Etiquetas
compatibilidades, corrupción política, Federico Trillo, Martínez Pujalte, Parlamento, PO, política
O dos escándalos de corrupción son como os espectáculos de fogos de artificio. Producen ruído e asombro, parece que acougan, volven con novos bríos, nun momento parece que se repiten pero en realidade son consecuencias dos anteriores… Nos fogos de artificio hai unha traca final, e despois reina a tranquilidade e o silencio, pero a esa fase non chegamos, e temo que non chegaremos. Levamos tempo nun continuo crescendo. Os últimos surfistas que cabalgan nas ondas do escándalo público son os acreditados xuristas Vicente Martínez-Pujalte e Federico Trillo, de acrisolada traxectoria política no Partido Popular, que entre servizo á patria e servizo á cidadanía, déronlle tamén servizo a unha construtora de Valladolid, compatibilizando uns e outros, co correspondente permiso das Cortes Españolas.
Seguir lendo