• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: UE

I Have a Plan  

15 Luns Dec 2014

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

idioma galego, UE

Mañá irá para dez anos que se adoptou no Parlamento de Galicia unha desas medidas que demostran que existe iso que se chama interese común, que non é o da maioría, senón o de todos. Conservar a catedral de Santiago, a Torre de Hércules ou a Muralla de Lugo é un beneficio xeral, e non unha imposición contra a potencialidade turística de Ourense ou de Vigo. As diferencias poden ser sobre técnicas ou métodos de defender o patrimonio histórico, non sobre o obxectivo. Manter o idioma galego, que é outra produción cultural, pero máis antiga ca esas, e máis irrepetible, o mesmo. Hai dez anos, todos os representantes do pobo galego aparcaron as diferencias que os separaban noutros aspectos, nalgúns de forma insalvable, e aprobaron por xunto e de vez o plan de normalización. Catrocentas medidas que un cento de especialistas en sociolingüística e noutras disciplinas consideraban as axeitadas para conservar ese monumento que é o idioma propio de Galicia.

Cinco anos despois, xa saben, pasou o que pasou: unha aplicación daquilo que dicía Woody Allen de que a vocación dun político de carreira é facer de cada solución un problema. O candidato a retomar a presidencia da Xunta fixo un problema da solución que votara o seu propio partido (e boa parte dos mesmos deputados, nunha demostración de que quen ten cu, ten medo, pero quen representa aos cidadáns non ten por que ter necesariamente coherencia nin outras cousas). Coa colaboración entusiasta duns tontos útiles, dunha señora que é tan española que ignora que no único idioma que fala “peyorativo” é sinónimo de “despectivo”, e doutros salvapatrias de garda, plantou lume, tocou as campás a rebato para alarmar á poboación e logo sacou a relucir a mangueira. A conclusión é que a administración encargada de salvagardar ese patrimonio cultural que é o idioma -é dicir, de ensinalo, de protexelo e de promovelo- so asegura a súa presenza no 2% das aulas de infantil nos núcleos urbanos, que é onde os nenos non teñen outro ámbito de escoitalo. Claro que a administración non pode obrigar a ninguén a usar ningún idioma, pero tampouco pode obrigar a ninguén a ler, e sen embargo, o ensino é obrigatorio ata os 16 anos co obxectivo, entre outros de erradicar o analfabetismo (so en castelán, en galego tanto ten). Outro dos obxectivos daquel Plan de hai dez anos, esfarelar prexuízos e reforzar a estima do galego, vai tamén a fume de carozo despois desa campaña de imaxe.Falando perante o comité de expertos do Consello de Europa

Dentro duns días teño unha cita cuns expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa, que van elaborar o Cuarto Relatorio de Avaliación sobre as linguas minoritarias. Porque os van cambiando, senón sería como saudar a vellos amigos. Esta será a terceira vez, e aínda lembro a primeira, cunha presidenta croata que impoñía bastante respecto, polo menos a min. Desta non sei se discutirlles o de “linguas minoritarias”, habida conta de que o galego, ten máis falantes que idiomas oficiais da UE, como o esloveno, o estonio, o irlandés, o letón e o maltés. O de minoritarias debe ser unha autocrítica das súas recomendacións, polo pouco caso que lle fan. A quen se lle ocorre, por moi experto do Consello de Europa teimar en dicirlle aos Gobernos, ao de aquí e ao de Madrid, que hai que protexer iso de falar autonómico.

 (La Opinión de A Coruña 20/9/2014)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Libia

28 Luns Feb 2011

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Gadafi, Libia, petróleo, UE

No espazo informativo que deixou libre a operación de Esperanza Aguirre, os medios ocúpanse da traxedia de Libia. O bo da información internacional é que nela pódese ser crítico e incisivo (os afectados nin poñen anuncios, nin mandan cartas ao director, nin siquera compran o periódico ou inflúen na audiencia), e mesmo os editoriais dos periódicos máis influentes do mundo esixen aos gobernos que fagan algo. O outro día escoitei que para que haxa unha revolución ten que haber cambio de poder, cambio da propiedade e tense que derramar sangue. Eu non estaba moi de acordo co do sangue, e de feito, en Tunisia e Exipto, a que se derramou –con todo o respecto ás vítimas- é similar a que se derrama por cousa do tráfico nunha semana. Claro que alí tampouco penso que vaia haber cambio na propiedade. Para min o factor decisivo para que haxa unha revolución é que haxa moita xente que non teña nada, ou case nada, que perder.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Os anos que vivimos estupendamente?

13 Domingo Xuñ 2010

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 5 Comentarios

Etiquetas

Cameron, crise, economía, funcionarios, Merkel, PP, PSOE, recortes sociais, reforma laboral, UE

Agora vai resultar que os vellos tiñan razón. Os vellos aqueles que rosmaban que este non era xeito de vivir, e que así non se podía seguir. Os líderes europeos véñenlle dar a razón a aqueles predicadores apocalípticos que deseñaban un futuro de lume e cinza para a economía. Winston Churchill advertiu no seu día á cidadanía que chegaban tempos de sangue, suor e lágrimas. O seu sucesor, David Cameron, prometeu o mesmo e aforrou unicamente o sangue. Vivimos por riba das nosas posibilidades todos, incluído eu, a pesar dos consellos paternos de nunca deixar a deber nin comprar a prazos. Vale. Pero despois de facer os sacrificios que nos piden e os que nos impoñen, alguén nos pode asegurar que xa está? Non vai pasar outra vez iso de que o incendio provocado porque a Macroeconomía andou xogando con lume acabe carbonizando a nosa Microeconomía? Temo que non.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Viaxar ilustra

14 Sábado Nov 2009

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 18 Comentarios

Etiquetas

activismo, ALE, Bruxelas, internet, UE

Hai unha chea de anos fun aos Países Baixos, sector Holanda, representando a este periódico nunha viaxe oficial organizada para que un grupo de gandeiros visen os adiantos do ramo. Sorprendeume ver que os gandeiros coñecían de sobra os adiantos. Agora acabo de chegar dos outros Países Baixos, de Bélxica, dunha viaxe oficiosa con bloggers (esa xente á que lle dá por contar en internet o que lle pasa) e penso que sacamos en Bruxelas conclusións moi parecidas ás que sacaban os gandeiros en Amsterdam. Que na xeografía e en autoestima podemos estar no cabo do mundo, pero en cuestións como as vacas (entón) e as novas tecnoloxías (agora) estamos perfectamente ao día.

Political activism on the net

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • «Los problemas hay que solucionarlos, no convertirlos en excusa para tener vida social». Hacía tiempo que no leía u… twitter.com/i/web/status/1… 6 hours ago
  • RT @cafederby21: 🚨 NOVO PODCAST 1x14 🚨 🎙 Esta semana falamos con Carlangas de @novcarminha de: ➡️ A morte do comercio local e as tendas… 10 hours ago
  • O país das casas sen xente. A casa que non habito cáeme enriba luzes.gal/25/01/2021/en-… 1 day ago
  • RT @xerardoc: Netflix: Asina pola presenza de contidos en galego nas plataformas audiovisuais. - ¡Firma la petición! https://t.co/kosG1K3Xf… 1 day ago
  • Os que prolongaron a concesión de AP9 e votaron contra o seu traspaso a Galicia tamén foron os outros. https://t.co/a3mEueD8v1 4 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
A %d blogueros les gusta esto: