• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: partidos políticos

Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

24M, eleccións municiàis, partidos políticos, política, sistema electoral

O da xornada de reflexión é unha de tantas rodas de muiño que tragamos como se fosen requisitos democráticos, cando son usos que quedaron aí non se sabe por que, como o de votar en domingo. (Ben, o de votar en domingo si se sabe por que, en teoría para estimular a participación, e de paso para non ter que pagar as horas). Ninguén necesita un día para reflexionar, e o que todos desexamos, electores e candidatos, e que todo acabe canto antes, yquesealoquediosquiera. En realidade, a xornada de reflexión é de acougo, porque hai quen chega tan disparado ao décimo quinto día da campaña e infinitísimo da precampaña, que se non frea 24 horas pode pasar calquera cousa. Se relacionan a Ada Colau con Bin Laden porque o antigo protexido da CIA e exsocio de Bush tiña un libro de Chomsky, autor que asinou a favor de Barcelona en Comú, alguén pode dicir que Pablo Echenique é un mutante porque vai en cadeira de rodas como o profesor Charles Xavier de X-Men. Pero non está mal ter un tempo para pensar nas eleccións.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Xente estrafalaria

22 Venres Feb 2013

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Cataluña, IU, País Vasco, partidos políticos, PP, PSOE, Rajoy, UPyD

Entre as numerosas virtudes que atesoura Mariano Rajoy está, como bo señor de orde que é, a de ser previsible. O outro día considerou que fóra do bipartidismo, ou sexa que a maiores do seu partido e do outro, o que hai son partidos estrafalarios e minoritarios. Xente rara e pouco de fiar, que non vai a misa de doce ou que non é socia do casino. En definitiva, pasamos do vótenos que imos amañar España e facernos respectar no mundo, a vótenos a nós, ou aos contrarios, porque máis vale malo coñecido que estrafalario por coñecer. A verdade é que mirándoo friamente, estrafalarios hai tanto nos maioritarios como nos minoritarios. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Si nos representan, desgraciadamente

18 Sábado Xuñ 2011

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 5 Comentarios

Etiquetas

15M, medios, partidos políticos

Sendo un chisco máis paranoico do normal, a veces parece que as cousas serias neste país acontecen para que se convirtan en espectáculos. Sendo simplemente normal, o que parece é que as cousas serias neste país acaban convertíndose en espectáculo porque aos que deciden qué menú se lle dá a xente lles interesa, ou porque non teñen máis cabeza. Pasa co do 15M. O dos indignados é un fenómeno inédito e inaudito que, con acertos e erros, pretende situar o debate social no que realmente importa: o sistema de representación política, as leis que regulan a economía, o traballo, a vivenda. A vida de todos e cada un, en resumo, e non as expectativas laborais de Zapatero e Rajoy e os seus respectivos e numerosos equipos. Pero a maioría dos que confeccionan o menú mediático, igual que os idiotas aos que lle sinalan a lúa e miran para o dedo, do que se ocupan é de se acampan ou circulan, de se son violentos ou airados.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

¡Como está o servizo!

02 Xoves Dec 2010

Posted by sihomesi in El País

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

corrupción, empresariado, partidos políticos, Wikileaks

De Wikileaks ao alcalde de Cerceda pasando polo manifesto dos empresarios, na miña homilía quincenal.

Por certo, gracias a Costa da Morte, ao que se lle ocorreu a comparación entre o manifesto TransformaEspaña e o de Primo de Rivera, que incluía esta brillante frase que suprimiron ao editar a columna (coma sempre, paseime na extensión):

“Este movimiento es de hombres: el que no sienta la masculinidad completamente caracterizada, que espere en un rincón, sin perturbar los días buenos que para la patria preparamos”

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • RT @LordoLordor: No existe el "efecto capitalidad" pero, tras Sevilla, la provincia con mayor número de grandes beneficiarios de la PAC (lo… 3 hours ago
  • RT @xornalistas: Lydia Cacho (@lydiacachosi), Daria Chultsova e Katerina Bakhválova (@Belsat_Eng), a Plataforma na Defensa da Liberdade de… 4 hours ago
  • Boa serie de informacións sobre un episodio escuro en todos os aspectos. twitter.com/nataliajunquer… 19 hours ago
  • De la serie. «Una democracia plena, una sociedad normal»: Un juez investiga un viaje de lujo de 40 personas a Vietn… twitter.com/i/web/status/1… 20 hours ago
  • RT @AvendanoTV: #LP25anos @ateneocasino #LoisPereiro #poesía https://t.co/3I0LKom2J3 20 hours ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A %d blogueros les gusta esto: