Etiquetas
“¿En qué momento se jodió el Perú?”, era a famosa pregunta que se facía Zabalita, o personaxe de Conversación en La Catedral de Mario Vargas Llosa, e que derivou en frase-comodín para describir unha situación sen amaño posible na actualidade, pero que nun momento anterior puido haber esperanzas de que o tivese. Se lles digo a verdade, despois de ver os resultados dunha enquisa do CIS para o Ministerio de Sanidade, estou a punto de preguntarme retoricamente “en que momento se fodeu a igualdade de xénero?”, non porque pense que antes a situación fose mellor, senón porque non vexo demasiadas razóns para o optimismo.