• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: Rajoy

Que perebárcenas

05 Luns Ago 2013

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

Bárcenas, Congreso, corrupción, Debate parlamentario, política española, Rajoy

Que pereza, señor, que pereza. Fóra loce un ceo azul –non sabemos por canto tempo- e non debe ir un calor abafante. E malo será que non corra unha brisa. E se non, e non hai sombra a man, sempre está a da casa e un libro de calquera triloxía nórdica, que non se dea aguantado cunha man soa. Pero non, houbo comparecencia de Rajoy no Congreso, e suponse que o feito de que o presidente dun Goberno sustentado por un partido acusado de financiarse (o partido e os dirixentes) ilegalmente por empresarios a cambio da concesión de contratos dea explicacións ao país é máis interesante que o deambular existencial de Pereiro das novelas de Dennis Lehane ás de Philip Kerr, ou da súa nostalxia dos castiñeiros. Pois espectáculo habería máis nas Cortes, pero interese, non sei que lles diga.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

O estado das profesións

01 Venres Mar 2013

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

abogados, banqueros, clase política, Congreso, Debate del estado de la nación, funcionarios, periodistas, policía, PP, profesores, PSOE, Rajoy, Rubalcaba, sanidad, servicios públicos

Tal día por estas datas, noutras ocasións, estaríaos castigando coas miñas impresións de cómo transcorreu o debate do estado da nación, logo de obrigarme a velo, senón enteiro, polo menos nos momentos estelares. Este ano, sinceramente, paso. Non soamente pasei eu. Tamén pasaron vostedes. Nesta ocasión, a pesar de pratos fortes como a corrupción e a crise, o debate final Rajoy-Rubalcaba vírono algo máis de 400.000 espectadores, 150.000 menos que o de 2011 entre Zapatero-Rajoy. Lonxe quedan aquelas cifras de 2 millóns de xentes que viron o último debate Felipe González- Aznar, ou mesmo o millón e medio longo que viu Aznar contra Borrell.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Xente estrafalaria

22 Venres Feb 2013

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Cataluña, IU, País Vasco, partidos políticos, PP, PSOE, Rajoy, UPyD

Entre as numerosas virtudes que atesoura Mariano Rajoy está, como bo señor de orde que é, a de ser previsible. O outro día considerou que fóra do bipartidismo, ou sexa que a maiores do seu partido e do outro, o que hai son partidos estrafalarios e minoritarios. Xente rara e pouco de fiar, que non vai a misa de doce ou que non é socia do casino. En definitiva, pasamos do vótenos que imos amañar España e facernos respectar no mundo, a vótenos a nós, ou aos contrarios, porque máis vale malo coñecido que estrafalario por coñecer. A verdade é que mirándoo friamente, estrafalarios hai tanto nos maioritarios como nos minoritarios. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Sebastianismo e Walking Dead

18 Luns Feb 2013

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

crisis, desconfianza, Esperanza Aguirre, José Bono, Mayor Oreja, política, Rajoy, Rodrigo Rato, Rosa Díez, Sebastianismo, Walking Dead

“España ha perdido la confianza en su clase política”. “Los inversores internacionales siguen estrechamente la situación”… Un informe interno da Comisión Europea define a situación española con estas frases, frías, contidas e polo tanto aterradoras. Que nos van dicir a nós, que sabemos, como di o tango, que  “se acabaron los robustos, si hasta yo, que daba gusto, ¡cuatro kilos he bajao!”. O descrédito salpica mesmo a que non se meteu en lama ningunha. Incluso quen faga un partido novo estará baixo sospeita e deberá apresurarse a prometer que non vai facer política. 563d04c0 O pavero da situación é que os que se ofrecen como alternativa renovadora, e o que é peor, os que boa parte da sociedade demanda como salvadores, son políticos máis vistos que Juan Pardo nos especiais da TVG e máis queimados que o ciclomotor dun repartidor de pizzas. É unha mestura do fenómeno Walking Dead  e do sebastianismo que debemos herdar, en cutre, dos nosos compañeiros de península. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Mariano Jones

12 Xoves Xul 2012

Posted by sihomesi in El País

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

Códice, política, Rajoy

Síntoo, xa sei que non é moi serio, pero non me puiden reprimir.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

En que mans estamos

21 Xoves Xuñ 2012

Posted by sihomesi in El País

≈ 1 comentario

Etiquetas

Ana Botella, Dívar, política, Rajoy

…diormío

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Patrioidiotas

23 Luns Abr 2012

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Kirchner, petróleo, Rajoy, Repsol, Ypf

Un bar de Sevilla –o propietario, enténdese- decidiu prohibir a entrada a arxentinos. Non lles podo dar máis detalles porque nin me interesan os razoamentos para tal medida, nin os argumentos legais para facelo (o dereito de admisión existe sempre que non se faga con criterios discriminatorios), nin sequera que método usará para distinguir arxentinos de uruguaios. Non me interesa nada do caso porque sei perfectamente que é un exemplo máis de aproveitamento dos baixos instintos para facer negocio, neste caso os baixos instintos patrioteiros para facer negocio publicitario. Non quero saber nin como se chama o bar do tarado, vamos.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

