de atopar.  Un facsímile, a obra completa bilingüe e dúas traducións da poesía completa, á que fixo ao inglés Jonathan Dunne e a que fixo ao búlgaro Tsvetanka Elenkova.

Loia 4

Cuberta tradución bulgaro

A importancia do inglés non fai falta que a proclame eu, xa se encargan as autoridades educativas deste país, pero no que atinxe ao búlgaro, a min paréceme que calquera biblioteca que se prece debe contar nos seus andeis con edicións en búlgaro, ou en finés, ou lingua así. Pero sobre todo, nestes tempos nos que o acceso ao coñecemento, ou polo menos á información é ben doado, calquera biblioteca debe contar con libros. As bibliotecas están ben para traballar sen ceder as distraccións, para acceder a internet quen non o teña na casa, ou para consultar datos inasequibles por outros medios. Pero unha biblioteca é para ler libros nela, en recollemento colectivo, ou levalos para casa a desfrutalos a soas.

Cando Lois e eu eramos nenos, os libros entraban na casa nos santos, nos aniversarios, e nos desprazamentos por cuestións médicas, fundamentalmente —ai!, e ese “ai!” non é retórico— ao dentista. Pero entre cumpreanos, empastes e revisións oculares, estaba a biblioteca da Caixa, e alí Julio Verne, Salgari, e unha chea de refuxios, tropicais ou glaciares para as tardes de néboa ou de aburrimento. Supoño que os políticos devecen por ter rúas e prazas co seu nome, barcos de guerra ou acordos de paz. Tanto que mesmo lles poñen a placa en vida, o que se sabe se evidencia máis os méritos dun ou o peloteo dos outros.
FullSizeRender

Pero para un escritor, que mellor que unha biblioteca, unha das trincheiras que nos van quedando contra a barbarie ilustrada —ilustrada non porque ilustre, senón porque ten “santos”, imaxes—. Tampouco está mal que che dediquen un colexio, pero o malo dos centros do ensino é que as experiencias son daquela maneira, e sempre corres o risco de escoitar: “cada vez que me lembro do Otero Pedrayo danme ganas de converterme nun asasino en serie”, sen que o pobre don Ramón teña culpa ningunha. O peor que che pode ocorrer nunha biblioteca é que sexan pouco delicados lembrando que hai un ano que tes un libro na casa. Polo demais, como lle escoitei unha vez ao irmán Rivas citar a René FullSizeRender2Char: “Dans mon pays, on dit merci”. No meu país danse as grazas.

 

(La Opinión de A Coruña 11 de abril de 2011)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Os 10 minutos de Andreas Lubitz

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

accidentes aéreos, Andres Lubitz, catástrofes, Germanwings, pilotos, suicidios, traxedias

Dez minutos foi o tempo no que o Airbus 320-211, pasou de ser un avión de pasaxeiros normal, un dos milleiros que fan o servizo de transporte entre puntos máis ou menos distantes do mundo todos os días, o voo GWI9525 de Barcelona a Düsseldorf, a converterse nunha traxedia tan terrible como inexplicable, e sobre todo pasou de ser a ferramenta de traballo dun individuo de 27 anos que, exteriormente, tíñao practicamente todo para ser unha persoa satisfeita, a ser o instrumento de autodestrución máis estarrecedor e atroz dos que se poden imaxinar.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Eclipse

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

astronomía, ciencia, eclipse

Esta mañá (a de onte para vostedes, e case para min) foi case desas de Día-D. E todo polo eclipse. O elemento cativo da casa estaba tan emocionado co asunto, que ata estaba absolutamente convencido de que era día festivo non polo traslado do santo de seu pai —e de máis da metade da poboación masculina e parte da feminina da idade de seu pai— nin polo do día dedicado ao proxenitor macho, senón polo fenómeno celeste. Mesmo levaba días interrogando aos maiores da unidade familiar sobre se fixeramos acopio das lentes pertinentes.

 

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Poli bueno, poli malo

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

asuntos internos, chantaxe, cloacas do Estado, Comisario Villarejo, delitos de policias, escándalos políticos, escoitas ilegais, extorsión

Á hora de analizar como nos vai pódese botar man das estatísticas do INE, e comprobar que o produto interior bruto, o que os economistas de levita chamaban a riqueza dun país, experimento no terceiro trimestre de 2014 un sólido aumento interanual do 1,6% en España, mentres en Galicia é como se non fixera nada: subiu un 0,4%. Se en 2014 se crearon en España 434.000 empregos, un 2,5% máis (aínda que boa parte sexan de dúas horas á semana), en Galicia non se creou ningún e mesmo se perderon 2.000 postos de traballo. Pero non fai falta botar man dos números, incluso de números que agachan traxedias humanas detrás. Miremos as miserias humanas cara a cara e vexamos que non hai comparación posible ningunha.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...
← Older posts

Twitter Updates

  • Esta tarde temos cita en #Guitiriz. Mágoa que coincida coa homenaxe merecida a Pedro Sosa. Unha aperta aos seus col… twitter.com/i/web/status/1… 6 hours ago
  • RT @StrangeLetrado: Vamos a ver si contando la historia como un cuento para tontos, no damos cuenta de lo que pasó con lo del Arandina. At… 6 hours ago
  • RT @ChalecosAmarill: 📽🆘️IMPERDIBLE || #EEUU ✔Los compañer@s @codepink ¡LO VOLVIERON HACER! dejaron al fascista de Camacho al descubierto… 6 hours ago
  • RT @RevistaLuzes: Ao final da cea mesmo hai brindes e tempo para sucedidos do @Rivasbarrs https://t.co/F29We5qcFE 7 hours ago
  • RT @RevistaLuzes: En Luzes tamén facemos cea de familia polo nadal 😊 aínda que non estamos todos 😜 https://t.co/zWuquUuv7k 7 hours ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: