Etiquetas
Ana Botella, autodeterminación, Cataluña, Independencia, Madrid 2020, relaxing cup of cafe con leche, Tokio, Xogos Olímpicos
Durante moitos anos, o noso patrón de conduta foi a advertencia materna do que dirán (teñan valor e recoñézano). É o sistema de vida conservador por excelencia, non facer o que consideras que hai que facer, senón o que consideran os demais que deberías facer. O que dicían o pasado xoves día 12 en The Washington Post era (pero en inglés): “Un millón de cataláns forman unha cadea humana para promover a súa ruptura con España”. E no texto: “a protesta en Cataluña foi pacífica, pero un pequeno grupo de fascistas españois en Madrid entraron feitos unhas furias nun acto do goberno catalán…”. Xa teñen o que din por aí de nós.