A banqueta de Rajoy

01 Mércores Feb 2012

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 3 Comentarios

Etiquetas

contrarreforma, Gallardón, política, Rajoy

СВЕТИ ГЕОРГИ“Nesta lexislatura hai a oportunidade e a ocasión de endereitar moitas cousas en España, e para iso o Goberno ten que ser firme e a oposición responsable”. Esta foi, máis ou menos, a análise do que nos espera que fixo o outro día nunha conferencia Magis Iglesias, unha das poucas persoas que coñezo que deu chegado ao cimo da escaleira profesional sen que lle afectara o mal de altura. O que si recordo é que, entre os motivos para esperar que Mariano Rajoy aproveite esta oportunidade, mencionou a solidez profesional e política de tres ministros: Alberto Ruiz-Gallardón, Jorge Fernández Díaz e José Manuel García-Margallo. Mencionouno alí e argumentouno despois nunha desas ceas que é unha pena que acaben, cando lle confesei a miña estrañeza na decisión do presidente de poñer as tres patas da banqueta na que está subido en áreas como Xustiza, Interior e Asuntos Exteriores. O seu coñecemento do que pasa nas alturas da política e o seu trato cos que alí habitan son tan sólidos como a miña ignorancia sobre eses sitios e esa xente, así que nin llo discutín entón nin llo discuto agora, simplemente me dá a impresión de que os primeiros pasos dalgunha das patas da banqueta están a defraudar esas expectativas.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Non deixes que o texto orixinal che foda un prexuízo

13 Domingo Nov 2011

Posted by sihomesi in Matrix Press

≈ 5 Comentarios

Etiquetas

20 Minutos, periodismo penoso, Rajoy, The Guardian

screenshot1Para adiantar o traballo do 21N, os xornais publican perfís de Mariano Rajoy. E The Guardian non ía ser menos: veleiquí o traballo do seu correspondente en Madrid, Giles Tremlett, publicado o venres 11 de novembro. Como o que diga The Guardian é importante, e a maiores, facendo unha recensión dun traballo alleo tamén se enche, o día seguinte 20 minutos recolle e interpreta o perfil:

‘The Guardian’ afirma que Rajoy tendrá que ser menos gallego para sacar a España de la crisis

(logo rectificou e mudou o titular, como poderán comprobar no link)

screenshot_1 (1)

Non fai falta ser licenciado en Filoloxía inglesa, mesmo chega con botar man do tradutor de Google, para comprobar que Tremlett asegura que Rajoy é un mestre da ambigüidade, fai referencia a que provén dunha terra antiga e empapada pola chuvia e remata dicindo que o futuro presidente terá que botar man dun estereotipo que se lle atribúe a algúns galegos, a habilidade de facer unha cousa e convencer á xente de que fai a contraria. A interpretación -anónima, porque vén sen sinatura- de 20 minutos é exactamente a contraria. Onde Tremlett di que Rajoy terá que usar as súas mañas galaicas de enganar á xente (en menos bonito, iso é o que di), o recensionador anónimo faino emplazar ao presidente do PP (de momento) a que sexa menos galego, é dicir, menos ambiguo. Ao ler “ambigüidade”, que enThe Guardian é una característica persoal de Rajoy, non dos galegos, o de 20minutos desenfunda o tópico e dispara para o lado contrario.

Enténdaseme. Non me molestan especialmente os tópicos. Teñen máis ancoraxe na realidade ca os discursos políticos. E, como galego, mesmo prefiro que me cualifiquen tribalmente diso que fóra chaman ambiguo que de saber enganar. O que me molesta é o xornalismo desganado.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Os espíritos da contradición

16 Xoves Set 2010

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

decreto do galego, Educación, política, Rajoy

“Se se mira nun espello, non se recoñece”, dise para referirse a calquera que vai de algo cando é o contrario. Pois a min paréceme que a xente ilustre (entendo por ilustre calquera que fala nos titulares) cando se mira nun espello, ten que conter o impulso de darlle a man a ese descoñecido que ten diante. Non sei se será pola necesidade de enchelos o máis posible eses titulares, ou que os micrófonos afectan ao que se lle pon diante (eu estiven varios anos detrás e non noto nada), pero calquera declaración/titular/actitude que collan de calquera é contraria á outra anterior, se alguén se molesta en comprobalo, ou se fía de min.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...
← Older posts

Twitter Updates

  • RT @jfalbertos: El colegio nos ha pedido a las familias que vayamos a limpiar los accesos este sábado porque una semana después de la nevad… 22 hours ago
  • RT @dragoneslvpies: En medio de todo esto, la @emvsmadrid anuncia para el miércoles el desahucio de una familia que lleva toda una vida en… 22 hours ago
  • RT @xornalistas: Outra sentencia inadmisible. Agora a @ctxt_es As noticias non só teñen que ser veraces e feitas cos parámetros profesionai… 1 day ago
  • Los bomberos de Laza (Ourense, 1.287 habitantes) van a Madrid (20% del PIB español) para cooperar en la retirada d… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • Unha boa iniciativa. O pensamento galeguista nun clic. Quen llo ía dicir aos fundadores. twitter.com/EdGalaxia/stat… 1 day ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
A %d blogueros les gusta esto: