26X: Alguén debe unha cea a alguén

Con Évole, Fernando Vázquez e Losada

En maio de 2015, no restaurante O Dezaseis de Santiago, os aquí presentes fixeron unha porra/aposta sobre as eleccións xerais que se aveciñaban.

Aposta Losada Evole Vázquez

Fernando Vázquez aventurou que Mariano Rajoy nin se presentaría como candidato. Jordi Évole, que acababa de gañar o Premio José Couso á Liberdade de Prensa, e Antón Losada, concordaban en que sí se presentaría, pero diferían no resultado: Évole resistíase a crer que recuncase, e Losada dicía que si. 

Para dar fé, con Daniel Picas de testemuña, eu fixen a acta nun anaco de mantel, que asinaron os apostantes. Alguén lle debe unha cea a algúns.

This entry was posted in Uncategorized. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *