• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Category Archives: Xeral

Ooola, outra vez

01 Luns Xuñ 2015

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Uncategorized, Xeral

≈ 17 Comentarios

Etiquetas

blog, sihomesi, Xosé Manuel Pereiro

OoolaHai hoxe dez anos empezaba eu este Sihomesi.com. Curiosamente, había eleccións, e como xa dixen algunha vez, a maiores de seguir a moda de ter un blog, pensei que facer un habíame de quitar o traballo de escribir unha columna de prensa. “Textos fragmentarios, primeiras impresións, cousas máis acaídas á web, que podo ir ceibando ao ritmo da campaña”, dixen para min. Pasei o mesmo traballo e multipliqueino por tres. Escribir as columnas, actualizar o blog e interactuar cos queridos comentaristas.

Dez anos despois, os blogs xa están menos de moda que as chaquetas con ombreiras e eu teño moi descoidada a leira esta, e por moito que me poña a dicir que me vou emendar, pois eu que sei, ao mellor si, e ao mellor non. Pero levo metidos 1.096 Artigos e vostedes 5.952 Comentarios. E coñecín a xente marabillosa gracias ao blog, como a Alfonso Pardo, ou Caralladas29, ou Eduardo, e en parte a Mourullo (aínda que xa o coñecía como o analista chamado Aristides Wrangler), e aínda me quedan por coñecer a Xaquín e a Álvarez o de Vigo. E aquí recuperei a vellos amigos como eSedidió, e moita máis xente que me esquezo. Así que isto que comezou e seguíu) gracias á axuda dos Yang (Berto e María Yáñez) non me peta pechalo porque non estea de moda ou dea traballo, dúas escusas de xente frouxa e blandengue, segundo a taxonomía de El Fary.

E por unha vez que me acorda o aniversarios (iso é mentira, acordoulle a Mourullo, que é o home que sempre está aí. Onde? non se sabe pero aí, onde fai falta que estea), pois celébroo. Heino celebrar cunhas cañas que debo.

Pero de momento, un concursete:

2015-05-27 16.07.03

  1. Onde se celebra ese xantar?
  2. A que veñen as risas?

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

El juicio que parió un ratón

06 Venres Dec 2013

Posted by sihomesi in Xeral

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Aznar, Diario PÚBLICO, Fraga, marea negra, Prestige, sentencia, xustiza

Captura

Fue hace exactamente 11 años, otro 13 de noviembre. Unos 1.600 kilómetros de las costas gallegas, del Cantábrico y del oeste atlántico francés, alicatadas de chapapote. Cerca de 20.000 marineros, mariscadores o armadores damnificados. Una movilización humana y de medios sin precedentes (se calcula que, solo voluntarios, hubo 120.000, que hicieron 353.556 jornadas de trabajo. Se agotaron los monos y hubo que buscar contenedores hasta en Ceuta y Melilla). Entre unas cosas y otras, una factura, según el cómputo del Estado español, de 4.338 millones de euros.

Y para responder de todo ello, otro 13 de noviembre, el de 2012 (si otros magistrados tienen un sentido arácnido para lo mediático, Juan Luis Pía lo tiene para lo simbólico) se sentaron en el banquillo de los acusados de la Audiencia de A Coruña tres jubilados de más de setenta años: el capitán del barco, Apostolos Mangouras, su jefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, ambos griegos, y el exdirector de Marina Mercante del Gobierno de Aznar José Luis López-Sors. Como si en Núremberg hubiesen juzgado como causante del Holocausto al suministrador del gas. Simbólicamente, claro: con esas edades, nadie irá a la cárcel.

El primer despropósito ni siquiera es imputable al Prestige. Si quemas una imagen del Rey, aunque sea un sello postal, el tribunal encargado del presunto delito no es el juez natural del lugar donde ha tenido lugar el acto pirómano, sino la Audiencia Nacional. Si coges un petrolero con un agujero y lo paseas delante de la costa a modo de regadera hasta que se hunde, el que entiende del asunto es -en este caso- el titular del Juzgado de Instrucción número 1 de Corcubión (no hay número 2). O más bien, los titulares, porque los sucesivos jueces, en cuanto llegaban al que fue el puerto comercial de la Costa da Morte (mil y pico habitantes), lo primero que hacían, a pesar de lo bonito de la villa, era echar la instancia de petición de nuevo destino, para no tener que asumir la instrucción de un sumario que duró nueve años.

En la vista oral, que le costó millón y medio de euros a la Xunta de Galicia, estaban personadas 2.000 partes (algunos abogados cobraban por hora lo que cuesta un pleito medio en España) y prestaron declaración 200 testigos o peritos. Al finalizar la vista, el propio juez Juan Luis Pía se sinceró con los periodistas y dijo que echaba de menos a gente en el banquillo: cargos públicos y personas del entorno de la armadora.

De lo que hablamos cuando hablamos de armadora es de un conjunto de empresas volátiles. Universe Maritime, con sede en Atenas y propiedad de Efi Moulopoulos, señora de Coulouthros, era la sociedad gestora del petrolero, pero el Prestige en sí era -la única- propiedad de Mare Shipping, una sociedad liberiana que se supone tiene los mismos dueños. (Otra rama de la familia política, la Coulouthros Ltd., con sede en Londres, era la que gestionaba el Mar Egeo, embarrancado e incendiado en la entrada a A Coruña en 1992 con 80.000 toneladas de crudo).

La carga del Prestige no era griega. Era de Crown Resources, una de las sociedades de Alfa Group, un holding propiedad de un oligarca ruso, amigo de Vladimir Putin, Mikhail Maratovich Fridman, aka “Misha”, aka Mikhail “Grâznyj” (“Sucio”, desconozco a que se puede deber ese apodo en ese ambiente). Al lado de todo esto, las instituciones españolas mostraron la diligencia de un convento de clarisas ante la invasión de los normandos. La costa gallega tiene la mitad de los kilómetros del total de la española y está frente a una de las autopistas marinas más transitadas, pero no tenía un remolcador de salvamento del ministerio de Fomento.

El que había en el norte tenía base en Gijón, donde de vez en cuando auxiliaba a algún yate o a un pesquero, y en Finisterre había uno subcontratado, con opción de hacer trabajos privados. En efecto, en los primeros momentos, no hubo actividad casi tres horas mientras se negociaba un rescate privado. En el gabinete de crisis no tenían cartas marinas y disponían barreras con rotuladores de trazo grueso sobre un mapa de carreteras preGPS como el que ustedes y yo llevábamos en la guantera del coche (en un ejercicio de optimismo: solo había ocho kilómetros de barreras). Como es sabido se escogió alejar el barco, en contra de lo que establecía el protocolo de emergencia aprobado hacía un año, por un dictamen de los expertos. Dictamen obtenido en dos llamadas telefónicas de diez minutos de duración en conjunto.

Curiosamente, después de ese despliegue de eficacia, todos ascendieron. Bueno, menos Paco Álvarez Cascos (al que se le atribuye la frase mítica “que lo lleven al quinto pino”, que otros historiadores citan como “Ese barco, que se vaya a tomar por culo”) y Jaume Matas, por sus respectivas malas cabezas. El resto, todos. El delegado del Gobierno, Arsenio Fernández de Mesa, que tan gallardamente ponía rostro a decisiones como “que lo alejen a 120 millas y después no es problema nuestro”, es ahora Director General de la Guardia Civil.

El entonces ministro de Agricultura y Pesca, Miguel Arias Cañete, que ocho horas después de que el chapapote asaltara Muxía y cientos de kilómetros de costa declaraba que “la rápida actuación de las autoridades ha evitado una marea negra” (nota: entonces ya había móviles), es ahora Ministro de Agricultura y Pesca. El vicepresidente al que el presidente Aznar mandó a Galicia para dar la cara y consagrarse con aquello de los “hilillos de plastilina” es ahora el presidente Mariano Rajoy. Incluso una de aquellas chicas de Urdaci que aterrizaron entre tanta negrura, Letizia Ortiz, es ahora princesa. Como decía otro griego -que no era armador- Aristófanes, la virtud sale a la luz en las adversidades.

PÚBLICO 13/11/2013

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Artic Sunrise

24 Xoves Out 2013

Posted by sihomesi in Xeral

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Artic Sunrise, Artico, ecoloxía, ecosistema, Greenpeace, petróleo

A estas horas, ou polo menos hoxe, porque debe haber unhas catro horas de adianto, xulgan en Mursmank, a 30 activistas de Greenpeace detidos a bordo do Artic Sunrise a mediados de setembro polos gardacostas rusos cando trataban de interferir nos traballos dunha plataforma petrolífera no mar de Pechora, no Ártico, propiedade de Gazprom. Seguro que a empresa lles soa, e non porque teñan repostado gasolina nunha estación de servicio desa marca.

Artic Sunrise

Os activistas, de 16 nacionalidades distintas, foron acusados en principio de piratería, un delito castigado ata con 15 anos de cárcere, pero logo mesmo Vladimir Putin o descartou, aínda recalcando que o sistema xudicial é independente, así que a fiscalía decidiu onte de forma independente acusalos de vandalismo, que se amaña con penas que van dunha multa a sete anos (se rompes os cristais dunha ventá cunha oxiva nuclear, supoño). Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O día no que Lois Pereiro e Xosé Díaz Castro se desvirtualizaron

22 Sábado Xuñ 2013

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 1 comentario

Etiquetas

cultura galega, Día das Letras Galegas, Galicia, Lois Pereiro, poesía, Real Academia Galega, Xosé Díaz Castro

A edición orixinal de Nimbos, a de 1961, estaba na casa, con aqueles gravados en negro tan contundentes que deixaban a súa pegada máis aló da tinta, naquel papel que recordo distinto do habitual nas publicacións de Galaxia, con aquel olor característico dos libros impresos de entón. NimbosDebía estar na casa como un dos derrelictos do naufraxio de Manuel Rivas e meu como vendedores de libros na facultade de Ciencias da Información ou máis posiblemente como adquisición de Lois na librería Xistral que tiñan Manuel María e Saleta nas galerías Fontecha de Monforte. 

O caso é que para min, que daquela aínda me esforzaba ben por ser lector de poesía, como para Lois, que xa entón era un devorador omnívoro, pero sobre todo de poesía, aquel libro dun estraño autor do que non sabiamos moito era un dos poemarios de cabeceira.

Tempo despois, Lois estaba cun amigo -posiblemente Fernando Saco- nun dos bares do barrio do Paseo de Extramadura no que acabamos vivindo en Madrid. Non nos bares que máis ou menos frecuentabamos, no propio Paseo, senón nun deses perdidos no medio da chea de rúas todas iguais e todas distintas que había á esquerda segundo se colle para Estremadura (á dereita estaba e supoño que está o suburbano e a Casa de Campo), e ao que chegaron para tomar algo no medio dunha sesión de flaneo.

No medio da conversa, un señor que os escoitaba falar, preguntoulles retóricamente se eran galegos. Entre que estudiades e que facedes, xurdiu o tema da literatura. Que libros ou que autores che gustan?, preguntoulle o home. Lois, foille dando nomes de libros e autores, e citou Nimbos de Xosé Díaz Castro. “Eu son Xosé María Díaz Castro”, dixo o home.

Non fai falta que pasara nunha pulpería no extrarradio de Bos Aires e non nun bar deses de “al fondo hai sitio, caballeros! una cañita?” e onde hai sangue callado e zarajos de tapa para que o conto teña un aire borgiano. Tampouco a evidente similitude dun rapaz políglota (pero menos) que puía versos como precisos e fermosos como agullas mentres traducía capítulos de Kung Fu ou o Espantallo e a Sra King, ou películas porno, e o profesor políglota (este si) e xefe de documentación do Instituto de Frío do CSIC que traducía literatura sueca e Selecciones del Reader’s Digest mentres plasmaba as súas dúbidas de crente e a súa nostalxia da Terra en versos perfectos coma sucos.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

FISTERRA, TEMOS UN PROBLEMA. Cap 1 de “Prestige. Tal como foi, tal como fomos”

10 Sábado Nov 2012

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Xeral

≈ 6 Comentarios

Etiquetas

chapapote, Mangouras, Nunca Máis, Prestige

Prestige.Tal como foi, tal como fomos. Capítulo 1

Le, difunde, comenta

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Adeus, don Isaac

06 Venres Xan 2012

Posted by sihomesi in Si home si, Xeral

≈ 4 Comentarios

Etiquetas

Isaac Díaz Pardo

©Xurxo Lobato

O noso Steve Jobs

 Quizais haxa quen se escandalice por comparar a Isaac Díaz Pardo co fundador de Apple. Desde eses ánimas benditas desas que pensan de verdade que os aparellos que facía a empresa da mazá mordida lles cambiaron a vida, ata os que consideren un sacrilexio comparar a un referente da cultura galega con un capitán de empresa ianqui. E por ampliar o círculo de escandalizables, diría que Díaz Pardo superou a Jobs, e non polo deteriorado argumento de que era noso. Pero a semellanza entre o creador de Sargadelos e o do iPhone é obvia, como me dixo Berto Yáñez, que xa a usaba onte cando lle pedían a súa opinión sobre o ilustre falecido.

Máis aló de freudianismos elementais e igual de obvios como que Jobs era fillo dun pai que fuxiu, e Díaz Pardo fillo dun pai que lle mataron cando era un rapaz, os dous conseguiron facer reais os seus soños. Por se os devotos dos aparatos i-algo o ignoran, as pezas de Sargadelos e/ou O Castro foron, nos anos 70 e 80, na compaña do televisor, a lavadora e os teléfonos que non eran de baquelita negra, o signo da modernidade e da distinción das clases medias, baixas ou altas, e arredores. E tamén de orgullo de galeguidade, en tempos nos que non había medo de ser galego de máis. Mesmo había certas discusións teórico-estéticas (sen chegar á virulencia Android-iPhone) sobre se as de Sargadelos eran máis vangardistas e as de O Castro máis distinguidas (aínda que menos fáciles de lavar). E se alguén o dubida, que quite os cascos e lle pregunte á súa nai/avoa se é certo que as producións de don Isaac lle resolveron ou non unha chea de regalos de voda e outros compromisos sociais.

Pero, fóra de coincidir no éxito en dar realizado os seus desexos e de fabricar e vender gadgets bonitos e funcionais, electrónicos ou de louza, hai unha diferenza entre Díaz e Jobs. A favor do noso home o que, contaxiado polas homenaxes, chamaría vontade de transcendencia (o que chamaría espírito de servizo ou devoción á causa se non fosen expresións deturpadas). A idea de que fas o que tes que facer, o mellor que sabes facelo, porque é o que hai que facer. Aínda que, ás veces, non sexa o que che conviría facer. E tamén hai unha diferenza entre o nibelungo do Castro de Samoedo (Sada) e o naturista de Cupertino (California). Jobs estivo no medio idóneo para desenvolver os seus proxectos, o que non quere dicir que lle resultase doado, e Díaz Pardo tiña todo en contra, quitado a colaboración dalgúns amigos. E iso é o que fai a súa perda máis dura. Con el vaise aquela época en que fomos capaces de facer algo. Hai xente entre nós capaz de facer cartos (refírome honradamente, cos outros sistemas, hai demasiados), pero sen ese desexo de facer outra cousa que cartos que tivo aquela xente. Xente na que os propósitos de colaborar en que o mundo sexa mellor residen nas declaracións dos seus gabinetes de relacións públicas ou nos seus departamentos de publicidade, non entre os elementos cos que constrúen os seus proxectos.

E tamén se foron con el (case o mesmo día que morreu Castelao) aqueles tempos e aquelas xentes que, con todos os defectos que se queiran, querían tender pontes para que os outros se sumaran e non, como se especializaron as xeracións posteriores, en erguer trincheiras contra os outros e contra os nosos. Esa perda, ou esa consciencia, é o noso regalo de Reis.

(La Opinión de A Coruña, Faro de Vigo, 7 de xaneiro de 2012)

 

Outras cousas que ver, ler e saber about ISAAC DÍAZ PARDO

El último mohicano. Perfil-entrevista que eu lle fixera, con Santiago Romero, en La Voz de Galicia, hai 20 anos xustos

Nós non esquecemos nada Miguel Louzao na revista Madrygal, en 2004

“Yo me veo a mí mismo como un templagaitas”. Entrevista en El Progreso en 2003

Platos rotos en Sargadelos, reportaxe meu no suplemento Negocios de El País en 2006

Adiós a Díaz Pardo, guardián de la cultura democrática de Galicia. O obituario que fixen en El País

Isaac, ese adolescente huido. Suso de Toro en El País

Forma o barbarie. Iago Martínez en El País

Duelo en el país que queda. Óscar Iglesias en El País

Isaacgalicia Xerardo Estévez en El País

Apretas tensas. Manuel Bragado en Faro de Vigo

El intelectual y empresario que repensó Galicia Santiago Romero en La Opinión de A Coruña

Isaac, xeración. Xosé Ramón Pena en Faro de Vigo

El intelectual que obró la utopía de la Bauhaus. Henrique Mariño en Público

Xelado con bólas de tres cores. Santiago Jaureguizar en El Progreso

Os ollos de Díaz Pardo. Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia

Prestigio de Galicia. César Antonio Molina en La Voz de Galicia

Con Isaac, nos Pagos da Magdalena. Luis González Tosar en La Voz de Galicia

Retrato de si propio. Luis Cochón en El Correo Gallego

O señor de Sargadelos. Alfredo Conde en El Correo Gallego

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Feliz 2012 (malo será)

29 Xoves Dec 2011

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 2 Comentarios

Aproveito a felicitación do meu paisano Roberto González para felicitar o ano como sen querer facelo, no mellor estilo da casa, e para non andar facendo spam electrónico ou postal. 

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Gimferrer sobre Lois Pereiro

15 Xoves Dec 2011

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 2 Comentarios

Apuntes da conferencia inaugural -‘Lois Pereiro, un poeta europeo’- que Pere Gimferrer, autor do prólogo da obra completa bilingüe de Lois, fixo no Congreso LP, a xeito de tuits (dado que na sala non había cobertura e tamén estou algo farto de olladas reprobatorias ao maleducado ese que fedella no móbil e non atende)

  • “A literatura galega estivo sempre no centro da cultura europea, non na periferia, como soubo Roman Jakobson e ignora George Steiner, que a menosprezou”.
  • “Non hai contradición, nin oxímoron en que unha Academia homenaxee a alguén tan pouco académico como LP”.
  • “Chama a atención a variedade e a intensidade da obra. O seu control da materia poética é moito maior que o de poetas similares, como Leopoldo María Panero”
  • “LP elixiu a súa tradición literaria, pero ao contrario que Dylan Thomas ou Henri Michaux, el non escolleu a enfermidade, non hai nel un malditismo deliberado”.
  • “Na segunda metade do século XX, nas literaturas ibéricas non hai un poeta semellante, e na europea hai poucos”.
  • “Para sobrepoñerse ás doenzas que padeceu hai que ter unha enerxía moral extraordinaria”
  • “Non hai poemas nin liñas na súa obra que non chamen a atención pola súa intensidade.
  • “A súa evolución literaria é en espiral. Cada volta supera á anterior, sen romper con ela, e sempre avanzando”.
  • “Todos tendemos a escribir así. Soamente algúns, como Pereiro, o conseguen”.

E dous de Roberto Varela:

  • “O Día das Letras deste ano foi un éxito moi difícil de superar, e foino grazas á implicación da sociedade, e particularmente da mocidade”.
  • “Dicía Dylan Thomas que o mundo xa non é o mesmo mundo desde que se lle engade un bo poema. Lois cambiou a forma na que nos movemos no mundo”.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Benedicto, Mou e “Ratón”

23 Martes Ago 2011

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 1 comentario

Unha das películas que máis me marcou de neno foi Calabuch, de Luis G. Berlanga. Aquela na que un sabio atómico chegaba de incógnito a un pobo mediterráneo na que todos eran ben levados. O cura era tan vello como liberal, o comandante de posto da Garda Civil era tan bruto como comprensivo e o empresario taurino que proporcionaba o espectáculo ídem das festas era tremendamente cariñoso co touro que tiña en plantilla. Non é das mellores películas de Berlanga, pero estes días lendo os periódicos descubrín por que me gustaba: porque nela as autoridades non caen mal, nin parecen estar aí para amolar ao cidadán. Ao contrario do que pasa na  España real e actual.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Homenaxe ás vítimas do franquismo

18 Luns Xul 2011

Posted by sihomesi in Kinopravda, Xeral

≈ 4 Comentarios

Etiquetas

18 de julio, San Simón, vitimas do franquismo

Esta é a miña iphoto da V Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo na Illa de San Simón. Confeso que está “manipulada”: estaban a muller de vermello e a de amarelo xuntas, e eu díxenlle á de morado que se puxera cando elas, e alí quedaron todo o tempo (o que non lle dixen á señora de morado foi que erguera o puño no momento himno).

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...
← Older posts

Twitter Updates

  • Os que prolongaron a concesión de AP9 e votaron contra o seu traspaso a Galicia tamén foron os outros. https://t.co/a3mEueD8v1 2 days ago
  • RT @AntonioMaestre: Este es el modelo Ayuso. Es lo que hay. 2 days ago
  • RT @pflis: Parece que ha rejuvenecido 20 años 🤣🤣🤣🤣 2 days ago
  • RT @luipardo: “Rozando a hora do toque de recollida chega o balance de mortes por covid: 18. Onte, 16; antonte, 14... No remate de 2020, er… 3 days ago
  • RT @AtlanticaBeira: É ben sabido que a Corunha galega non é a única poboación con tan sonoro nome. Mais sabiades que nas illas Hébridas esc… 4 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
A %d blogueros les gusta esto: