Nin o columnista máis despiadado e correúdo se resistiría a entrar no tema do roubo (ben, foi furto, que máis ten) do Liber Sancti Iacobi, o chamado Códice Calixtino polo costume medieval de atribuírllo a unha personalidade, antecedente da actual de encargarlle un prólogo. Así que eu tampouco me resisto, pero non para sumarme ao coro xeneralizado de lamentos. Non, non é que me alegre, por suposto, pero a) non sei de que nos estrañamos, b) non roubaron un libro, roubaron un obxecto orixinal, pero o libro queda, e –sobre todo– c) parece un pouco hipócrita lamentar o que Ramón Villares chama atinadamente “a partida de bautismo de Galicia como nación cultural en Europa”, cando boa parte dos lamentantes se aplican a eliminar ou a ningunear, por pasiva ou por moi activa, os outros elementos que nos identifican como pobo.
Seguir lendo
O Códice que?
10 Domingo Xul 2011
Posted Si home si
in