• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Tag Archives: Xosé Díaz Castro

O día no que Lois Pereiro e Xosé Díaz Castro se desvirtualizaron

22 Sábado Xuñ 2013

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 1 comentario

Etiquetas

cultura galega, Día das Letras Galegas, Galicia, Lois Pereiro, poesía, Real Academia Galega, Xosé Díaz Castro

A edición orixinal de Nimbos, a de 1961, estaba na casa, con aqueles gravados en negro tan contundentes que deixaban a súa pegada máis aló da tinta, naquel papel que recordo distinto do habitual nas publicacións de Galaxia, con aquel olor característico dos libros impresos de entón. NimbosDebía estar na casa como un dos derrelictos do naufraxio de Manuel Rivas e meu como vendedores de libros na facultade de Ciencias da Información ou máis posiblemente como adquisición de Lois na librería Xistral que tiñan Manuel María e Saleta nas galerías Fontecha de Monforte. 

O caso é que para min, que daquela aínda me esforzaba ben por ser lector de poesía, como para Lois, que xa entón era un devorador omnívoro, pero sobre todo de poesía, aquel libro dun estraño autor do que non sabiamos moito era un dos poemarios de cabeceira.

Tempo despois, Lois estaba cun amigo -posiblemente Fernando Saco- nun dos bares do barrio do Paseo de Extramadura no que acabamos vivindo en Madrid. Non nos bares que máis ou menos frecuentabamos, no propio Paseo, senón nun deses perdidos no medio da chea de rúas todas iguais e todas distintas que había á esquerda segundo se colle para Estremadura (á dereita estaba e supoño que está o suburbano e a Casa de Campo), e ao que chegaron para tomar algo no medio dunha sesión de flaneo.

No medio da conversa, un señor que os escoitaba falar, preguntoulles retóricamente se eran galegos. Entre que estudiades e que facedes, xurdiu o tema da literatura. Que libros ou que autores che gustan?, preguntoulle o home. Lois, foille dando nomes de libros e autores, e citou Nimbos de Xosé Díaz Castro. “Eu son Xosé María Díaz Castro”, dixo o home.

Non fai falta que pasara nunha pulpería no extrarradio de Bos Aires e non nun bar deses de “al fondo hai sitio, caballeros! una cañita?” e onde hai sangue callado e zarajos de tapa para que o conto teña un aire borgiano. Tampouco a evidente similitude dun rapaz políglota (pero menos) que puía versos como precisos e fermosos como agullas mentres traducía capítulos de Kung Fu ou o Espantallo e a Sra King, ou películas porno, e o profesor políglota (este si) e xefe de documentación do Instituto de Frío do CSIC que traducía literatura sueca e Selecciones del Reader’s Digest mentres plasmaba as súas dúbidas de crente e a súa nostalxia da Terra en versos perfectos coma sucos.

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Correo-e

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Twitter Updates

  • A sentencia da #putabandeira, ou un Tribunal Constitucional hooligan blogs.infolibre.es/alrevesyaldere… 1 day ago
  • RT @Agus_Martinez58: Sepan ustedes que @AlmeidaPP_ incluye dentro de la "zona catastrófica", no haber podido alquilar durante estos días la… 1 day ago
  • RT @jfalbertos: El colegio nos ha pedido a las familias que vayamos a limpiar los accesos este sábado porque una semana después de la nevad… 2 days ago
  • RT @dragoneslvpies: En medio de todo esto, la @emvsmadrid anuncia para el miércoles el desahucio de una familia que lleva toda una vida en… 2 days ago
  • RT @xornalistas: Outra sentencia inadmisible. Agora a @ctxt_es As noticias non só teñen que ser veraces e feitas cos parámetros profesionai… 3 days ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

tlqqcghlwy en Inxerencias ferroviarias

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
A %d blogueros les gusta esto: