• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: Terrorismo

As secuelas de Charlie Hebdo

20 Martes Xan 2015

Posted by sihomesi in Matrix Press, Res Publica, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Charlie Hebdo, je suis Charlie, liberdade de expresión, política internacional, represión, Terrorismo, yihad

En pouco máis dunha semana, o de Charlie Hebdo pasou a ser dun suceso a motivo dun debate sobre a liberdade de expresión, que algo bo tiña que ter. Iso e as dúas cuncas de caldo que levaron os asasinos, que saíron da redacción berrando “Matamos a Charlie Hebdo” e conseguiron que unha revista que tiraba 50.000 exemplares publicase tres millóns do número seguinte e se esgotase. Parte do mérito –do debate- está na cuadrilla de farsantes de alto rango que acudiron a dar o seu testemuño de solidariedade e de compromiso coa liberdade de expresión manifestándose. Xoias de dirixentes como Benjamin Netanyahu, o primeiro ministro dun país Israel, que ten a dubidosa honra ser o segundo, despois de Siria, no número de xornalistas mortos (7 en Gaza). Tamén estaban os dirixentes do país que máis periodistas encarcera, Turquía, onde en marzo pasado se chegou a prohibir Twitter e YouTube (tamén estaba o presidente do segundo clasificado, Bahrein). E desfilou o primeiro ministro húngaro, Viktor Orban, que axeitou todas as leis como lle conviña, ata o punto que mesmo os EEUU denunciaron un retroceso nos dereitos humanos. Entre outras reformas, anulou a posibilidade de reclamar legalmente que se publiquen informacións sobre o uso de fondos públicos.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Todos deberiamos ser Charlie

20 Martes Xan 2015

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

atentado, Charlie Hebdo, liberdade de expresión, Terrorismo, yihad

Je suis Charlie, a frase máis estendida nas últimas horas no mundo, repetida na súa grafía e no seu idioma orixinal, ou adaptada a linguas e caracteres, ocorréuselle cando soubo do asalto á redacción de Charlie Hebdo a Joachim Roncin, de 39 anos. Joachim estaba naquel intre noutra redacción de París, na dunha revista gratuíta de estilo, na é deseñador gráfico e puxo ese berro de solidariedade na súa conta de Twitter, que entón tiña só uns 500 seguidores. Je suis CharlieAs redes sociais, a súa onda expansiva e a súa capacidade de facernos crer que hai alguén ao outro lado, fixeron o resto. Neste caso haino, porque ante un horror así, calquera persoa con medio gramo de dignidade, xornalista, fontaneiro ou calafate de buques, debe sentir dor polas vítimas, e proclamar a súa solidariedade co medio agredido.    Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Boinas e maletas de cartón

06 Martes Nov 2012

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 1 comentario

Etiquetas

franquismo, Javier Bardem, liberdade de expresión, prensa, Rafa Hernando, Terrorismo

Xa sei que nin volverán as boinas, para desgraza da afamada fábrica Elósegui e que agora a rapazada emigra con maletas dos chinos, ou de carreful, ou os moi listos coas que lle deu Feijóo por ser moi listos. E sabendo idiomas. O outro día comentaba un en Twitter que dos dez compañeiros de clase de alemán, oito ía emigrar e os outros dous, el incluído, estábano pensando. Pero quitados eses matices, todo empeza a cheirar a anos 50 e 60, empezando polas formas.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • RT @PacoAudije: Citado polo xenial @sihomesi nun dos seus libros https://t.co/c7VhF90HTG 1 day ago
  • RT @alvorota: A achega de @argondezaoito ao #LP25anos Marabilla 😊 @sihomesi @ateneocasino https://t.co/tStDba4wKR 1 day ago
  • HBO, Netflix, Filmin... Gracias por tanto!!!! twitter.com/Vertele/status… 4 days ago
  • Maniobras orquestales en la oscuridad del libre mercado twitter.com/idebarron/stat… 5 days ago
  • Creo que la otra candidata era Cristina Cifuentes twitter.com/p_beramendi/st… 5 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Cancelar

 
Cargando comentarios...
Comentario
    ×
    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: