Etiquetas
Atribúenlle uns a Eugenio D’Ors, outros a Ramón Gómez de la Serna aquilo de que en Madrid ás sete da tarde (noutra versión é as oito), ou dás unha conferencia, ou dancha. Estes días, na Feira do Libro da Coruña, se non presentas un libro, preséntanche un. E se non, andas, saúdas e editores (“a cousa está mal, pero que lle queres…”) a libreiros (moita xente, si, pero réndeche máis un día na Feira de Monforte que tres aquí”) e escritores (“que? Que tal andas? De vacacións?, eu veño de…?”). A min nas últimas horas presentáronme un libro, Hotel Paradiso, de Ramón Pernas, e contribuín a presentar outro, Salseiros, de Suso Lista. Seguir lendo