Etiquetas
Abwer, credibilidade, espionaxe, MI5, prensa, Segunda Guerra Mundial, The Times
En xaneiro de 1943, metidos de cheo na Segunda Guerra Mundial, o servicio secreto británico, o coñecido como MI5, tiña que argallar unha falsa explosión nunha falsa fábrica de armas para darlle credibilidade a un dobre axente, un antigo ladrón de caixas fortes chamado Eddie Chapman, que os alemáns chamaban Fritz, e os británicos, máis axeitadamente, Zigzag. A maiores de montar uns efectos especiais, os equipos do MI5 precisaban difundir unha noticia de prensa, tan ambigua como falsa, sobre unha “incidencia” –como lle chaman agora ás desfeitas- nunha factoría. Así que falaron co editor de The Times, Robert McGowan Barrington-Ward, para que colaborara. E resultou que non. The Times sería todo o conservador que se queira e Barrington-Ward un patriota redondo (de feito fora condecorado na Gran Guerra), pero o periódico non publicaría conscientemente unha noticia falsa. Afortunadamente para o futuro profesional de Fritz/Zigzag, outro si se mostrou disposto –The Daily Express-, aínda que soamente na edición internacional, que foi a que chegou a mans da Abwehr, o servicio de intelixencia alemá.