• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: Manuel Rivas

Biblioteca Lois Pereiro

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

AELG, Biblioteca Municipal, Cultura, Día das Letras, escritores, literatura galega, Lois Pereiro, Manuel Rivas, Monforte de Lemos, poesía

Hoxe andarei por Monforte, porque alí aínda é Ano Lois Pereiro. Éo nos corazóns —ou na víscera onde cada quen faga residir a emoción— de moita xente, pero na cidade onde el naceu éo oficialmente, por decisión do Concello, e hoxe celébrase o acto polo que a Casa da Cultura e a Biblioteca se chamarán desde agora Poeta Lois Pereiro.

Foto Carlos Cortés. La Voz de Galicia

A mesma Casa da Cultura onde tivo lugar a sesión solemne da Real Academia do Día das Letras Galegas, hai catro anos, naqueles días nos que lle acabei collendo algo de manía ao meu irmao pequeno de tanto traballo que deu. O de hoxe será algo máis sinxeliño. Acudiremos unha requitropa —que é a monfortina expresión para culimaia, ou rabaño máis ou menos humano— de persoas, diremos cousas, agardo que breves, e hala, a facer tempo ata a noite a escoitar a Vera Lynn e a Tres Trebóns.

Biblioteca Lois.B

Ben, antes do “hala!”, a familia daremos uns libros deses que son difíciles de atopar.  Un facsímile, a obra completa bilingüe e dúas traducións da poesía completa, á que fixo ao inglés Jonathan Dunne e a que fixo ao búlgaro Tsvetanka Elenkova.

Loia 4

Cuberta tradución bulgaro

A importancia do inglés non fai falta que a proclame eu, xa se encargan as autoridades educativas deste país, pero no que atinxe ao búlgaro, a min paréceme que calquera biblioteca que se prece debe contar nos seus andeis con edicións en búlgaro, ou en finés, ou lingua así. Pero sobre todo, nestes tempos nos que o acceso ao coñecemento, ou polo menos á información é ben doado, calquera biblioteca debe contar con libros. As bibliotecas están ben para traballar sen ceder as distraccións, para acceder a internet quen non o teña na casa, ou para consultar datos inasequibles por outros medios. Pero unha biblioteca é para ler libros nela, en recollemento colectivo, ou levalos para casa a desfrutalos a soas.

Cando Lois e eu eramos nenos, os libros entraban na casa nos santos, nos aniversarios, e nos desprazamentos por cuestións médicas, fundamentalmente —ai!, e ese “ai!” non é retórico— ao dentista. Pero entre cumpreanos, empastes e revisións oculares, estaba a biblioteca da Caixa, e alí Julio Verne, Salgari, e unha chea de refuxios, tropicais ou glaciares para as tardes de néboa ou de aburrimento. Supoño que os políticos devecen por ter rúas e prazas co seu nome, barcos de guerra ou acordos de paz. Tanto que mesmo lles poñen a placa en vida, o que se sabe se evidencia máis os méritos dun ou o peloteo dos outros.
FullSizeRender

Pero para un escritor, que mellor que unha biblioteca, unha das trincheiras que nos van quedando contra a barbarie ilustrada —ilustrada non porque ilustre, senón porque ten “santos”, imaxes—. Tampouco está mal que che dediquen un colexio, pero o malo dos centros do ensino é que as experiencias son daquela maneira, e sempre corres o risco de escoitar: “cada vez que me lembro do Otero Pedrayo danme ganas de converterme nun asasino en serie”, sen que o pobre don Ramón teña culpa ningunha. O peor que che pode ocorrer nunha biblioteca é que sexan pouco delicados lembrando que hai un ano que tes un libro na casa. Polo demais, como lle escoitei unha vez ao irmán Rivas citar a René FullSizeRender2Char: “Dans mon pays, on dit merci”. No meu país danse as grazas.

 

(La Opinión de A Coruña 11 de abril de 2011)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O rumbo da Academia

17 Xoves Dec 2009

Posted by sihomesi in El País

≈ 6 Comentarios

Etiquetas

Manuel Rivas, Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín

Manolo goes to Academia ou Ferrín rules!

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • «Los problemas hay que solucionarlos, no convertirlos en excusa para tener vida social». Hacía tiempo que no leía u… twitter.com/i/web/status/1… 6 hours ago
  • RT @cafederby21: 🚨 NOVO PODCAST 1x14 🚨 🎙 Esta semana falamos con Carlangas de @novcarminha de: ➡️ A morte do comercio local e as tendas… 10 hours ago
  • O país das casas sen xente. A casa que non habito cáeme enriba luzes.gal/25/01/2021/en-… 1 day ago
  • RT @xerardoc: Netflix: Asina pola presenza de contidos en galego nas plataformas audiovisuais. - ¡Firma la petición! https://t.co/kosG1K3Xf… 1 day ago
  • Os que prolongaron a concesión de AP9 e votaron contra o seu traspaso a Galicia tamén foron os outros. https://t.co/a3mEueD8v1 4 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
A %d blogueros les gusta esto: