• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: violencia

Plantar percebes na horta

26 Domingo Abr 2015

Posted by sihomesi in Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Cifuentes, Depor, desinformacióin, hooligans, Jimmy, violencia

Víctor Hugo estrañábase da crenza firme que os malvados tiñan en que todo lles ía saír ben. A min o que me estraña é que lle estrañara a Víctor Hugo. Non sei moi ben como era a Francia do século XIX na que el viviu, pero imaxino que non todas as historias acababan como as das súas novelas, pasándoas canutas, pero con final feliz, como en Les misérables ou Notre Dame de Paris (ben, nesta morría ata o apuntador, dentro do canon romántico, pero era final feliz porque morría o malo). E temos que supoñer que desde aquela, as cousas algo melloraron. Mesmo por aquí, aínda que finais felices haxa poucos, e como moito, o mérito é empatar. O que non cambiou é que o mal non triunfará, pero tampouco o castigan. Quero dicir que mentres nos predican as virtudes do esforzo, da produtividade e da austeridade, esquecen outra que é a da responsabilidade. Que as decisións teñen consecuencias, non soamente penais ou políticas, senón tamén profesionais.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Jimmy

20 Martes Xan 2015

Posted by sihomesi in Matrix Press, Si home si

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Deportivo, Frente Atlético, futbol, hoolingans, Jimmy, Riazor Blues, ultras, violencia

A chamada xente do fútbol, é dicir, os dirixentes dos distintos estamentos, non os afeccionados, están a ver como expulsan aos violentos dos estadios. Xa era hora, e deséxolles o mellor dos resultados. Nalgún sitio conseguírono, ou sexa que debe ser posible, igual que noutros sitios deron acabado coa impunidade en asuntos de corrupción. Desde logo, como non o van conseguir é polo método que utilizaron ata agora, o das misses e as celebridades que desexan paz en el mundo. Porque o que noutras partes, como no Reino Unido funcionou, como prohibir a entrada nos campos aos elementos perigosos, aquí xa se fixo por orde xudicial, e como se chovera. De todas formas, ten gracia —a pouca gracias que pode haber neste caso— que nas instancias onde se piden estas cousas o resto do ano se prendan piras para queimar rivais e o que faga falta para subir a audiencia e incrementar o negocio.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • Ecocinismo | a columna en @laopinioncoruna. laopinioncoruna.es/opinion/2019/1… E a maiores, 87 millóns de presuposto, mentres… twitter.com/i/web/status/1… 12 hours ago
  • Menú do día. Monforte. https://t.co/lMn4Q6812w 20 hours ago
  • RT @RTVEGalicia: 🎸🎤 #ROCKBRAVÚ | 25 anos do Manifesto Bravú, que falaba da vida na aldea sen renunciar á modernidade | Hoxe, primeira das c… 2 days ago
  • RT @ctxt_es: Votamos al soso "Es natural y legítimo tener una propia visión de cómo debería ser el tetris del gobierno de España, pero sin… 2 days ago
  • RT @elenagallegoab: Onde está o avó? Velaquí a miña reportaxe sobre os avós perdidos no #ValledeLosCaídos no #Luzes74 @RevistaLuzes @ARMH_M… 2 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: