Etiquetas
absolución, Aznar, contaminación, Fomento, Fraga, marea negra, Prestige, sentencias, xustiza
Se non teñen cousa mellor que facer, deberían ler a sentencia do caso Prestige. Hai unha parte interesante: a que conta como pasaron as cousas, ou a conclusión que sacou o tribunal de como pasaron. E outra máis interesante aínda, pero moito máis árida: a argumentación xurídica para concluír que ninguén ten a culpa ou, como argumentou Ana Botella no seu día –haille que dar á muller do entón César o que é da muller do entón César-, que a culpa foi do barco.