• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: política

O Motín da Bounty

30 Mércores Dec 2015

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Res Publica

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

BNG, Galicia, nacionalismo, política

Non me gusta a xente que pide que se corten cabezas. Esa circunstancia sempre me acorda a contestación de Pío Cabanillas cando lle dixeron que alguén pedía a súa: “¿Para qué?, ¿para usarla?” Pero agora que están de moda as metáforas náuticas sobre capitáns e grumetes penso que quizais nese barco vaia sendo hora de que fagan caso da suxestión dun amigo meu: os que fixaron o rumbo de derrota (en derrota) deberían ser abandonados nunha dorna con auga e comida para sete días. Como fixeron os amotinados da Bounty coa oficialidade. A diferenza é que na Bounty había un Fletcher Christian.

Mutiny_HMS_Bounty

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

E que morren os votantes

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ 1 comentario

Etiquetas

24M, Alberto Núñez Feijoo, BNG, Concellos, eleccións municipais, Mareas, política, PPdeGalicia, PSOE, resultados electorais

Hai anos, no correspondente repaso poselectoral que facía, concello por concello e alcalde ou responsable político local por etc o daquela presidente do Deputación e do PP de Ourense, José Luis Baltar, mirou as contas dun deles –concello, alcalde ou responsable local- concreto, e pediu explicacións. O interpelado, medio avergoñado, medio cabreado, revolveuse: “É que me morren os votantes, presidente!” Alberto Núñez Feijóo botou man dos clásicos o outro día no comité de dirección do PPdeG para xustificar a derrota —“hostia-hostia”, segundo a definición da politóloga Rita Barberá— das candidaturas conservadoras o pasado domingo 24 de maio. Igual que para aquel alcaldiño ourensán, 186.000 votos e dúas deputacións menos teñen para o presidente do PP de Galicia explicación, en parte, porque neste catro anos morreron 100.000 censados.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

30 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

24M, eleccións municiàis, partidos políticos, política, sistema electoral

O da xornada de reflexión é unha de tantas rodas de muiño que tragamos como se fosen requisitos democráticos, cando son usos que quedaron aí non se sabe por que, como o de votar en domingo. (Ben, o de votar en domingo si se sabe por que, en teoría para estimular a participación, e de paso para non ter que pagar as horas). Ninguén necesita un día para reflexionar, e o que todos desexamos, electores e candidatos, e que todo acabe canto antes, yquesealoquediosquiera. En realidade, a xornada de reflexión é de acougo, porque hai quen chega tan disparado ao décimo quinto día da campaña e infinitísimo da precampaña, que se non frea 24 horas pode pasar calquera cousa. Se relacionan a Ada Colau con Bin Laden porque o antigo protexido da CIA e exsocio de Bush tiña un libro de Chomsky, autor que asinou a favor de Barcelona en Comú, alguén pode dicir que Pablo Echenique é un mutante porque vai en cadeira de rodas como o profesor Charles Xavier de X-Men. Pero non está mal ter un tempo para pensar nas eleccións.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Puljalte, Trillo e as bombas de palenque

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

compatibilidades, corrupción política, Federico Trillo, Martínez Pujalte, Parlamento, PO, política

O dos escándalos de corrupción son como os espectáculos de fogos de artificio. Producen ruído e asombro, parece que acougan, volven con novos bríos, nun momento parece que se repiten pero en realidade son consecuencias dos anteriores… Nos fogos de artificio hai unha traca final, e despois reina a tranquilidade e o silencio, pero a esa fase non chegamos, e temo que non chegaremos. Levamos tempo nun continuo crescendo. Os últimos surfistas que cabalgan nas ondas do escándalo público son os acreditados xuristas Vicente Martínez-Pujalte e Federico Trillo, de acrisolada traxectoria política no Partido Popular, que entre servizo á patria e servizo á cidadanía, déronlle tamén servizo a unha construtora de Valladolid, compatibilizando uns e outros, co correspondente permiso das Cortes Españolas.
Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Rato como malo de novela

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

corrupción, economía, James ellroy, novela negra, política, Rodrigo Rato

O outro día entrevistei a James Ellroy, un dos bótolle que arredor de douscentos xornalistas que o entrevistaron na súa xira ibérica de presentación de Perfidia¸ o seu último libro. Ellroy seduciume como escritor o bastante como para terlle lido todo o que publicou en español, que xa veñen sumando, sen a última, trece novelas, dous libros autobiográficos e tres ou catro recompilacións de relatos breves ou artigos xornalísticos. Como persoa, os seus primeiros 30 anos de vida foi un ser pouco recomendable, por dicilo suavemente, e os trinta e pico seguintes, aínda que os dedique a escribir, quizais non teña mellorado substancialmente, aínda que si socialmente. É á vez un moralista extremo, un asocial militante, e un autor disciplinado que sabe das obrigas das promocións de libros. Non contesta preguntas de política —limitase a definirse de extrema dereita— nin de actualidade. En realidade, moléstalle calquera pregunta que non se refira ao libro que está promocionando. Así que me limitei a comentarlle que a política española sería unha excelente inspiración se algún día quería deixar de ser o demon dog, o can rabioso da literatura que lle encanta facer que é, e prefire ser o demo a secas, un trasno. E iso que cando llo dixen non sabía o da presunta detención de Rodrigo Rato.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Confieso que he jugado

26 Domingo Abr 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

adicción, Candy Crush, Celia Villalobos, política

Si, eu tamén teño xogado. Non no Congreso dos Deputados, nin no Parlamento Galego, porque sempre que pisei tan nobres institucións foi por traballo (o que non quere dicir que estivese infinitamente ocupado, nin sequera medianamente entretido, pero debe ser pola decoración, os mobles ou as alfombras, que sempre me deu polo papel). O caso é que teño xogado en horario laboral a un especie de precedente do Candy Crush. Servíame para facer pausas, para desestresarme,… e sendo sincero, para pasarme pegado á pantalla como un adicto horas, dándolle ao clic. Creo que se chamaba “Same” ou algo así, pero na familia era coñecido como “as bólas”, a pesar de que eran un cadradiños con cores planas e rotulados A, B,C, D e E. O seu son ambiente era: “Xa estás colgado das bólas?”(con perdón). “Papá está coas bólas e non me axuda cos deberes!”

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Outro marcador interesante: Filgueira

14 Luns Xul 2014

Posted by sihomesi in Non sei eu..., Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Cultura, Día das Letras, Filgueira Valverde, frnaquismo, Galicia, literatura, política, Real Academia Galega

O homenaxeado do Día das Letras 2015 ganou por un voto, logo de ir perdendo en todas as votacións. A maiores do xénero da diatriba e da xusta indignación, non estaría de máis practicar o da análise de por que ao final gana o que sempre perdeu. Esta foi, ou moi probablemente puido ser, a secuencia das votacións

  1.  (Nas dúas primeiras, cada un dos 26 académicos asistentes dispuña de 2 votos, agás Manuel Rivas, que votou por correo, e non puido repetir)
    • 16 Manuel María
    • 13 Celestino Fernández de la Vega
    • 10 Xosé Filgueira Valverde
    • 9 Ricardo Carvalho Calero
    • 5 Xela Arias
  2.  (quedan fóra Carvalho e Arias)
    • 19 Celestino Fernández de la Vega
    • 17 Xosé Filgueira Valverde
    • 14 Manuel María
  3. (queda fóra Manuel María)
    • 10 Xosé Filgueira Valverde
    • 9 Celestino Fernández de la Vega
    • 5 votos en branco
    • 2 votos nulos

Polo demais, xa escribín o que NON me parecía a elección. Hai quen di que iso non é pronunciarse. Non deben ser xente de letras, senón de números.

Filgueira e a segregación

Saberán que escolleron a Xosé Filgueira Valverde como autor homenaxeado para o Día das Letras Galegas do 2015, en realidade para o que queda de ano ata o 17 de maio de 2015, que é o que ven durando o mandato de cada galardoado. Eu teño a miña opinión sobre o asunto, que me vou gardar, por razóns obvias que se remontan a xullo de 2010, cando estiven máis que de acordo co designado para as Día das Letras de 2011, e polo tanto, non me parece elegante andar cuestionando acordos posteriores. Só comentar que hai decisións que, sendo lexítimas, son máis oportunas ou menos, ou mesmo nadiña. E tamén que non deixa de ser unha mágoa que todos os méritos culturais de alguén vaian quedar ocultos por outro tipo de deméritos, ou polo uso que poidan facer deles uns e outros. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O caso Isabel Carrasco 2

23 Venres Mai 2014

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 1 comentario

Etiquetas

censura, Isabel Carrasco, política, redes sociales, Twitter

Prohibamos as barras dos bares

 Xa saberán que, a resultas do asasinato da presidenta de Deputación de León, Isabel Carrasco, tiroteada presuntamente por unha nai en conivencia cunha filla, a clase política reclama medidas exemplarizantes, e mesmo houbo opinadores de garda que lle botaron a culpa a El Jueves, ou a presentadores con máis éxito ca eles. Rita Barberá, desde a altura moral que lle dá a dobre papada e formar parte da inmaculada e impoluta clase política valenciana, asegurou que o suceso produciuse “en un caldo de cultivo de radicalidad y de violencia que se ha de frenar para recuperar la capacidad de convivencia”. Calquera que tomase perfectamente serio o que di a alcaldesa de Valencia quedaría sorprendido por tal grao de autocrítica, porque o caldo ese de “radicalidad e violencia” onde se xestou o suceso foi no PP de León, no que militaban as dúas detidas.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O caso Isabel Carrasco 1

23 Venres Mai 2014

Posted by sihomesi in Público

≈ 1 comentario

Etiquetas

caciquismo, corrupción política, democracia, Isabel Carrasco, partidos, política

Sí fue político

Sí fue político. Diario Público

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Postais de campaña

20 Martes Mai 2014

Posted by sihomesi in Kinopravda, Res Publica

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

Campaña Europeas, candidatos, fans, Feijoo, Millán Mon, política, PP

Feijoo en Carballo

Feijoo en Carballo

Millán Mon na Coruña

Millán Mon na Coruña

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...
← Older posts

Twitter Updates

  • Aínda vai haber que devolver as pedras... twitter.com/ErnestoEkaizer… 3 hours ago
  • RT @bibarteixo: Mesa "A TRIBO LITERARIA EN 2021: Reflexións sobre a situación actual da literatura galega" organizado desde a Concellería d… 3 hours ago
  • Unha vida das de antes. O neto do @apostol do anarquismo. Raúl Solleiro Mella, na memoria luzes.gal/19/04/2021/aut… 5 hours ago
  • RT @PacoAudije: Citado polo xenial @sihomesi nun dos seus libros https://t.co/c7VhF90HTG 1 day ago
  • RT @alvorota: A achega de @argondezaoito ao #LP25anos Marabilla 😊 @sihomesi @ateneocasino https://t.co/tStDba4wKR 1 day ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    loading Cancelar
    A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
    Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
    Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: