• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: Rodrigo Rato

Rato como malo de novela

23 Sábado Mai 2015

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

corrupción, economía, James ellroy, novela negra, política, Rodrigo Rato

O outro día entrevistei a James Ellroy, un dos bótolle que arredor de douscentos xornalistas que o entrevistaron na súa xira ibérica de presentación de Perfidia¸ o seu último libro. Ellroy seduciume como escritor o bastante como para terlle lido todo o que publicou en español, que xa veñen sumando, sen a última, trece novelas, dous libros autobiográficos e tres ou catro recompilacións de relatos breves ou artigos xornalísticos. Como persoa, os seus primeiros 30 anos de vida foi un ser pouco recomendable, por dicilo suavemente, e os trinta e pico seguintes, aínda que os dedique a escribir, quizais non teña mellorado substancialmente, aínda que si socialmente. É á vez un moralista extremo, un asocial militante, e un autor disciplinado que sabe das obrigas das promocións de libros. Non contesta preguntas de política —limitase a definirse de extrema dereita— nin de actualidade. En realidade, moléstalle calquera pregunta que non se refira ao libro que está promocionando. Así que me limitei a comentarlle que a política española sería unha excelente inspiración se algún día quería deixar de ser o demon dog, o can rabioso da literatura que lle encanta facer que é, e prefire ser o demo a secas, un trasno. E iso que cando llo dixen non sabía o da presunta detención de Rodrigo Rato.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Sebastianismo e Walking Dead

18 Luns Feb 2013

Posted by sihomesi in Res Publica, Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

crisis, desconfianza, Esperanza Aguirre, José Bono, Mayor Oreja, política, Rajoy, Rodrigo Rato, Rosa Díez, Sebastianismo, Walking Dead

“España ha perdido la confianza en su clase política”. “Los inversores internacionales siguen estrechamente la situación”… Un informe interno da Comisión Europea define a situación española con estas frases, frías, contidas e polo tanto aterradoras. Que nos van dicir a nós, que sabemos, como di o tango, que  “se acabaron los robustos, si hasta yo, que daba gusto, ¡cuatro kilos he bajao!”. O descrédito salpica mesmo a que non se meteu en lama ningunha. Incluso quen faga un partido novo estará baixo sospeita e deberá apresurarse a prometer que non vai facer política. 563d04c0 O pavero da situación é que os que se ofrecen como alternativa renovadora, e o que é peor, os que boa parte da sociedade demanda como salvadores, son políticos máis vistos que Juan Pardo nos especiais da TVG e máis queimados que o ciclomotor dun repartidor de pizzas. É unha mestura do fenómeno Walking Dead  e do sebastianismo que debemos herdar, en cutre, dos nosos compañeiros de península. Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • RT @LordoLordor: No existe el "efecto capitalidad" pero, tras Sevilla, la provincia con mayor número de grandes beneficiarios de la PAC (lo… 2 hours ago
  • RT @xornalistas: Lydia Cacho (@lydiacachosi), Daria Chultsova e Katerina Bakhválova (@Belsat_Eng), a Plataforma na Defensa da Liberdade de… 3 hours ago
  • Boa serie de informacións sobre un episodio escuro en todos os aspectos. twitter.com/nataliajunquer… 19 hours ago
  • De la serie. «Una democracia plena, una sociedad normal»: Un juez investiga un viaje de lujo de 40 personas a Vietn… twitter.com/i/web/status/1… 19 hours ago
  • RT @AvendanoTV: #LP25anos @ateneocasino #LoisPereiro #poesía https://t.co/3I0LKom2J3 19 hours ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A %d blogueros les gusta esto: